Taboleiro

NOVA ACTIVIDADE DA ESCOLA DE FAMILIAS DO LOSADA

A ESCOLA DE FAMILIAS do IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez presenta unha nova actividade desta iniciativa que naceu o curso pasado co obxectivo de crear un espazo  e un tempo de formación conxunta entre as familias e a escola, no que poidamos aprender xuntos, identificar os puntos fortes e débiles das nosas actuacións como educadoras e educadores, e acompañar o desenvolvemento o noso alumno (e dos nosos fillos e fillas) do xeito máis óptimo posible. 

Despois do encontro mantido coas familias no primeiro trimestre deste curso, e da interesantísima sesión sobre Redes sociais e saúde mental na adolescencia, compartida coa psiquiatra Iria Veiga Ramos, celebrada en xaneiro, presentamos unha nova actividade:


O acoso escolar. Que poden facer as familias?
Martina Martínez e Norma Pillado
Data: xoves 9 de maio de 2024
Hora: 19.30
Lugar: Biblioteca do IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez

A actividade están convidadas as familias da comunidade educativa do Losada. O convite faise extensivo ao profesorado tamén.
Na iniciativa, contamos coa colaboración da ANPA do noso centro.

Martina Martínez. Mestra e psicóloga. Dende o ano 2006 orientadora de Educación Secundaria. Coordinadora de programas de convivencia e de igualdade e de Plans de Formación Permanente do Profesorado nas liñas de convivencia, igualdade e atención á diversidade. Ten formación especializada en convivencia, benestar emocional e prevención do acoso escolar. 

Norma Pillado. Docente de Educación Física en secundaria dende o ano 2000. Coordinadora de programas de convivencia como Equipo de Alumnado Axudante á Convivencia ou o Programa TEI de Titoría entre Iguais. Dirixe a súa formación e a súa práctica docente coa firme convicción de que a familia, o alumnado e o profesorado son eixes fundamentais na educación para a mellora da convivencia. Actualmente cursa o máster de acoso escolar e mediación.

 

PROCESO DE ADMISIÓN DAS PROBAS LIBRES DE TÍTULOS LOE/LOXSE DE FP

DESCARGAR CALENDARIO EN PDF

Xa está publicado o calendario do proceso de admisión das probas libres de títutlos de LOE/LOXE de Formación Profesional. Convocatoria 2023-2024. Pode consultarse toda a información AQUÍ.

 

 

SOLICITUDE DE BOLSAS DE ESTUDOS DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN

Aberto o prazo dende o 19 de marzo ao 10 de maio de 2024 para a solicitude das bolsas xerais do Ministerio de Educación e Formación Profesional. 

As axudas están dirixidas ao alumnado de: 

  • Bacharelato
  • Cursos de acceso e de preparación para probas de acceso á FP e cursos de formación específicos para acceso a ciclos formativos de grao medio e superior, impartidos en centros públicos e privados concertados
  • Formación Profesional de grao medio e de grao superior
  • Ensinanzas artísticas: profesionais e superiores
  • Ensinanzas de idiomas en Escolas Oficiais, incluída a modalidade a distancia
  • Ensinanzas deportivas
  • Estudos relixiosos superiores
  • Formación Profesional de Grao Básico

Resolución da convocatoria AQUÍ

Podes ampliar información aquí ou poñerte en contacto co Departamento de Orientación do centro.

