Skip to Content

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Aquel estraño curso de 2020

O EDNG do centro elaborou este vídeo coas interesantes reflexións do noso alumnado acerca deste estraños tempos que nos tocou vivir. Parabéns a todos os alumnos que colaboraron no vídeo, a todo o equipo de Dinamización e en especial á súa coordinadora, María Viturro, polo seu estupendo labor como coordinadora.

E ti, por que les?

O EDLG do IES Faro das Lúas pedíu ao profesorado, alumnado e persoal non docente que explicásemos o que siginifican os libros para nós. Aquí vai o resultado:

Celebración do Día Internacional da Muller

Desde o departamento de Lingua galega e literatura en colaboración co EDLG, este ano no Faro das Lúas quixémoslles render unha homenaxe ás mulleres da nosa contorna, AS MULLERES DO MAR E DA TERRA. A idea xurdiu do PDI que quere levar a cabo o centro sobre a figura dun pintor da comarca, Conde Corbal, que xa na súa obra reflectiu as actividades asociadas ás mulleres nesta zona: agricultura, vendima, gandería ou marisqueo. A través dunha exposición fotográfica construída con imaxes acompañadas de breves datos sobre os traballos das nosas nais, avoas, tías, veciñas..., o alumnado deulle visibilidade e voz, pois isto xorde de entrevistas individuais, a mulleres que contribúen e moito á sostibilidade desta zona.

24 de febreiro: Día de Rosalía de Castro

O día 24 de febreiro celébrase un día importante para a lingua, a literatura e en xeral para a cultura galega. Festexamos o día da muller que fixo rexurdir coa súa poesía o noso idioma, dándolle o estatus que perdera durante os Séculos Escuros. Rosalía de Castro é a figura por excelencia do Rexurdimento, este inaugúrase coa publicación de Cantares gallegos (1863), un libro reivindicativo no que a autora pretende defender e prestixiar a nosa lingua e o noso pobo fronte aos que o aldraxan. 

Aínda que esta festa cadrará nas vacacións de Entroido, para renderlle a nosa particular homenaxe, preparamos unha “playlist” con composicións versionadas por distintos artistas e grupos musicais. Esperamos que vos guste!

 

XXVI Concurso de Adhesivos da Coordinadora de Equipos de Dinamización Lingüística do Salnés: O GALEGO E A LUSOFONÍA

Como cada ano, o EDLG do noso centro participou no concurso de adhesivos promovido pola Coordinadora de Equipos de Dinamización Lingüística do Salnés. A continuación podedes ver algúns dos traballos seleccionados. Grazas aos e ás participantes pola vontade e o esforzo!

E tivemos a sorte de traer para o Faro das Lúas o 2º Premio na categoría de 1º e 2º da ESO! Aquí temos o deseño elixido:

Queredes saber quen foi a afortunada gañadora? Pois premede para a foto.

Distribuir contido


by Dr. Radut