Escolares, E.P.A., 1º E.S.O., 2º E.S.O., 3º E.S.O., 4º E.S.O., 1º B.A.C., 2º B.A.C., Ciclos, B.A.C. Adultos, Centro, Diver

CONFERENCIA NO CSAF SOBRE "ACONDICIONAMENTO FÍSICO NOS DEPORTES DE EQUIPO"

29/01/2023 10:50
Europe/Madrid

O pasado venres 27 celebrouse na aula de 2º do CSAF do LALIN ARENA unha conferencia a cargo de Pedro Vicente Vila, catedrático de EF e profesor asociado da Universidade de Vigo no grao de CCAFD. A temática abordada foi a programación e deseño do adestramento de Forza en Amplitude de Movemento nos deportes de equipo. O alumnado de 2º do CSAF foi partícipe da experiencia profesional de Pedro Vicente como preparador físico durante 9 anos na modalidade de Fútbol Sala en equipos de nivel profesional. Agradecemos desde o departamento de EF a implicación e traballo do ponente e do alumnado nesta actividade.

Programacións Didácticas e Concrecións Curriculares

ESO & BAC

ANO 2022-2023

 Fai Click na Ligazón para acceder ao Espazo da Documentación de xeito público (coa conta de Convidado/Invitado/Guest) ---> Documentación de Centro

CONCRECIÓNS CURRICULARES

 Fai Click na Ligazón para acceso ao documento ---> PDF

PROGRAMACIÓNS

 LOMCE – CURSOS PARES – INFORMACIÓN POR DEPARTAMENTOS 

 


Departamento de Economía

Departamento de Plástica

Departamento de Francés

Departamento de Bioloxía e Xeoloxía

Departamento de Historia

Departamento de Educación Física

Departamento de Inglés

Departamento de Física e Química

Departamento de Latín e Grego

Departamento de Relixión

Departamento de Lingua Castelá

Departamento de Música

Departamento de Lingua Galega

Departamento de Filosofía

Departamento de Matemáticas

Departamento de Tecnoloxía


 LOMLOE – CURSOS IMPARES

 1ºESO (LOMLOE) 


Educación Física

Tecnoloxía e Dixitalización

Inglés

Proxecto Competencial

Lingua Castelá e Literatura

Relixión Católica

Lingua Galega e Literatura

Bioloxía e Xeoloxía

Matemáticas

Francés

Xeografía e Historia

Educación Plástica, Visual e Audiovisual


3º ESO (LOMLOE) 


Bioloxía e Xeoloxía

Educación Dixital

Educación Física

Francés

Física e Química

Ámbito Científico Tecnolóxico (PDC)

Inglés

Música

Lingua Castelá e Literatura

Educación Plástica, Visual e Audiovisual

Lingua Galega e Literatura

Proxecto Competencial

Matemáticas

Educación en Valores Cívicos e Éticos

Relixión Católica

Ámbito Lingüístico Social (PDC)

Xeografía e Historia

Cultura Clásica


 

BACHARELATO (LOMLOE) 


 

Tecnoloxía da Información e da Comunicación I

Bioloxía e Xeoloxía

Cultura Científica

Educación Física

Historia do Mundo Contemporáneo

Filosofía

Debuxo Técnico I

Inglés I

Economía e Emprendemento

Latín I

Tecnoloxía & Enxeñaría

Lingua Castelá e Literatura I

Economía

Lingua Galega e Literatura I

Física e Química

Matemáticas Aplicadas I

Antropoloxía

Matemáticas I

Literatura Universal

Matemáticas Xerais

Francés I

Relixión Católica

Grego I


DECEMBRO 2022

Visita ao Parque Eólico Experimental de Sotavento

 

Visita a Sotavento 2023O pasado mércores 11 de xaneiro de 2023, o alumnado do Ciclo Medio de Instalacións Eléctricas e Automatismos e xunto co alumnado de 1º Bacharelato que cursan a área de Tecnoloxía industrial, participaron nunha actividade complementaria, coa visita ao Parque Experimental Eólico de Sotavento, situado na Serra da Loba. Os contidos estiveron centrados na parte técnica pero non faltou a compoñente transversal de do comportamento social e ético en canto a problemática medioambiental dos recursos enerxéticos. Nesta visita puideron afianzar os seus coñecementos de tecnoloxía e instalacións acerca das enerxías renovables. Como en anos anteriores, fomos recibidos e moi ben atendidos polo persoal deste parque, que é moito máis que unha central de produción de enerxía eléctrica, senón que funciona como unha aula divulgativa das vantaxes das fontes de enerxía renovables e de promoción de condutas sostibles e respectuosas co medio, tan necesarias para fomentar na cidadanía un consumo enerxético responsable.

 

 Esta actividade estivo organizada polos depart. de Electricidade FP e Tecnoloxía Bach do noso centro.

