Skip to Content

Conmemoración da Batalla de Elviña

Na tumba de Sir John Moore

013    Coincidindo co aniversario da Batalla de Elviña (16 de xaneiro de 1809) na que as tropas napoleónicas se enfrontaron co exército inglés en retirada durante a Guerra da Independencia, o alumnado de 4º ESO do noso centro fixo unha visita ao Museu militar e ao Xardín de San Carlos, no panteón público do xeneral inglés Sir John Moore. A actividade estivo organizada polo Departamento de inglés e contou coa asistencia dos dous profesores auxiliares de lingua inglesa do instituto Jana Karatas (bolseira Fullbright) e James Peters, como acompañantes do noso profesorado. Un forte abrazo aos dous e o noso cariño e agradecemento pola súa permanente simpatía e o seu compromiso nas actividades do centro. Velaquí tedes as fotografías do evento. Está claro que todos o pasaron pipa.

003001004
005006007
008002015
011012

AXUDAS DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS (2018)

A Xunta de Galicia ven de publicar a convocatoria de axudas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2018. A convocatoria vai destinada a todo o alumnado do ensino público galego de ESO e Bacharelato. Pode consultarse o texto da Orde do 7 de febreiro e un resume da convocatoria en pdf.

VIAXE Á NEVE. O ALUMNADO DO IES ELVIÑA EN JACA

000O IES Elviña de semana branca en Jaca (2018)

    A práctica do esquí é non só unha actividade deportiva de altísima esixencia física e coordinación senon tamén unha amable diversión para o tempo de lecer. Xa sabemos que o estudo, actividade intelectual, esgota tamén o seu. Por iso, está ben que, polo menos unha vez ao ano, que tampouco hai que esaxerar, o alumnado dispoña dunha semana lectiva para pasalo ben e olvidar un pouco os tristes sinsabores da vida académica.

001
002
As humildes habitacións do hotel

     Non estrañará que, con estas, o alumnado de 3º, 4º de ESO e 1º de Bacharelato fixese, por iniciativa do Departamento de Educación Física, unha viaxe ao Pirineo aragonés para a práctica do esquí entre o 4 e o 11 de febreiro. Os rapaces e rapazas do noso instituto pasaron nesas datas unha divertida semana en Jaca en compaña de Paula Iglesia e Francisco Pérez, ousados deportistas e benqueridos compañeiros de fatigas, cos que nenos e nenas desfrutaron baixando as costas nevadas da empinada montaña, compartindo cómodo hotel e mesa de comida, e acudindo con gozosa premura á enfermería para tratar as abondosas torceduras de nocello, as lesións cervicais e os afociñamentos varios.

003005006
007 010
Na neve ben abrigadiños, en compaña dos profes de educación física


     Por fortuna, a cousa non foi a máis e todo o mundo tornou sano e salvo (uns máis ca outros, claro). Pero, iso si, todos ben dispostos para continuar, entusiastas, co estudo e o traballo, que xa vai devalando a segunda avaliación e os parciais veñen de camiño...

Exposición de maquetas da aula de Tecnoloxía (2º ESO)

MAQUETAS DO ALUMNADO DE TECNOLOXÍA DE 2º DE ESO

     Nestes días, os alumnos de 2º da ESO-A estiveron a traballar nun proxecto sobre estruturas utilizando materiais que poden atopar nas súas casas como paliños de xeado, cañas de refresco, cordas ou cartón. Estes materiais pode parecer que non son resistentes pero con eles construíron pontes, pontes colgantes, casas e miradoiros. Aplicaron os coñecementos teóricos pero o máis importante é que traballaron con entusiasmo, demostrando unha gran habilidade e creatividade. As estruturas estarán expostas no corredor principal do instituto para que poidades botarlles unha ollada.

Tecno-01Tecno2
Tecno3Tecno4

Visita do alumnado do IES Elviña a GADISA

     O luns 5 de febreiro o alumnado de Economía de 4º ESO, 1º e 2º BAC visitaron as instalacións da planta loxística de Gadisa en Betanzos. A maior empresa de distribución de alimentos da nosa comunidade.
      Fomos atendidos por Antía Fernández, do departamento de márketing da empresa, quen, logo de explicarnos as principais características da mesma, guiounos polas instalacións e almacéns, no medio dunha frenética actividade de carga e descarga de produtos.

GADIS

Distribuir contido


by Dr. Radut