PRESÉNTASE NO FP INNOVA 2024 A MESA INTELIXENTE REALIZADA NO CB DE CARPINTARÍA



O alumnado do Ciclo Básico de Carpintaría e moble, dirixido polo profesorado do Departamento de Madeira do Losada foi o encargado de deseñar e realizar unha mesa para o proxecto de innovación de FP O Camiño de Santiago Sanabrés: unha viaxe gastronómica multisensorial  coordinado polo CIFP de Vilamarín (Ourense) e no que o IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez e o IES O Ribeiro foron centros colaboradores.
A mesa presentouse no FP INNOVA, no Gaiás, que se celebra estes días.
Os obxectivos deste proxecto son:
•    Desenvolver unha experiencia gastronómica innovadora.
•    Integrar tecnoloxía avanzada no ámbito da gastronomía.
•    Deseñar un percorrido gastronómico inspirado no Camiño de Santiago Sanabrés.
En resume trágtase de combinar tecnoloxía e a cociña de vangarda para a creación dunha experiencia gastronómica multisensorial en torno ao Camiño de Santiago Sanabrés, na que os usuarios poden interactuar con diversos elementos que enriquecen a súa vivencia.
O alumnado do centro participou no proxecto que consistía no deseño e realización dunha mesa “intelixente” na que se integran 4 pantallas táctiles para que os clientes poidan facer os pedidos á hora de xantar a través delas. 
A armazón da mesa e as súas patas son de madeira de iatandza, e a tapa é un taboleiro MDF. A estrutura esta fabricada para esconder os cables necesarios e leva un lacado branco para darlle unha apariencia máis limpa. O traballo desenvolveouse no transcurso de 3 semanas. A noticia foi recollida nas edicións locais de Voz de Galicia e Faro de Vigo

Pode verse neste pequeno vídeo un resume do seu proceso de fabricación:

CURSO DE CAPACITACIÓN DIXITAL NO LOSADA

 
O Instituto Antón Losada Diéguez da Estrada volve a ofrecer cursos de capacitación dixital básica para adultos. No último trimestre de 2023, un total de 47 persoas participaron nestes cursos no centro estradense. A nova edición dos cursos terá lugar das 16:30 ás 20:30, de luns a xoves, con dúas opcións de datas: a primeira quenda será do 8 ao 18 de abril e a segunda do 22 de abril ao 6 de maio.

Os temas que se tratarán inclúen o manexo básico do computador, a xestión do correo electrónico, o uso dos servizos coa chave 365 e medidas de seguridade e configuración en dispositivos móbiles. As inscricións poden facerse no rexistro do Concello da Estrada.
 

ACREDITACIÓN DAS COMPETENCIAS DIXITAIS

INFORMACIÓN DE INTERESE PARA O ALUMNADO DE  4º ESO E 2º BACHARELATO

A Dirección  Xeral de Ordenación e Innovación Educativa publica unha RESOLUCIÓN onde dita as instrucións de Acreditación das competencias dixitais para o alumnado de 4º ESO e 2º Bacharelato.

Achegamos un RESUME esquemático dos contidos máis importantes  da mesma:

O alumnado de 4º da ESO que titule este curso, recibirá de oficio  un certificado de Competencias dixitais nivel Iniciación.

O alumnado de 2º da BACHARELATO que titule este curso, recibirá de oficio  un certificado nas áreas de dominio 1,2,3 e 5 do nivel intermedio

Ademais:

O alumnado que está cursando 4º da ESO pode participar nas probas especificas  para acreditar as competencias dixitais de nivel intermedio        

-data límite de inscrición:  15 de marzo (modelo de solicitude dispoñible na Secretaría deste Centro).

-data da proba:                 mes de maio

-duración da proba:           90 minutos

O alumnado que está cursando 2º de bacharelato pode participar nas probas específicas para acreditar a área de dominio 4 (seguridade e privacidade) de nivel intermedio.

-data límite de inscrición: 15 de marzo  (modelo de solicitude dispoñible na Secretaría deste Centro).  

-data da proba:                  mes de abril

-duración da proba:            20 minutos

Os certificados de Competencias dixitais caducan aos 5 anos. 

Máis informacion sobre o marco galego de competencias dixitais AQUÍ

O ALUMNADO DO LOSADA ENTREGA DOAZÓN Á CRUZ VERMELLA A ESTRADA

O xoves 7 de marzo recibimos a visita de Juan Manuel Soutelo e Manuela Gestoso en representación da Cruz Vermella A Estrada para facerlles entrega dos 200 euros recadados a través do proxecto CORAZÓN SOLIDARIO. Durante a semana do 19 ao 23 de abril un grupo de alumnos e alumnas de 3º e 1º ESO recadou este diñeiro coa venda de cartas e bombóns no mes do amor e da amizade. A colaboración e participación da comunidade educativa foi excepcional e o traballo do equipo organizador, exemplar. Parabéns a todos e a todas: Iago Cabaleiro, Enma Villanueva, Iván Barbeito, Lía González, Andrés Duro, Manuel Matalobos, Lía Rey de 1º ESO e Laura Álvarez, Carla Calviño, Hugo Cao, Marta Vilas, Ainhara Mata e Xián Torres de 3º ESO.

