Skip to Content

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

ENTROIDO 2019

 

Unha vez máis cumprimos coa tradición celebrando o Entroido por todo o alto. Despois do concurso de ambientación de aulas promovido pola biblioteca, celebramos o certame de coplas promovido coma sempre polo EDLG. Parabéns para o alumnado de 3º ESO B que conseguiron o 1º premio.

Ademais, en 3º da ESO, coñecemos un pouquiño máis do Entroido ourensán grazas ós compañeiros do IES Cosme López Rodríguez. Enviáronnos a segunda carta en "sobres" que representaban máscaras de diferentes zonas e  propuxéronnos unha tarefa: pescudar de onde era cada unha.

Podes ver imaxes aquí.

REGUEIFANDO NO FARO DAS LÚAS

 

O martes 19 de febreiro na Biblioteca do noso Centro, o alumnado de 2º ESO asistimos á primeira sesión dos obradoiros didácticos ofrecidos pola Asociación Oral de Galiza. Canto rimos con Pinto de Herbón! Foi unha hora e media intensa pero moi produtiva. Despois dun divertido achegamento teórico-práctico ó que son as regueifas puxémonos mans á obra e compuxemos as nosas propias creacións con axilidade e moita habilidade. Desta sesión saíu unha selección de dezaseis rapaces e rapazas que participaron o 28 de febreiro na segunda quenda. Xa non se trataba só de escribilas, tamén había que cantalas. Ó principio custou un pouquiño pero unha vez vencida a timidez inicial todo foi sobre rodas.

 Podedes ver as imaxes nesta ligazón e no blog da biblioteca.

I CONCURSO DE RELATOS DE TERROR

 

Parabéns a todos e a todas os que participastes no concurso promovido pola biblioteca e o EDLG, especialmente a Ainara Villanueva, Carmen Oubiña e Valeria Outeda que conseguiron o 1º, 2º e 3º premio respectivamente. As tres aceptaron compartir con nós os seus relatos e léronnolos en todas as aulas durante a "Hora de ler" desta semana. Grazas rapazas.

Podes ver aquí as imaxes.                                                                                                                                             

     

I CONCURSO DE RELATOS DE TERROR

 

 ATRÉVETE, NON TEÑAS MEDO!!!  

    



VISITA Ó XACEMENTO ARQUEOLÓXICO DE CÁLAGO

  O alumnado de 3º ESO acudimos en dúas quendas, o día 11 e o 16 de outubro, a Cálago para participar nunha visita guiada antes de que se pechase a segunda fase da escavación no xacemento arqueolóxico. Os responsables da escavación explicáronnos como conseguiron localizar os restos e insistíronnos na importancia da información que estes nos dan sobre os nosos antepasados: costumes, alimentación, xoias, diferenzas entre as vivendas da época castrexa e da época romana, relacións comerciais con outros pobos,…

  Como podedes ver nas imaxes, a visita espertou o noso interese e algúns mesmo quixeron "botar unha man". Os arqueólogos e o alcalde animáronnos a coidar o noso patrimonio e a non infravalorar a importancia deste lugar no que naceu a nosa vila e que, quen sabe aínda o que nos pode ofrecer en próximas escavacións.                                                                                                                                                                      

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut