Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal
IES Laxeiro |
|
Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal |
|
4º E.S.O.Londres 2018Londres foi o destino das nosas alumnas e alumnos de 4º de ESO na súa viaxe de fin de etapa, neste curso 2017-18. A experiencia abrangueu as visitas aos recoñecidos museos londinenses (Natural History Museum, Science Museum, British Museum, Tate Modern, National Gallery) e o ruar polos seus populosos barrios, rúas e mercados como Camden Tow, Borough Market, Leadenhall Market, Picadilly Circus, Leiscester Square, Whitehall St., Trafalgar Square ou The Mall avenue. Tampouco deixaron de visitar sitios emblemáticos como Westminster Abbey, Houses of Parliament, Big Ben, Buckingham Palace, London Tower, Shakespeare Globe, catedral de St. Paul... Unha panorámica xeral que puideron condensar desde as cápsulas do London Eye. Densa experiencia que, de seguro, pervivirá nas memorias. Expo na residencia As DoresOs traballos realizados polo alumnado do IES Laxeiro, nomeadamente as fotos de One day in my life - Un día na miña vida, expóñense na residencia As Dores, con cuxa valiosa colaboración contamos para o desenvolvemento do proxecto Tunnel of Time. Montamos a exposición dos traballos presentados en Turquía no CEIP M. RiveroUn grupo de alumnas e alumnos de 3º A montaron a exposición dos traballos da primeira reunión en Tekirdag (Turquía) no CEIP Manuel Rivero O IES Laxeiro en Radio VozO domingo 18 de febreiro María Meizoso, locutora de Radio Voz e conductora do programa Con Voz, entrevistou a algúns dos participantes na xuntanza transnacional en Tekirdag (Turquía), dentro do proxecto Tunnel of Time. Paula, Lucas, Mar e Xosé Manuel contan as súas impresións no programa dominical da emisora con sede n'A Coruña. Preparando a exposición dos traballos presentados en TurquíaNo día de hoxe preparamos a exposición dos traballos exhibidos na reunión en Turquía; na semanas vindeiras tamén os levaremos ás dúas entidades colaboradoras, O CEIP Manuel Rivero e a residencia As Dores. Tamén podedes ver os vídeos finais no Twinspace do proxecto e na web da coordinación finesa Peda.net Difusión da reunión en Tekirdağ - Turquía entre o alumnado do IES LaxeiroOs cinco alumnos e alumnas participantes na reunión transnacional enTekirdağ contáronlles aos seus compañeiros e compañeiras a experiencia e actividades levadas a cabo na escola turca asociada.
O IES Laxeiro en TurquíaUnha delegación do IES Laxeiro participou nunha reunión transnacional de mobilidade e aprendizaxe na cidade turca de Tekirdag, no marco do proxecto Erasmus+ Tunnel of Time. O grupo, formado por cinco alumnos e alumnas de 3º de ESO acompañadas polos profesores Mar García e Xosé M. García, viaxou o pasado xoves día 11 esta cidade costeira a carón do mar de Mármara, a uns 120 km ao oeste de Istambul, uníndose ao resto de delegacións participantes, procedentes de Francia e Finlandia.
|
Novos números
|