Obradoiro de Robótica na Fundación Barrié

Enviado por admin o Mér, 15/01/2014 - 08:12
12/02/2014 00:00
12/02/2014 14:00
Etc/GMT+1

E seguindo coa intensa actividade extraescolar, o alumnado de Tecnoloxía de 4º de E.S.O. (ordinario e Diversificación), xunto co de 1º de BAC da materia de Tecnoloxía Industrial I, participarán nun taller de robótica organizado pola Fundación Barrié.

A cita é o mércores 12 de febreiro, e irán acompañados polo profesor JOSÉ ENGROBA, do Departamento de Tecnoloxía.

Permanecerán fóra do centro entre as 9:00 h. e as 14:00 h.

 

 

 

 

Programa de Radio

Enviado por admin o Mér, 15/01/2014 - 08:05
04/02/2014 08:30
04/02/2014 18:30
Etc/GMT+1

Acompañado polas profesoras MÓNICA CAMPO, ELENA HAZ e CONCHI SANFIZ, do Departamento de Lingua Castelá e Literatura, un grupo de alumnos de 1º de E.S.O. viaxará o 4 de febreiro a Santiago de Compostela para participar na realización dun programa de radio na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago.

 

Pasarán alí todo o día, xa que a saída está programada para as 8:30 h. e o regreso ás 18:00 h.

 

 

Visita didáctica á Domus e Casa das Ciencias

Enviado por admin o Mér, 15/01/2014 - 07:28
23/01/2014 00:20
23/01/2014 18:30
Etc/GMT+1

Organizada polos departamentos de Ciencias Naturais e Física e Química, o vinderio xoves 23 de xaneiro o alumnado de 3º de ESO desplazaráse á Coruña para realizar unha visita didáctica á Casa das Ciencias e á Casa do Home-Domus.

Sairán ás 9'20 da mañá e regresarán xa pola tarde, ás 18 h.

Irán acompañados polos/as profesor/as ANA SANCHEZ, NURIA SÁNCHEZ e RAMÓN ERIAS.

Viaxe a Andorra

Enviado por admin o Lun, 13/01/2014 - 07:03

Entre o 11 e o 18 de xaneiro, un grupo de 24 alumnos/as viaxan a Andorra para disfrutar dunhas xornadas de actividade deportiva en contacto coa natureza.

Están acompañados/as por: Roberto Zuluaga (profesor de Educación Física), Nuria Pena (profesora de Educación Plástica) e María Miragaya (profesora de lingua).

 

 

 

 

 

Gañadores do concurso de Debuxo Do Concello de Guitiriz

Enviado por nuriapena o Ven, 10/01/2014 - 05:53

O  I.E.S. Poeta Díaz Castro resultou gañador no  concurso  organizado polo Concello “ Somos corresponsables, na casa millor entre todos”. Parabéns a Sara Campos e Irea Calvo.

concurso 1 concello guitiriz.jpeg

concurso concello guitiriz.jpeg

Visita Didática á Fundación TIC

Enviado por admin o Mér, 18/12/2013 - 07:53
13/12/2013 08:30
13/12/2013 14:00
Etc/GMT+1

Coa finalidade de presentar as actividades programadas polo IES POETA DÍAZ CASTRO sobre o poeta que dá nome ao centro no ano 2014, no que será o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas, un grupo de alumnos/as trasladouse a Lugo.

Ao mesmo tempo, aproveitouse a visita para xirar unha visita didáctica á Fundación TIC de Lugo.

Nesta ocasión , o grupo estivo acompañado polos/as profesores/as:

María Miragaya

Nuria Pena Figueruelo

Víctor Pollán

Alfredo Torres

Olga Aguiar.

 

GRAN MAGOSTO

Enviado por admin o Mar, 19/11/2013 - 08:33
21/11/2013 11:30
21/11/2013 12:10
Etc/GMT+1

 

DÍA:

21 de novembro, xoves

 

LUGAR:

I.E.S. POETA DÍAZ CASTRO

(patio cuberto - parte traseira)

 

HORARIO:

De 11:30 a 12:10

 

 

NOTA IMPORTANTE: Prégase que todos os alumnos/as e profesores/as traian unha pequena bolsa de castañas xa picadas e as deixen na caixa que estará no hall de entrada do instituto. Grazas anticipadas.

Representación Teatral en Francés

Enviado por admin o Mar, 19/11/2013 - 08:22
19/11/2013 10:45
19/11/2013 15:00
Etc/GMT+1

 

O 19 de novembro, martes, o alumnado de Francés de 3º de ESO, xunto co de 4º máis o de 1º de Bacharelato, achegaránse a Lugo para asistir á representación teatral en francés da obra LE TARTUFFE, de Molière.

 

Sairán ás 10'45 do centro, para voltar ás 14'50, e estarán acompañados/as por ALFREDO TORRES BOUZA e JACQUELINE LÓPEZ GARCÍA.

 

 

PRESENTACIÓN CURSO 2013-2014

Enviado por admin o Mar, 10/09/2013 - 05:18

O vindeiro LUNS, 16 DE SETEMBRO, dará comezo o novo curso escolar.

 

Todo o alumnado deberá presentarse  ás 12:30 h. no centro, onde será rercibido por cadanseu/súa titor/a, e acompañado á súa aula.

 

Benvidos/as a todos/as!!

 

Distribuir contido