Taboleiro

MATRÍCULA CURSO 2022-2023

Prazo de matrícula para o curso 2022-2023 (ESO e BACHARELATO)

Inicio: martes 28 de xuño

Final: xoves 7 de xullo

Horario: de 9 a 13 horas

Non é necesario solicitar cita previa

ENTREGA DE BOLETÍNS E PERÍODO RECLAMACIÓNS

As cualificacións serán enviadas por ABALAR o xoves 23 de xuño pola tarde.

Os boletíns entregaranse o martes 28 de xuño ás 11:30 no centro educativo.

RECLAMACIÓNS:

1. Reclamacións no centro: martes 28 e mércores 29 de xuño

2. Reclamacións ante a Xefatura Territorial: xoves 30 de xuño e venres 1 de xullo.

CALENDARIO DE EXAMES DA CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DE ENSINAZAS PARA PERSOAS ADULTAS

Pode consultarse o calendario de exames extraordinarios correspondentes a ESA e ao BACHARELATO SEMIPRESENCIAL no seguinte enlace:

CALENDARIO EXAMES PERSOAS ADULTAS 2022

DATAS PROBAS LIBRES DEPARTAMENTO DE AUTOMOCIÓN

Datas das probas libres do departamento de automoción, curso 2022-2023

Podes descargalas AQUÍ

ACTO DE DESPEDIDA DO ALUMNADO DE 2º DE BACHARELATO. PROMOCIÓN 2022

O pasado venres, 10 de xuño, tivo lugar o acto de despedida do alumnado de 2º de Bacherelato. Despois de dous anos de restriccións por causa da pandemia por fin se pudideron xuntar os rapaces e rapazas, as súas familias e o profesorado  no centro para compartir a despedida e moitas emocións.

Tivemos tamén un mágnífico preludio musical á cargo do grupo FAVORITA.

Tamén puidemos compartir un aperitivo ao final do evento.

Aí queda un resume coas mellores imaxes do evento (picando na imaxe podes ver as imaxes máis grandes, no flickr):

 

Despedida Promoción 2022 2º Bac. do Losada

E tamén podes ver o vídeo que recolle os mellores momentos do seu paso polo Losada:

 

PRAZOS DO PROCESO DE ADMISIÓN DOS CICLOS FORMATIVOS

XA PODEN CONSULTARSE OS PRAZOS DO PROCESO DE ADMISIÓN PARA OS CICLOS FORMATIVOS

O prazo xeral de presentación de solicitudes comeza o 23 de xuño ás 9:00 ao 5 de xullo de 2022 ás 13:00 horas.

CICLOS FORMATIVOS (Réxime ordinario e persoas adultas) AQUÍ

CICLOS FORMATIVOS (FP Dual) AQUÍ

 

RECLAMACIÓNS DE 1º BACHARELATO

O prazo de reclamación das cualificacións da avaliación ordinaria de 1º Bacharelato comprende dende a publicación das cualificacións ata o día 8 de xuño de 2022.

AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR E LIBROS DE TEXTO

O prazo para solicitar as axudas de material escolar e libros de texto remata o 22 de xuño (incluído).

Pode consultarse toda a información e documentación AQUÍ.

O alumnado matriculado na etapa da ESO no IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez está excluído da participación do fondo solidario de libros de texto ao estar implantado no centro o proxecto E-DIXGAL na ESO. Non obstante, poderá solicitar a axuda para adquirir material escolar.

CALENDARO FIN DE CURSO 2021-2022 DE 2º BACHARELATO

Podes consultar e descargar o calendario fin de curso de 2º BACHARELATO AQUÍ

TODA A INFORMACIÓN SOBRE AS RECLAMACIÓNS, PRAZOS, E MODELOS DAS MESMAS NESTE ENLACE.

PROBA ABAU 2022

Xa están publicadas as datas das probas ABAU do curso 2021-2022.

 A convocatoria ordinaria será os días 7, 8 e 9 de xuño.

 A convocatoria extraordinaria será os días 12, 13 e 14 de xullo.

 Podes consultar toda a información sobre as probas na páxina da CIUG: https://ciug.gal/gal

Video informativo: