Escolares, E.P.A., 1º E.S.O., 2º E.S.O., 3º E.S.O., 4º E.S.O., 1º B.A.C., 2º B.A.C., Ciclos, B.A.C. Adultos, Centro, Diver

DÍA DE PI

  Para celebrar o día de PI fixemos  varias actividades con un resultado moi positivo. As actividades mais salientables foron:
•    Unha exposición na que se recollía a evolución do número PI ao longo da historia e as súas aplicacións. 
•     Obtivemos aproximacións ao número PI medindo as lonxitudes de circunferencias que os alumnos debuxaban en folios e dividíndoas entre o diámetro. As lonxitudes das circunferencias medímolas con anacos de lá. Algunhas aproximacións foron realmente boas!
•       O alumnado decorou cifras do 0 ao 9 e logo construímos o número PI sobre as paredes do instituto.
•    Fixemos un concurso de isoPIas no que os alumnos fixeron frases coas cifras do número PI. Parabéns aos gañadores!!!

CLUB DE CIENCIA: ALIMENTACIÓN SAUDÁBEL "O ENIMIGO INVISÍBEL"

05/06/2021 16:26
Europe/Madrid

O alumnado de 2º de ESO que estivo traballando no proxecto ALIMENTACIÓN SAUDÁBEL "O ENIMIGO INVISÍBEL", está a realizar unha presentación, nos cursos de 1º da ESO, na que dan conta de seu traballo sobre o consumo de "azucre engadido" en estudantes da ESO do IES Laxeiro. Os obxectivos principais foron valorar o grao de cumprimento das recomendacións da OMS sobre a inxesta de "azucre libre" (<25 gr/día); e por outra parte, concienciar sobre a necesidade duns hábitos de alimentación saudabeis, que xunto coa actividade física, son os mellores medios para manter un bo estado de saúde.

 

Participamos nos talleres de Galiciencia

O 27 de maio, o alumnado de 4ª ESO realizou o taller "Microbioloxía para entender o mundo" organizado por Galiciencia na súa edición online.

A través de exemplos cotidianos descubriron como a microbioloxía xoga un papel fundamental tanto na nosa saúde como no noso día a día. Entre outras actividades simularon o mecanismo de funcionamento da reacción en cadea da polimerasa (PCR) para comprender como se pode empregar no diagnóstico de enfermidades.
 
Actualidade e Ciencia!
 
 

PINTURA “A PLEIN AIR”

O venres día 28 de maio, o alumnado de Historia da Arte de 2º de Bacharelato, experimentou a sensación da pintura ao aire libre, como os Impresionistas do século XIX. O sol, o vento, os tonos de cor son distintos pintando o aire libre e os resultados e as sensacións son espectaculares.

 

Aquí vos deixo o resultado en fotografías.


 

Musiqueando no Laxeiro

A COAEM (Confederación de Asociacións de Educación Musical do Estado Español) organiza cada ano unha proposta chamada Musiqueando, para visibilizar a importancia da música no ensino obrigatorio. Neste curso no que a pandemia condicionou tanto a práctica musical nas aulas, o Departamento de música celebrou o Musiqueando 2021 implicando a todo o alumnado de música da ESO do IES Laxeiro (uns 200 alumn@s), que representaron hoxe, 26 de maio, unha coreografía pautada por Santi Serratosa, nos xardíns xunto ao centro.

Esta semana colgarase este traballo nas redes sociais coas etiquetas: #musiqueando 2021, #musiqueandoviral, #nosimportalamusica.

Agradecemos a todo o alumnado a súa participación e ao profesorado e ao concello a súa colaboración.

Xogos tradicionais da man de Luis Iglesias "Luchi"

25/05/2021
Europe/Madrid

Este martes 25 de maio, puidemos desfrutar dunha xornada de xogos tradicionais da man de Luchi Iglesias, artesán polifacético de Lalín que ven de recuperar e crear materiais daqueles xogos que nenos, nenas e maiores adoitaban practicar nas aldeas e vilas do país. Xornada de aprendizaxe e diversión, organizada no marco de proxecto Erasmus+ "21st Century skills through Outdoor Traditional Games". Queremos agradecer a Luchi o seu labor de promoción do legado cultural que supoñen os xogos tradicionais, ao alumnado que participou de forma activa e respetuosa e ao profesorado que colaborou na organización e control da actividade.

INICIACIÓN A RUGBY CO "CLUB RUGBY CORETI LALÍN"

24/05/2021
Europe/Madrid

O pasado xoves alumnado de 1º de BAC adicou a sesión de EF a disfrutar do Rugby das mans de adestradores e adestradoras do club Rugby Coreti Lalín. Este luns tamén poderá facelo o alumnado de 1º de ESO. Agardamos disfruten da actividade e se animen a probar este deporte de equipo, no que ademais dunha boa condición física e técnica, son fundamentais os valores de repecto e traballo colectivo.  

Acto de Graduación "telemático" do noso Alumnado de 2º Bacharelato 2020-2021

O alumnado de 2º de bacharelato quere facervos chegar a invitación, sobre todo para as familias, ao acto de graduación que se 
celebrará de xeito "telemático", o sábado día 22 no Salón de Actos Manolo Rivas ás 18:30.

 

A ligazón para o seu acceso e seguimento é:

https://www.youtube.com/channel/UC37mC5F59cCeFIUqMFFnoIQ

(facer Click na Ligazón!)

Pedimos desculpas ás familias por non poder celebralo de xeito presencial, pero debemos manter as normas... e mais aínda neste curso tan intenso para eles e elas...

 

A Dirección do IES Laxeiro

Impresión 3D, creatividade e diversión con xenomas.

Como se chega dende as largas secuencias con só catro letras (A, C, G, e T) á expresión de características e funcións biolóxicas? Que é o código xenético? A resposta atopámola empregando unha ferramenta orixinal e estimulante que permite aos estudantes investigar os pasos na síntese de proteínas: un puzzle elaborado con madeira e pintado polo alumnado empregando as plantillas que obtiveron por impresión 3D.

Acceder ao documento --> estudio científico

 

Seguridade nas aulas en tempos de COVID.

O alumnado do Club de Ciencia realizou unha exhaustiva investigación e análise estadístico para contrastar se co protocolo establecido a media de COen aulas piloto podía considerarse por debaixo do umbral de 800 ppm e se as diferenzas en canto as características físicas da aula e número de alumnos e alumnas no grupo non influían nos niveles de CO2.

Documento adxunto ---> Seguridade nas aulas en tempos de COVID .pdf

 

Distribuir contido