INFORMACIÓN ESO

       

 

INFORMACIÓN FP

RESERVA E ADMISIÓN CURSO 2024-2025

Publicada a listaxe definitiva de admisión

no taboleiro do IES Lamas de Abade o día 22-05-2024

 

PROXECTOS EUROPEOS, Conmemoracións, Programa Erasmus Ciclos Formativos, Programa Erasmus Educación escolar, Histórico programas europeos, Erasmus 2020-2023, Erasmus 2023-2027

FELICES FESTAS ERASMUS

DesdeO Rincón Erasmus, os deseamos a todos unas Felices Fiestas, con esta exposición de postales de nuestros alumnos. Feliz 2024.

Erasmus+ Potenza

Alumnas de CM de Farmacia e Parafarmacia durante a súa estancia en Potenza para realizar a FCT no marco do programa Erasmus +

DÍA MUNDIAL CONTRA A SIDA

O alumnado de 2º CM de Farmacia e Parafarmacia do IES Lamas de Abade solidarizouse coa campaña internacional contra a SIDA celebrada o día 1 de decembro. Fíxose fincapé na importancia da información, detección precoz responsabilidade e prevención de todas as ETS.

Recoñecemento como centro Erasmus + acreditado!

O IES Lamas de Abade acaba de recibir a acreditación ERASMUS+ como centro seleccionado da Acción Clave 1 no ámbito de Educación Escolar (KA120-SCH), que estará vixente ata o ano 2027. Con isto recoñécese a traxectoria de calidade levada a cabo durante os anteriores proxectos Erasmus desenvolvidos no noso instituto e a aposta por seguir avanzando con novas metas.

 

O novo programa ten como obxectivo ser aínda máis inclusivo, accesible e sostible. A nova acreditación Erasmus garantirá subvencións para que o noso alumnado e profesorado poida seguir formándose en inclusión e diversidade, transformación dixital, medio ambiente, participación na vida democrática, compromiso cívico e humanístico. Ademais permitirá continuar actualizando as competencias lingüísticas e metodolóxicas e coñecendo outras formas de organización e xestión de centros educativos en Europa.

 

Sentímonos orgullosos de poder ofrecer estas accións ao noso alumando e profesorado, co convencemento de que aproveitarán estas oportunidades de internacionalización para desenvolver actividades de mobilidade de alta calidade, coa conseguinte mellora da nosa institución educativa.

 

 

Unha "Estrela da Ecoloxía" no medio do noso IES de Lamas

Serías capaz de coller do mar un impresionante lumbrigante e, vendo que non cumpre a normativa de pesca ou que está cargado de ova, proceder a tiralo de novo pola borda? E unha centola apetitosa ou unhas nécoras?

E por riba estarías disposta ou disposto a perder moita parte do teu tempo libre, e superar a túa timidez, para aparecer en público facendo vídeos amenos nos que tentar transmitir valores como o coidado do “Medio Mariño”, a defensa da “Pesca Sostible” ou a necesidade de traballar en cada marea polo futuro dos bancos marisqueiros?.

Pois iso é o que fai a nosa ESTRELA da ecoloxía do Lamas de Abade. María Maceiras compaxina o seu traballo no mar de Muros cos estudos de 1º Curso do Ciclo de Coidados Auxiliares de Enfermaría no noso Instituto. Despois de coñecela por tik-tok (@mariabadernado) e instagram  xa estabamos orgullosos dela. Pero acabamos de recibir con inmensa ledicia a nova de que ten recibido o Premio Nacional de Gastronomía recentemente instaurado na categoría de “Novo Talento” polas súas prácticas de Pesca Sustentable e por transmitir todos eses valores a través da internet.

O xurado estaba composto por xuíces tan competentes na materia como o coñecido cociñeiro Dabid Muñoz, de DiverXO, Lourdes Plana (presidenta da Real Academia de Gastronomía), José Miguel Herrero (director da Industria Alimentaria) ou Joxe Mari Aizega, (responsable do Basque Culinary Center). Sen dúbida no Lamas non podemos deixar de transmitirlle os nosos enormes parabéns polo seu xeito de vida e polo galardón. Na foto podemos ver a María recollendo o premio entregado polo Ministro de Agricultura Luis Planas.   

e-School for the Future

Erasmus E-school for the future ( 2020-2023)

                         facebookErasmus.E.schoolsforthefuture

                         eschoolsforthefuture.blogspot

O IES LAMAS DE ABADE VIAXA A CANAKKALE

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer