Skip to Content

DÍA DO LIBRO

Imaxe-05      O día 23 de abril conmemórase a Xornada Internacional do Libro. A coincidencia no mesmo día do ano 1616 da morte de William Shakespeare e Miguel de Cervantes (e do Inca Garcilaso de la Vega, para redondear a cousa) xustifica sobradamente a celebración deste día (aínda que sexa con truco... en fin, que si non è vero, è ben trovato).

     No IES Plurilingüe Elviña os departamentos de linguas optaron este ano por facer unha exposición na Biblioteca de libros nos distintos idiomas do mundo (aproveitando que the surname v.gr. le prénom do noso centro é Plurilingüe). Moitas grazas a todos os profes que remexeron nas súas bibliotecas particulares para atopar os tesouros escondidos: libros do século XVIII, unha edición rara dos grabados da Encyclopédie de Diderot, unha edición das obras de Hawthorne de 1877, un misal romano do XIX, un facsímil dun Libro de Horas medieval, gramáticas do español de 1920, dicionarios de latín do século XIX, libros en xaponés, en chinés, en alemán, en inglés, en francés, en italiano, en ruso, en portugués, facsímiles, libros asinados polos autores, libros troquelados, xornais de todo o mundo... En fin, viuse alí todo tipo de publicacións do mundo. Unha boa maneira de celebrar o Día do libro.

im-01Im-02Im-03Im-04
Im-05Im-06Im-07Im-09
Im-14Im-07Im-10
Im-12Im-11

     Ademais da exposición, os rapaces e rapazas de 1º de ESO prepararon unha exposición de marcapáxinas feitos coas figuras de Castelao, Rosalía, Curros Enríquez e María Victoria Moreno, a quen se adica este ano o Día das letras galegas.
     Alba Lorenzo, a nosa profesora de lingua castelá, preparou ademais un concurso literario para completar a exposición: máis dun deuse de croques para saber a que escritor pertencían os textos da proba...

Concurso

CORRELINGUA-2018: UN NOVO ÉXITO DO ALUMNADO DO IES ELVIÑA

Gañadores do Correlingua!

     Ata onde vai a chegar o alumnado do IES Plurilingüe Elviña? Non hai límite para os soños, pero está claro que co traballo e co entusiasmo dos nosos rapaces e rapazas a todo se chegará. Desta, chegouse a gañadores do concurso de animación e de pancartas do Correlingua, que non che é moco de pavo.
     Así foi. O pasado venres día 5 de maio o noso alumnado, como ven sendo común, participou no Correlingua, o festival anual de apoio e promoción da lingua galega na educación primaria e secundaria. Os nosos rapaces, comandados polo intrépido profesorado do Departamento de lingua galega, prepararon unha fermosa pancarta de vivas cores co lema A lingua non para, e, para que quedase clara a mensaxe, estiveron todo a mañá do Correlingua dándolle marcha á lingua galega. Do IES Elviña caeron cantos e bailes pola lingua a cachóns. Non sorprende que o xurado do concurso valorase tanta entrega. E para que vexades o ben que o pasaron (e o ben que o fixeron) aí van as fotos do evento.

Correlingua-01LOGOCorrelingua-03
Correlingua-05Correlingua-02Correlingua-07
Correlingua-08Correlingua-06Correlingua-04

E o vídeo da xornada, onde os nosos rapaces e rapazas cantan, bailan, pintan e FALAN MOITO GALEGO!

BRAVO, CAMPIÓNS!

DÍA DA CIENCIA NA RÚA, ANO 2018

Ciencia na Rúa-Cartel     A Asociación de amigos da Casa das Ciencias da Coruña celebra este sábado no Parque de Santa Margarita, como todos os anos, o Día da Ciencia na Rúa, no que participa o noso centro xunto a outros moitos da nosa cidade. A iniciativa, que vai xa pola súa XXIII edición (cidade científica a nosa!) tenta levar o saber científico á cidadanía nunha xornada lúdica na que os rapaces, os sacrificados "profes" de ciencias e as familias colaboran amosando e explicando ao público os experimentos e as prácticas científicas que nenos e nenas levan preparando nas aulas todo o curso.

     Este ano, o IES Plurilingüe Elviña colabora cunha manchea de primeiras figuras da ciencia procedentes dos cursos de 1º de ESO. Haberá que velos rebulindo na carpa do insti para explicarlle á concurrencia (que será moita e moi entendida) o que son as curvas de Jordan pechadas (non, seguro que non falarán de baloncesto...),  as propiedades da cicloide isócrona e braquistócrona (premio a quen o diga dez veces sen errar!) e as marabillas ocultas da maxia matemática (pois baixo os números de maxia ocúltase sempre a maxia dos números).
     Moitas máis sorpresas agardarán nese sábado científico para seren desveladas polos nosos Eulers e Newtons e as nosas Curies.
     En fin, para abrir boca, aquí tedes o enlace co libro informativo da xornada e o vídeo de Carlos, coa rapazada de Elviña traballando e desfrutando da ciencia (que diso se trata!).


     Por certo, noraboa ao profesorado participante, dos Departamentos de mates e de ciencias, polo seu traballo!

Vémonos no parque!

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2018

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia ven de publicar as listaxes provisionais de alumnado seleccionado e de suplentes das Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2018 para alumnado de centros sostidos con fondos públicos convocadas pola Orde do 22 de xaneiro de 2018 [DOG do 7/02/2018]. Estas listaxes poden consultarse a través da seguinte ligazón. Ábrese un prazo de dez días para reclamación e achegas de documentación pendente.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2018

CARTEIS CONMEMORATIVOS DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS
FEITOS POLO ALUMNADO DE 1º ESO

Agora que avanzamos cara ao mes de maio e que se van achegando os actos do Día das Letras Galegas (o Correlingua do 5 de maio, a Xornada das nosas letras o 17, adicada a María Victoria Moreno), o noso alumnado de 1º de ESO desenvolve unha actividade de reflexión sobre a utilidade da lingua galega no mundo actual. Estes son os seus argumentos, que iremos publicando día a día ata o 17 de maio:

Cartel-12Cartel-13
VALERIA, PAULA, DANIELAANDREA, NOA, ISIS

 

anónimo2anónimo

adorno-02

Os carteis dos días anteriores

Cartel-01Cartel-03Cartel-02Cartel-04060708
  05
Distribuir contido


by Dr. Radut