Latín e Grego

Departamentos de Latín e Grego

Dives Gallaecia: 1º Premio de innovación educativa

O Proxecto sobre a romanización de Galicia, Dives Gallaecia, foi galardoado co 1º premio na convocatoria dos Premios ás boas prácticas de innovación educativa desenvolvidas durante o curso 2012-2013, convocados pola Consellería de Educación, na súa modalidade C: Uso innovador das tecnoloxías da información e da comunicación que introduzan cambios metodolóxicos. O premio ten unha cuantía de 3.000 euros. O traballo, coordinado polo profesor Álvaro P. Vilariño, contou coa participación dos profesores Marisa Otero e Miguel Bugallo e de varias promocións de alumnos de Latín e grego do MGB.

Como explica na súa web, Dives Gallaecia é...

  • Unha base de datos de material audiovisual, con vídeos en alta definición e imaxes de alta calidade con licenzas CC (17 vídeos e case 700 imaxes)
  • Unha forma de colaboración coa Galipedia e Wikimedia Commons
  • Un xeito de descubrir, hic et nunc, en que medida aínda somos romanos.
  • Unha visita virtual aos xacementos arqueolóxicos e museos máis importantes de Galicia.
  • Unha reflexión sobre a conquista militar romana, a explotación dos recursos, a organización administrativa, as vías de
  • comunicación.
  • Un punto de encontro para compartir con outros profesores documentación e actividades deseñadas para a plataforma Moodle.

Mañá, ás 10:30 horas, o equipo premiado dara unha rolda de prensa aos medios. Hoxe aparece a nova no Faro de Vigo.

Este é o seu vídeo de presentación:

Teatro grecolatino en Lugo

Mañá martes día 5, un grupo de alumn@s de 4º ESO , e 2º de bacharelato asistirán ao festival de teatro Greco-Latino de Lugo, organizado por SEECGalicia, que se celebrará no Auditorio "Gustavo Freire", e asistirán á representación da traxedia "Ifixenia en Áulide" de Eurípides e da comedia "Casina" de Plauto.

* imaxe de Miguel Bugallo en Flickr

6860506818_84f85fe658.jpg

Clasificación Odisea MGB 2013

Aínda que non houbo sorte e ningún equipo do centro vai pasar á fase de desempate en Galicia, xa temos os nosos gañadores da ODISEA 2013 no MGB. Recibirán os seus premios mañá no segundo recreo na sala de usos múltiples.

Odisea 2013 no MGB

Durante toda a mañá do xoves, dende a Biblioteca e a sala de informática 1, os alumnos de Latín e Grego do MGB participarán na VIII edición do concurso de Cultura Clásica Odisea 2013, xunto con outros centros de GaliciaValencia, CastellónAlacantCatalunyaAragón e Valladolid.

A temática este ano xirará en torno a un tema de actualidade, A Educación.

Temos apuntados os seguintes equipos:

  • 4º de ESO: ARRE & SO, VICTORIUM, AZUL, PIXOSCOOTER
  • 1º BACHARELATO: HIC ET NUNC, FACIES IRATA,TUXTAX, NESCIO, GALLAECIA QUALITAS
  • 2º BACHARELATO: NIKE, COGITO ERGO SUM, INTELLIGENTIBUS PAUCA

Esperamos repetir a intensidade, emoción e nervios da edición anterior. Desta vez xogaremos en dous concursos simultáneos, posto que imos facer tamén unha clasificación interna, na que levarán premio os 2 primeiros clasificados do noso Centro (caixa grande e caixa mediana respectivamente).

pd: o Concurso conta con páxina propia na Galipedia, elaborada polos alumnos dentro do proxecto DivesGallaecia 2012

Pipiatio Classica

Hoxe xoves 15 de novembro, os alumnos de Latín e Grego do MGB participarán na Pipiatio Classica xunto con outros moitos alumnos e profesores do resto do mundo. Durante todo o día escribirán en Latín e Grego dende a rede social Twitter. A iniciativa partiu do Grupo Chiron e pretende reivindicar o estudo das Linguas Clásicas fronte ao negro panorama que presaxia a lei Wert.

