Dinamización Lingüística

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Ao inicio do presente curso académico quedou constituído o Equipo de Dinamización da Lingua Galega conforme á lexislación vixente, estando formado polos seguintes membros:

Coordinador David Pérez González LINGUA GALEGA


PROFESORADO:

-
Ana Parada Gañete(ORIENTACIÓN)
-
Patricia Alonso Janeiro(INGLÉS)
-
Concepción Dolores Carbajal Villaverde (LINGUA CASTELÁ)
-
Inés López Nodar(XEOGRAFÍA E HISTORIA)
-
Marcos López Pena (FÍSICA E QUÍMICA)
-
Cibrán Manuel Arxibai Queiruga(MATEMÁTICAS)
-
Carmen Diéguez González (LINGUA GALEGA)
-
Francisco Xavier Barreiro Carracedo (LINGUA GALEGA)
-
Xabier Camba Sanmartínl(LINGUA GALEGA)

Alumnado

Daniel Canicoba (4º ESO)

P.A.S.
Katia Procino Toimil

A REVISTA DO LOSADA 2023

Desde hai uns días xa estamos a ler a revista do losada nas aulas, nos corredores ou na biblio. Agora xa a podes descargar a toda cor. Publicación promovida polo EDLG Losada

Aí a tés:

Revista Elogho? 2023 by elogolosada

REVISTA DO LOSADA. CURSO 2021-2022

Desde mediados do mes de xuño xa contamos cun novo número de ELOGHO?, a revista promovida polo EDLG do Losada.

Aquí podes vela e descargala a toda cor:

 

Revista ELOGHO? 2022 by elogolosada

DÍA DA MULLER NO LOSADA. EXPOSICIÓN MULLERES VALENTES

Inaugúrase no Losada unha selección de 20 traballos pertencentes a Exposición MULLERES VALENTES da autoría da deseñadora estradense Rosa de Cabanas. Esta actividade inclúsese dentro da celebración do Día da Muller no centro. A mostra encóntrase no corredor da biblioteca e estará aberta ata o 25 de marzo.

Podes consultar máis info no Blog da Biblioteca.

 

XA ESTAN EN MARCHA DIFERENTES ACTIVIDADES NO LOSADA

Despois dun curso 2020-2021 moi complicado, este ano comezamos o curso coa posta en marcha de diferentes actividades, camiñando pouco a pouco cara a normalidade.

A Biblioteca xa deu comezo ao proxecto dos Clubs de Lectura, que este ano serán cinco diferentes con máis de 50 rapaces e rapazas participantes. Aí que da unha imaxe de mostra.

Tamén a iniciativa da Biblioteca, e do EDL tivo lugar un certame de deseño para a elaboración de marcapáxinas con motivo da celebración do día das bibliotecas, o pasado 24 de outubro. No blog da biblioteca podes ver máis imaxes e información sobre estas actividades.

E tamén iniciou os seus ensaios a Aula de Teatro Avelaíñas, que todos os martes xunta a perto de 40 rapaces e rapazas que neste curso están dirixidos polo actor e monologuista Fran Campos.


A REVISTA DO LOSADA

Desde mediados do mes de xuño xa contamos cun novo número de ELOGHO?, a revista promovida polo EDLG do Losada.

Aquí podes vela e descargala a toda cor:

 

Revista ELOGHO? 2021 by elogolosada

PREMIOS DO CONCURSO FOTOGRÁFICO DAS LETRAS GALEGAS 2021

O pasado vernres, 21 de maio, entregáronse os premios aos traballos gañadores do Concurso de Fotografía Xela Arias das Letras Galegas. Parabéns á gañadora, Laura Piso, ao segundo clasificado, Roberto Vilas e aos dous accésits, Joel Castro e Jacobo Ibáñez. E tamén a todos e todas os finalistas polo bo nivel das súas fotografías.

Podes consultar toda a información sobre a actividade no BLOG DO EDLG

DÍA DE ROSALÍA 2021 NO LOSADA

Un ano máis a comunidade educativa do IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez celebrou o 24 de febreiro como día de Rosalía de Castro. Aí queda o vídeo elaborado polo EDLG Losada respondendo á convocatoria da Asoaciación de escritores e escritoras galegas. Unha coreografía para Rosalía:

Podes consultar máis actividades no blog do EDLG Losada, picando NESTE ENLACE

 


 

EXPOSICIÓNS NO LOSADA DIÉGUEZ

Nestas semanas podemos desfrutar con dúas mostras no noso centro:

A primeira consiste na mostra do TAPIZ DE ROSALÍA, realizado polas mulleres do Colectivo Feminista Deza Tabeirós, en homenaxe á nosa insigne escritora. A obra está sendo visitada polos diferentes grupos do centro no vestíbulo do mesmo. Máis información e fotos NESTE ENLACE.

A outra mostra que loce no corredor da Biblioteca está formada por 36 ilustracións da deseñadora estradense Rosa de Cabanas, centradas nos personaxes narradores da novela Scorpio, de Ricardo Carvalho Calero, a quen dedicamos este ano as Letras Galegas. A autora dos deseños compartiu a súa experiencia creadora co alumnado de 2º Bacharelato o pasado venres 20 de novembro. Podes ver máis imaxes e máis información NESTE ENLACE.

O ALUMNADO DO LOSADA PARTICIPA NA CELEBRACIÓN DO MES DA CIENCIA EN GALEGO

De xeito virtual, como É costume este curso, o alumnado do IES PLURILINGÜE ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ participou na primeira actividade organizada con motivo da celebración do Mes da ciencia en galego. En concrteto foron os grupos de 1º de Bacharelato os que puideron ver e escoitar a magnifica charla que a científica galega Sonia Villapol Salgado impartiu desde Houston, tratando un tema de máxima actualidade: "Só a ciencia nos rescatará da pandemia".

Podes consultar toda a información e fotos NESTE ENLACE.

O luns 30 de novembro, o alumnado de 4º participou nunha videoconferencia do profesore e youtubeiro científico Xacobo de Toro. Info e fotos NESTE ENLACE.