Skip to Content

O ALUMNADO DE BACHARELATO NO TEATRO

Representación de Bodas de sangre de Lorca

Lorca     O noso alumnado de 1º e 2º de Bacharelato asistiu na última semana de xaneiro a unha representación da traxedia de Federico García Lorca Bodas de sangre nas instalacións do Fórum da nosa cidade. A obra foi representada dentro do marco de representacións escolares ofrecidas pola plataforma Transeduca e realizada polo grupo de teatro afeizoado Corcia. O seu plantel fixo unha recreación intensa da racial e simbólica escritura dramática do xenial autor de Fuentevaqueros. Con seguridade, os nosos estudantes desfrutaron da representación (a pesares do tráxico fin dos amantes...).

Charlas de prevención contra o acoso escolar

PN-01

Este venres, día 2, os alumnos de 1º de ESO do IES Elviña asistiron a unhas charlas didácticas para a prevención do acoso escolar, impartidas polo inspector Arias, Delegado de Participación Ciudadana do CNP. As charlas encádranse dentro do Plan director da Policía Nacional, que ofrece diversos tipos de intervención educativa para o alumnado de ensinanzas medias. 

Foi unha sesión moi estimulante e alentadora no tocante á sensibilización sobre esta problemática, incluso máis aló do ámbito meramente escolar. Os integrantes da comunidade escolar do IES Elviña queremos salientar o noso agradecemento á Policía Nacional por esta colaboración, e o noso recoñecemento pola súa labor cotiá en prol da seguridade e benestar de toda a cidadanía.

20 anos do Prestige

Prestige-01 EXPOSICIÓN CONMEMORATIVA

 Os departamentos de Lingua galega e Bioloxía colaboran desta vez na posta en marcha dunha exposición sobre o Prestige organizada polo CEIDA. Aproveitando o 20 aniversario desta traxedia ecolóxica, ambos departamentos e o seu profesorado queren lembrar aqueles tristes días de negrura e chapapote. A exposición componse de varios paneis explicativos, bibliografía e outros materiais que reflexionan sobre os problemas ecolóxicos e a necesidade de comprometerse co mantenemento do medio natural de xeito sostible. Estará colocada ata fins do mes de febreiro nas dependencias do laboratorio de Xeoloxía, onde poderá ser vista por todo o alumnado do centro.

Prestige-02Prestige-03Prestige-04

     Ademais da exposición, os rapaces da ESO asistirán o día 8 de febreiro a unha charla-conferencia sobre o accidente do Prestige.

O exército romano e o IES Elviña

Recreadores de Galicia   O xoves día 11 de Xaneiro, Óscar Núñez, do colectivo Recreadores de Galicia pasou unha xornada co alumnado de Cultura clásica do noso centro para evocar o mundo dos lexionarios romanos. Os alumnos e alumnas de 3º e 4º de ESO asistiron a unha charla sobre o mundo do exército romano e despois puideron practicar algunhas das técnicas de loita das antigas lexións co material militar cedido polo propio monitor.

La Voz de Galicia, tanto na versión impresa como na súa web, publicou a reseña da actividade na sección local do venres día 12.

La Voz. Recreadores de Galicia

 

Este é o documento gráfico realizado por Carlos;

Festival de Nadal do IES Elviña

     Un curso máis, chegados ao último día do primeiro trimestre o alumnado de todos os cursos do centro participou no Festival de Nadal. Neste ano os participantes amosaron moi variados talentos: houbo recitadoras de poesía, bailarinas, músicos individuais, cantantes e interpretacións de grupo. Non faltou a colaboración de varios profesores que deron tamén a nota (aínda que, desta vez, sen figurar nos boletíns) e o vídeo conmemorativo do Festival de Nadal do curso anterior.

CADRO DE ACTUACIÓNS DO FESTIVAL
(Presentadoras: Cynthia e Jennifer, 2º Bacharelato)

1. Visionado dun vídeo sobre o festival do curso pasado.
2. Rebeca e Heloísa (4º ESO). Lectura dun poema en portugués.
3. Daniel (2º ESO). Interpretación de Promenade ao fagot.
4. Xan (2º ESO). Concertino de Brebal ao violoncelo.
5. Uriel (2º ESO). Feliz nadal, interpretada coa tuba.
6. Grupo de 2º ESO A: Impossible.
7. Uxía, León (4º ESO). Recitado dun poema en castelán.
8. Grupo de 2º ESO B: Romeo e Xulieta.
9. Grupo de 3º ESO A:
El último mohicano.
10. Grupo de 3º ESO B: O son do ar.
11. Chemi (4º ESO) e Pedro (profesor): Loco enamorado.
12. Priscila (4º ESO) e Gemma (profesora): Alicia Keys.
13. Grupo de 4º ESO e BACHARELATO: recopilatorio do grupo ABBA, Dancing queen, Super trouper e Mamma Mía.
14. Baile: Andrea e Ana Beatriz (4º ESO)
15. Grupo de alumnado e profesores: Música tradicional.

 
    O público escoitou aos participantes con atención e respecto. O resultado: un festival que quedará no recordo de todos os asistentes.

Adeus ano 2017!
Benvido, ano 2018!

Presentadoras

2º ESO2ESOB 
 As dúas presentadorasConxunto de 2º ESO A2º ESO B nos vibráfonos
Xan ao violonceloChemiFin de festa
Xan, de 2º ESO, no celloChemi cantandoO grupo de 2º BAC
Danza-01Poesía3º ESO B 
 Ana, de 4º, na sesión de danza Uxía recita un poema de Neruda
 O grupo de 3º de ESO B
PriscilaDanza-023º de ESO
Priscila, de 4º ESO, cantando
Ana e Andrea bailandoO grupo de 3º ESO A

O vídeo da actividade en Youtube:

 

Distribuir contido


by Dr. Radut