Taboleiro

O alumnado dos ciclos de madeira e moble vai á universidade

 

O alumnado dos ciclos básicos, medios e superior de Madeira desprazouse o martes 10 de outubro ao campus de Lugo da USC para participar nunha interesante xornada formativa promovida pola Plataforama da enxeñaría da madeira estrutural (PEMADE). Foron recibidos polo seu director, Manuel Guaita. A seguir, e da man da arquitecta Belén Feijóo asistiron a unha clase sobre “Construción con madeira local”, coñeceron as instalacións de PEMADE xunto cos traballos que se desenvolven, e visitaron o edificio #ImpulsoVerde, construído con madeira local no marco do proxecto LIFE Lugo + Biodinámico. Foi unha xornada ben interesante e completa para o alumnado e o profesorado. Agradecemos a dedicación, atencións e trato recibido nesta visita por parte de Manuel e Belén e demais responsables de PEMADE (Plataforma da enxeñería da madeira estrutural)

Podes ver máis imaxes AQUÍ

O Conselleiro de Educación visita as obras dos novos talleres para os ciclos de madeira.

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, visitou o sábado 7 o Instituto IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez, que contará o ano que vén cun novo edificio de talleres para o alumnado dos ciclos de Madeira a través dun investimento de 3M€ por parte da Xunta de Galicia.

Na visita informouse que as novas instalacións estarían dispoñibes no mes de marzo.

A nova no PORTAL EDUCATIVO.

Tamén se pode consultar a información no Faro de Vigo e Voz de Galicia

AXUDAS A ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO(NEAE)

 
Está aberto o prazo para a solicitude de bolsas e axudas dirixidas ao alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo (NEAE) para o curso 2023/2024 ata o 20 de setembro.
Toda a información sobre a convocatoria pode consultarse AQUÍ
As familias que desexen realizar a solicitude deben poñerse en contacto co Departamento de Orientación do centro. 

HORARIO DE INICIO DO CURSO 2023-2024

Estes son os horarios de inicio do curso:

O alumnado correspondente agardará no patio dianteiro do centro, no exterior do edificio para entrar no mesmo cando sexa convocado. Será recibido polo Equipo Directivo e os titores e titoras correspondentes.

Unha vez feita a presentación, o alumnado continuará no centro no horario e aula que lle corresponda, ata o final da xornada. 

Pode descargarse o horario en PDF.

 

PRAZO DE MATRÍCULA DAS ENSINANZAS DE PERSOAS ADULTAS, ESA E BACHARELATO

Prazos de mátricula para as ensinanzas de persoas adultas que se imparten no centro no curso 2023-2024:

ENSINO SECUNDARIO (ESA) Módulos III e IV

Modalidade presencial

-Do 1 ao 8 de setembro de 2023, para o primeiro cuadrimestre (Módulo III)

-Do 9 ao 19 de xaneiro de 2024, para o segundo cuadrimestre (Módulo IV)

Modalidade semipresencial

-Do 1 de setembro de 2023 ata o 12 de xaneiro de 2024, para o primeiro cuadrimestre (Módulo III)

-Do 1 de febreiro ata o 26 de abril de 2024, para o segundo cuadrimestre (Módulo IV)

BACHARELATO SEMIPRESENCIAL

-Do 1 ao 20 de setembro de 2023

- O alumnado que remate estudos de educación secundaria para persoas adultas no mes de febreiro de 2024 poderá realizar a matrícula do 15 ao 28 dese mesmo mes.

Pode consultarse a Resolución do 7 de agosto de 2023 con toda a información.

A matrícula debe facerse na secretaría do centro, en horario de mañá.

PRAZO DE MATRÍCULA NA ESO E NO BACHARELATO

O próximo vernres 7 de xullo remata o prazo de matrícula para a ESO e o Bacharelato no Losada

ACTO DE DESPEDIDA DO ALUMNADO DOS CICLOS MEDIOS E SUPERIORES

O IES PLURILINGÜE ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ PON REMATE ÁS ACTIVIDADES LECTIVAS DO CURSO 2022-2023 CO ACTO DE DESPEDIDA DO ALUMNADO DE FORMACIÓN PROFESIONAL

Este curso, por segundo ano consecutivo, realizouse un acto formal de despedida do alumnado dos ciclos medios e superiores da Formación profesional do IES Pl. Antón Losada Diéguez.

A este acto estaban convocados/as os alumnos e alumnas que rematan os estudos dos ciclos
 
CICLOS MEDIOS:

-Sistemas microinformáticos e redes
-Carpintaría e moble
-Instalación e amoblamento (Dual)
-Electromecánica de vehículos automóbilies

CICLOS SUPERIORES:

-Administración e finanzas
-Administración de sistemas informaticos en rede(dual)
-Desenrolo de aplicacións multiplataforma

Todos pertencentes as familias profesionais que se imparten no centro: Administrativo, Automoción, Informática e Madeira.

O acto tivo lugar o mércores 28 de xuño  no salón de actos. Contoucoa intervención do director do centro e o secretario do Losada.
Entregouse un diploma conmemorativo a cada alumno/a xunto coa fotografía de recordo da promoción.
Ao rematar compartiron un aperitivo o alumnado e profesorado asistente na cafetería do centro.

As fotos da despedida poden verse picando na imaxe: 

DESPEDIDA FP 2023

OFERTA DE NOVOS CICLOS FORMATIVOS NO LOSADA

O IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez amplía a súa oferta na Formación Profesional para o curso 2023-2024

O centro educativo estradense oferta para o vindeiro curso dous novos ciclos de Formación Profesional

Os novos ciclos formativos pertencen ás familias de INFORMÁTICA E DE ELECTROMECÁNICA DE VEHÍCULOS AUTOMÓVILES

FAMILIA INFORMÁTICA

Ciclo superior Administración de sistemas informáticos en rede (FP DUAL)

FAMILIA ELECTROMECÁNICA DE VEHÍCULOS AUTOMÓBILES

Curso de especialización Mantemento de vehículos híbridos e eléctricos

A oferta completa dos ciclos formativos de grao medio e superior do centro poden consultarse aquí:

CICLOS MEDIOS

CICLOS SUPERIORES

 

O PRAZO DE SOLICITUDE DE PRAZA REMATA O 5 DE XULLO DE 2023 ÁS 13 HORAS

(Toda a información sobre o proceso de solicitude de praza e admisión AQUÍ)

 

ENTREGA DE BOLETÍNS CURSO 2022-2023

A entrega de boletíns do curso 2022-2023 para todos os niveis de ESO, BACHARELATO E FORMACIÓN PROFESIONAL será o mércores 28 de xuño ás 11:30 nas aulas de referencia.

Recordamos que os días 26 e 27 de xuño o centro pemanecerá pechado.