Normalización Linguística
Letras Galegas 2013 - Roberto Vidal Bolaño
O 15 de maio celebramos no IES Faro das Lúas o Día das Letras Galegas. Os rapaces do Equipo de Dinamización Lingüística informáronnos sobre a vida e obra de Roberto Vidal Bolaño. A continuación, puidemos gozar coa lectura dramatizada de dúas escenas de senllas obras do autor, grazas ó grupo de teatro do instituto, dirixido por Fátima Rey.
Por último, entregáronse os premios do Concurso de Carteis Letras Galegas, organizado polo departamento de Galego. O segundo premio recaeu no cartel de 2º B e o primeiro, no de 3º A.
Cantares gallegos
As nosas alumnas de 2º, conmemoran os 150 anos de Cantares gallegos de Rosalía de Castro cunha lectura.
Enórmic Banda
Coa fin do curso chega ó IES Faro das Lúas a revista Enórmic Banda, elaborada conxuntamente polos rapaces e rapazas do Salnés e financiada polos Equipos de Dinamización Lingüística da comarca. Todo o alumnado do noso centro levará para a casa un exemplar da revista e poderá pararse no cómic “Menú”, realizado por José Manuel Oubiña, de 1º ESO, na clase de Plástica.
O autor do cómic acudiu á presentación de Enórmic Banda, celebrada no IES Fermín Bouza Brei de Vilagarcía de Arousa o 7 de xuño.
![]() |
![]() |
Entrega de premios concurso de adhesivos
Un curso máis, o noso centro participou no concurso de adhesivos convocado pola Coordinadora de Equipos de Dinamización Lingüística do Salnés. Por fin, unha alumna do IES Faro das Lúas conseguiu o 1º premio na categoría de 1º e 2º da ESO: Nuria Rozados, de 2º A. Dúas alumnas máis lograron ser finalistas: Laura Castrelo, tamén de 2º A, e Estela Conde, de 3º A.
A entrega de premios realizouse no IES Ramón Cabanillas, de Cambados.

Coplas do Entroido 2012
Un curso máis, o EDL do instituto organizou un concurso de coplas satíricas para celebrar o Entroido. Todos os grupos cantaron as súas coplas e fixérono moi ben ata o punto de que o xurado decidiu outorgar tres premios en lugar de dous, como estaba previsto nun principio.
O primeiro premio foi para a clase de 1º A ; o segundo, para 2º A; e o terceiro, para 2º B.
| Primeiro premio 1º A | |
![]() |
|
| Segundo premio 2º A | Terceiro premio 2º B |
![]() |
![]() |
IV Concurso Promoción da Lingua Galega
O EDL convocou por cuarto curso consecutivo o Concurso de Promoción da Lingua Galega. O cartel gañador foi o de Sara Domínguez (2º ESO A), co lema “Non te avorgonces da túa lingua”. O segundo premio foi para Cristina Cores (4º PDC), co lema “Non perdas de vista o galego”
.
![]() |
![]() |
Actividade fin de curso
O día 23 de xuño celebramos a chegada do último día de clase con varias actividades. Entre elas encontrábase o visionado de varias curtametraxes rodadas en galego e proporcionadas pola empresa Mr. Misto Films. Esta actividade foi cofinanciada polo Equipo de Normalización Lingüística, o departamento de Lingua Galega e o propio centro.
Enórmic
Xa chegou ó noso instituto Enórmic, a revista cos cómics dos rapaces e rapazas da comarca do Salnés. Nesta revista encontraredes dous cómics realizados por dous grupos de rapazas de 3ºB e 4ºB, titulados ¿Facemos un animaliño? e O 5º piso respectivamente. Se non tedes un exemplar non dubidedes en acudir á biblioteca, onde xa hai un depositado.
|
![]() |
Concurso adhesivos
O IES Faro das Lúas participou un curso máis no concurso de adhesivos convocado pola Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística do Salnés. Os rapaces e rapazas de 2º e 3º da ESO realizaron uns carteis con lema que tiñan como tema “No mundo en galego”. Algúns destes traballos foron seleccionados para nos representar no devandito concurso. A pesar de que ningún dos nosos representantes gañou, o importante é que participamos e puidemos repartir entre todo o noso alumnado os adhesivos que resultaron gañadores.












