Skip to Content

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Carreira pola lingua

 

O alumnado de 1º ESO compartimos as últimas horas da mañá do día 16 co alumnado do IES A Basella para celebrar o Día das Letras Galegas cunha carreira polo Terrón. Foi moi agradable volver ver os antigos compañeiros do colexio e houbo premios para os máis rápidos e rápidas da carreira e tamén para os autores e autoras dos mellores dorsais con lemas para promocionar a lingua.

Aquí tendes un vídeo da actividade:

 

 

 

 

 

 

 

Saída a Padrón

 

 

O xoves 3 de maio, o alumnado de 3º ESO fixemos unha viaxe ata Bastavales e Padrón para coñecer algúns dos lugares máis significativosda biografía e da obra de Rosalía de Castro. Na mesma excursión tivemos a oportunidade de coñecer o Xardín Botánico e a igrexa de Santiago na que se pode visitar o Pedrón ao que, segundo a tradición, estivo amarrada a barca do Apóstolo. Ademais, no noso paseo pola vila, vimos as estatuas de Macías, de Cela e a da propia Rosalía. Alí, no Espolón, xunto á imaxe da autora, recitamos varios poemas como xa fixeramos en Bastavales. Máis tarde, na Casa da Matanza, a nosa compañeira Wisam animouse a cantar “Adiós ríos, adiós fontes”, mentres nós a escoitabamos desde o balcón da Casa-Museo. Foi unha agradable experiencia.

 Se queredes ver máis fotos ide á galería

IV CERTAME CREATIVO co apoio das TIC.

 

CONCURSO DE CARTEIS DE PROMOCIÓN DA LINGUA GALEGA

 

CONCURSO DE CARTEIS DE PROMOCIÓN DA

 

LINGUA GALEGA

 

 

 

                                                       Cartel gañador no curso 2017-18

 

Bases:

 

1.-Poderá participar todo o alumnado do centro.

 

2.-Cada participante poderá presentar cantos carteis desexe para promocionar o uso da lingua galega.

 

3.-Os carteis deben combinar imaxes con texto e deben ser inéditos.

 

4.-Os traballos entregaranse a calquera membro do EDLG.

 

5.-O prazo de presentación remata o día 4 de maio de 2018.

 

6.-O fallo do xurado composto polos membros do EDLG será comunicado aos gañadores o día 16 de maio.

 

7.-Os autores dos traballos premiados optarán a unha praza no FAROVIAXA.

 

8.-Por último, os traballos presentados poderán ser utilizados en calquera publicación de carácter académico.

 

 

 

 

 

X Concurso Coca-Cola novos talentos de relato curto

 

O día 9 de marzo Zaida, Jorge, Rubén, Manuel e Laura de 2º da ESO viaxaron ata Vigo para participar na fase provincial da décima edición do Concurso de novos talentos de relato curto de Coca-Cola. Os participantes recibiron un pequeno encerado coa seguinte frase como estímulo: “Profes: un pasaporte ao futuro”. A partir dela tiñan que elaborar en dúas horas o seu relato breve que non podía exceder das catro páxinas. A pesar de ser venres pola tarde e do tempo tan desapracible que ía fóra todos eles fixeron gala da súa creatividade e inspiración. Parabéns rapaces e moita sorte!

 

 

 

 

 

Rosalía sempre viva

 

Este sábado, 10 de marzo, Irina Otero e Pablo Campos de 3º ESO tiñan unha cita na Casa-Museo de Manuel María en Outeiro de Rei para participar na fase final do IV Concurso de recitado poético “Rosalía sempre viva”. Foi unha final moi competitiva á que concorrían vinte e catro participantes de distintos centros de Galicia e o nivel acadado foi moi alto. Irina elixiu o poema “Mais ve o meu corazón...” e Pablo recitou “Follas novas, risa dáme…” de Rosalía de Castro. Os dous desbordaron sensibilidade. Foi un verdadeiro pracer escoitalos. Parabéns, rapaces!

 

        

 
   

 

Distribuir contido


by Dr. Radut