Maís fotos AQUÍ

O LOSADA CELEBRA O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Desde este luns, unha selección de 20 retratos do proxecto Mulleres Valentes da artista estradense Rosa de Cabanas están expostos no corredor da Biblioteca do centro, aos que se suman 3 paneis informativos da mostra. Para achegar o alumnado á mostra deseñouse tamén un caderno de actividades sobre a mesma, que estará no centro ata o día 22.

A actividade complementouse cunha charla da propia autora do proxecto que se achegou o mércores 6 ao centro educativo para explicar ao alumnado de 3º e 4º ESO os detalles, obxectivos e característas da exposición e do seu traballo en xeral.

Ademais na Biblioteca do centro instalouse unha mesa violeta con diversas publicacións de mulleres ou referidas a elas.

Estas actividades encádranse dentro do obxectivo do centro de poñer o foco  nesta data no traballo que desenvolveron e desenvolven mulleres de todos os ámbitos sociais, profesionais e culturais, en moitos casos descoñecidos polo comunidade educativa e pola sociedade en xeral.

PRAZO DE ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO

Dirixido a alumnado doutros centros que estea interesado en facer os seus estudos para o curso que ven no IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez (cursos 2º, 3º, 4º ESO e 1º e 2º BACHARELATO). 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Do 1 ao 20 de marzo ambos incluídos.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

Solicitude cuberta e asinada dispoñible no centro, na aplicación admisión alumnado ou na sede electrónica da Xunta de Galicia. 

Copia do DNI ou NIE do/a alumno/a.

Copia do libro de familia ou documento acreditativo dos membros da unidade familiar.

CALENDARIO DE PUBLICACIÓN DA LISTAXE DE ADMITIDOS E PRAZOS DE RECLAMACIÓN

Publicación da listaxe provisional:  25 abril.

Prazo de reclamacións: 5 dias hábiles posteriores a da de publicación da listaxe.

Publicación da listaxe definitiva de admitidos: 15 de maio.

PRAZO DE FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA ORDINARIA

Do 23 de xuño ao 7 de xullo.

Pub

P

O LOSADA RECIBE O PREMIO DO PADROADO DA FUNDACIÓN DOWN COMPOSTELA

O IES Pl. Antón Losada Diéguez recibiu o XI premio do Padroado da Fundación Down Compostela xunto con Ofelia Vieites García e El Corte Inglés de Santiago de Compostela.
O centro quere expresar a súa ledicia e tamén o agradecemento a Down Compostela por este recoñecemento que ven poñer en valor o esforzo do centro e os seus equipos docentes por acadar un ensino diverso e integrador, sempre na procura de metodoloxías que posibiliten estas realidades.

A xustificación de dito Padroado foi a seguinte:
Premio Down Compostela 2024 ao IES Antón Losada Diéguez
No IES Antón Losada saben como poñer o foco no contexto educativo e non nas dificultades da persoa, como puideron comprobar Sara Romero, no seu momento, e agora Fabián de Paz, nas aulas de formación profesional.
Este centro da Estrada favorece que o alumnado con necesidades educativas desenvolva as súas capacidades e habilidades ao máximo para conseguir unha calidade de vida digna. O equipo docente sabe que é necesario instaurar novas metodoloxías educativas e cambiar estruturas para fomentar unha inclusión real.
Entender que detrás do alumnado con síndrome de Down ou discapacidade intelectual hai soños, ilusións e capacidades é o primeiro paso para que o sistema educativo sexa realmente accesible e inclusivo.
No IES Antón Losada as persoas con discapacidade contan.
Na páxina da Fundación pode consultar máis información sobre este tema.