 

Homenaxe a Guada

O día 12 de xaneiro ás 13:00 horas, tivo lugar un acto en
lembranza da nosa compañeira Guada no salón de actos do IES Nº1 de O Carballiño

Lazo negro

 

Guada

A Comunidade Educativa do IES LAXEIRO

Na túa lembranza 

 

O soño vai rubindo polas veas do arbre

unha vida enteira que pasa

ate facerse paxaro nunha ponla

un paxaro que recorda canta e vaise

denantes de que todos os arbres morran.

[Álvaro Cunqueiro - Poema 'Na outra Banda' -

pertencente ao Libro de Poesía Herba aquí ou acolá, Editorial Galaxia, Vigo, 1991]

 

Fai Click para acceder a:

Un --> A Invitación ao Acto de Homenaxe no IES Nº1 de O Carballiño.

Dous -->  Palabras de Agradecemento da Familia en recordo a Guada.

 

Colaboramos coa Residencia de Maiores de Campolongo

O IES Laxeiro afánase elaborando postais e cartas para a residencia de maiores de Campolongo, Pontevedra. Neste caso foi o alumnado de Relixión que, en colaboración co Departamento de Orientación, traballou arreo para facerlles un Nadal máis ameno e inesquecible. Toda unha lección de vida para o noso alumnado que se enriqueceu de valores e vínculos sociais tan fundamentais e necesarios na nosa sociedade.

 

Xa van aparecendo referencias desta fermosa e fantástica iniciativa na prensa:

  1. https://cadenaser.com/galicia/2022/12/21/la-residencia-de-mayores-de-campolongo-supera-ya-las-10000-cartas-radio-pontevedra/
  2. https://www.eldiario.es/galicia/ancianos-residencia-pontevedra-reciben-miles-cartas-iniciativa-denuncia-soledad_1_9806312.html
   

Feliz Nadal!

A gañadora do concurso de postais deste curso 2022-2023, foi a alumna Mar Taboada Montoto de 4º ESO B.

Moitas felicidades para Mar e o noso agradecemento as profesoras Mar e Elsa!

Postal de Nadal

 

 

2º CSAF: MASTERCLASS DE "MOVEMENTOS OLÍMPICOS" CON CARLOS FERNÁNDEZ (XIMNASIO Ferro´S)

13/12/2022 08:35
Europe/Madrid

O alumnado de 2º curso do CSAF realizou a pasada semana unha actividade complementaria con Carlos Fernández, técnico do Ximnasio      Ferro´S de Lalín. A formación centrouse no desenvolvemento de progresións para a aprendizaxe dos "movementos olímpicos", exercicios especificos para o adestramento de forza con pesos libres.  A actividade desenvolveuse en 3 horas lectivas na aula de prácticas do CSAF no Lalín Arena, dentro da programación do módulo "Fitness en sala de adestramento polivalente".  

IV Edición - Concurso Luis Gustavo [curso 2022-2023]

O 30 de Novembro de 2022, facemos público e animamos a todos a participar na IV Edición do Concurso Científico Luis Gustavo.

O obxectivo do concurso é promover un uso racional da enerxía tanto nos fogares como nos espazos públicos concienciando á xuventude e comunidade educativa sobre os beneficios do aforro enerxético e a importancia de eficiencia enerxética en base á sostibilidade ambiental, económica e social.

 

Este ano o Concurso será Fotográfico e o Tema:

EFICIENCIA E AFORRO ENERXÉTICO

 

O prazo rematará o 30 de maio de 2023.

 

Podedes consultar as Bases do Concurso na seguinte Ligazón - >

https://sites.google.com/ieslaxeiro.com/concursoluisgustavo/bases-do-concurso

 

ou descargar as Bases do Concurso ->

 

Podedes descargar o Cartel da IV Edición Concurso Luis Gustavo ->

http://www.edu.xunta.gal/centros/ieslaxeiro/system/files/Cartel%20IV%20edici%C3%B3n%20CLG.jpg 

Por unha vida sen violencia

Realizado por María Elsa Martínez Vázquez

 [By María Elsa Martínez Vázquez]

25 de novembro de 2022 

 

Plan Dixital - Curso 2021 - 2022

No curso 2021-2022, o noso centro incorporouse a Rede Dixital Galega de Centros DixitalGal.

Toda a Normativa está ligada ao Portal Educativo sobre a Competencia Dixital.

Fai Click na icona para acceder -->

Ao longo do curso 2021-2022, realizouse a Fase I de Diagnose e de Análise da situación de Partida, e logo, realizouse a Fase II a de Deseño e Elaboración do Plan de Acción na concreción de obxectivos...

No curso 2022-2023 realizarase a Fase III, na implantación, seguimento e avaliación do Plan Dixital.

O Plan Dixital é un instrumento para a mellora da Competencia Dixital de toda a nosa Comunidade Educativa, evidentemente, sempre na procura da mellora educativa ao noso alumnado. Un mecanismo accionado polo modelo de centro educativo dixital e enmarcado no Plan Estratéxico Europeo do Centro Común de Investigación | Comisión Europea .

O documento foi presentado ao Claustro e aprobado polo Consello Escolar.

 

 

Distribuir contido