Actividades

DÍA DA MULLER NO LOSADA. EXPOSICIÓN MULLERES VALENTES

Inaugúrase no Losada unha selección de 20 traballos pertencentes a Exposición MULLERES VALENTES da autoría da deseñadora estradense Rosa de Cabanas. Esta actividade inclúsese dentro da celebración do Día da Muller no centro. A mostra encóntrase no corredor da biblioteca e estará aberta ata o 25 de marzo.

Podes consultar máis info no Blog da Biblioteca.

 

CELEBRACIÓN DO 25 N NO LOSADA

O xoves 25 de novembro celébrase o Día Internacional pola eliminación da violencia contra as mulleres. Un ano máis o Losada Diéguez desenvolve unha programación de actividades destinadas aos diferentes niveis educativos do centro. Estas son as previstas para o propio 25 N.

XA ESTAN EN MARCHA DIFERENTES ACTIVIDADES NO LOSADA

Despois dun curso 2020-2021 moi complicado, este ano comezamos o curso coa posta en marcha de diferentes actividades, camiñando pouco a pouco cara a normalidade.

A Biblioteca xa deu comezo ao proxecto dos Clubs de Lectura, que este ano serán cinco diferentes con máis de 50 rapaces e rapazas participantes. Aí que da unha imaxe de mostra.

Tamén a iniciativa da Biblioteca, e do EDL tivo lugar un certame de deseño para a elaboración de marcapáxinas con motivo da celebración do día das bibliotecas, o pasado 24 de outubro. No blog da biblioteca podes ver máis imaxes e información sobre estas actividades.

E tamén iniciou os seus ensaios a Aula de Teatro Avelaíñas, que todos os martes xunta a perto de 40 rapaces e rapazas que neste curso están dirixidos polo actor e monologuista Fran Campos.


PREMIOS DO CONCURSO FOTOGRÁFICO DAS LETRAS GALEGAS 2021

O pasado vernres, 21 de maio, entregáronse os premios aos traballos gañadores do Concurso de Fotografía Xela Arias das Letras Galegas. Parabéns á gañadora, Laura Piso, ao segundo clasificado, Roberto Vilas e aos dous accésits, Joel Castro e Jacobo Ibáñez. E tamén a todos e todas os finalistas polo bo nivel das súas fotografías.

Podes consultar toda a información sobre a actividade no BLOG DO EDLG

INTENSA ACTIVIDADE NOS CLUBS DE LECTURA DO LOSADA

Como tantas outras cousas este complicado curso, os Clubs de Lectura da Biblioteca do Losada son diferentes, como se ve na imaxe. A pesar diso, moita actividade, moita intensidade e moita participación.

Máis información no blog da Biblioteca:

CLUBS DE LECTURA 1º TRIMESTRE

 

EXPOSICIÓNS NO LOSADA DIÉGUEZ

Nestas semanas podemos desfrutar con dúas mostras no noso centro:

A primeira consiste na mostra do TAPIZ DE ROSALÍA, realizado polas mulleres do Colectivo Feminista Deza Tabeirós, en homenaxe á nosa insigne escritora. A obra está sendo visitada polos diferentes grupos do centro no vestíbulo do mesmo. Máis información e fotos NESTE ENLACE.

A outra mostra que loce no corredor da Biblioteca está formada por 36 ilustracións da deseñadora estradense Rosa de Cabanas, centradas nos personaxes narradores da novela Scorpio, de Ricardo Carvalho Calero, a quen dedicamos este ano as Letras Galegas. A autora dos deseños compartiu a súa experiencia creadora co alumnado de 2º Bacharelato o pasado venres 20 de novembro. Podes ver máis imaxes e máis información NESTE ENLACE.

NOVIDADES NA BIBLIOTECA DO LOSADA

Despois das obras realizadas este verán no centro, temos unha Biblioteca máis ampla e funcional, pero por causa da situación que vivimos este curso non podemos dispoñer dela no seu uso principal.

Por agora está a ser utilizada como aula e non está aberta ao público. Iso non quere dicir que non poidas pedir libros ou outros documentos para levar. Tés que enviar un correo a bibliolosada@gmail.com solicitando o que queiras, para logo recollello ao día seguinte.

Está todo moi ben explicado no blog da biblio: https://lernolosada.wordpress.com/

Nese mesmo blog poderás ir coñecendo todas as novidades e actividades realizadas na Biblioteca.

Carlos Hernández fala dos campos de concentración de Franco no Losada.

Este xoves 27 de febreiro, no Salón de usos múltiples do  IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez, impartiu unha charla o prestixioso xornalista e escritor Carlos Hernández baixo o título 'Os campos de concentración de Franco'.Foi destinada ao alumnado de 4º da ESO, 1º de Bacharelato e 2º de Bacharelato.

No ano 2019 publicou o libro libro Los campos de concentración de Franco(Ediciones B), un exhaustivo e completo estudo sobre os poucos coñecidos campos abertos polo franquismo por toda a xeografía española para encerrar e reprimir aos seus adversarios políticos.

Foi precesamente o tema abordado neste libro o que centrou a súa brillante exposición no noso centro.

A actividade foi organizada polos Departamentos de Biblioteca e Xeografía e Historia.