logopipiatio1-300x59.png

Saída cultural ao concello de Lobios

 

  Dentro do programa de actividades extra escolares para o curso 2012-2013, terá lugar o vindeiro martes, 13 de novembro, unha saída organizada polo departamento de latín co seguinte programa: Portela do Home, visita aos miliarios romanos e ruta pola Vía Nova (5 km); Corga da Fecha, visita a pousada romana de Aquis Originis, campamento romano de Aquis Querquennis, visita e baño nas termas. Asistirán alumnos/as de latín dos cursos de 4º eso, 1º de bach e 2º de bach. O regreso está previsto para as 20:30 h.

Teatro Greco-Latino en Lugo

O vindeiro mércores día 14, un grupo de alumn@s de 4º ESO , e 2º de bacharelato asistirán ao festival de teatro Greco-Latino de Lugo, organizado por SEECGalicia, que se celebrará no Auditorio "Gustavo Freire" e asistirán á representación da comedia Miles Gloriosus de Plauto. Ademais visitarán o Museo Arqueolóxico da cidade e a exposición Romanorum Vitae.

*imaxe de Miguel Bugallo

5539587992_7b965c8855.jpg

A Odisea 2012 do MGB

Hoxe celébrase en Santiago e Betanzos o desempate do concurso de Cultura Clásica Odisea 2012, no que participaron os alumnos "clásicos" do MGB. Non puidemos estar aí, pero vivimos un intenso xoves pelexando con temible preguntón, con algunha "odisea compostelana" incluída. Pero hoxe somos todos quizais un pouco máis sabios. Pagou a pena.

Odisea 2012, concurso de Cultura Clásica

O xoves, 9 de febreiro, alumn@s da materia de latín participarán no concurso ODISEA 2012  que se celebra en liña desde varios centros de Galicia, Valencia e Cataluña (Ver mapa de centros participantes)

odisea_2012_blogs.jpg

Teatro Greco-Latino

O próximo 14 de abril alumn@s da matería de Latín e Literatura Universal asistirán á representación das obras Edipo Rei (Sóflocles, traxedia grega) e Cistellaria (Plauto, comedia latina) no Festival de Teatro Greco-Latino de Lugo (Auditorio "Gustavo Freire").

Dives Gallaecia 2012

Dives Gallaecia 2012 e un novo proxecto emprendido por un grupo de profesores e alumnos do MGB. O obxectivo final do mesmo é elaborar un documental audiovisual sobre a romanización de Galicia.
O título Dives Gallaecia, fai referencia á sona que tiña a nosa terra entre os romanos como sinónimo de riqueza e abundancia, sobre todo en recursos mineiros, en ouro, en prata e en estaño. O ano, 2012, sería a data en que se pensa rematar este traballo.
Búscase tamén a creación duha colección de imaxes de alta calidade dos restos arqueolóxicos de época romana máis importantes que conservamos na nosa terra. Esta futura colección será a base dunha exposición de fotografía.
Haberá espazo tamén para as visitas aos museos galegos e festas de recreación histórica (Arde Lucus e Festa do Esquencemento).
Participan no proxecto os alumnos de latín de 1º e 2º de bacharelato e os profesores seguintes:

  • Fotografía: Miguel Bugallo e Magaly Barreiro
  • B.S.O. e paisaxe sonora: María Varela
  • Guión e coordinación: Álvaro P. Vilariño
  • Edición de vídeo: Marisa Otero

Toda a información na web DIVESGALLAECIA 2012

captura_dives_2012.png

Remata o concurso ODISEA 2011 no MGB

Non puido ser, como din os comentaristas deportivos ante o fracaso do equipo local. Malia que o intentamos, malia as horas de busca e investigación ininterrumpidas, malia a todo o noso esforzo, uns erros a todas luces evitables conseguiron que ningún equipo do MGB chegase ao desempate da Fase Galega que terá lugar o vindeiro mércores.

Porque iso de poñer Marte cando se pide a pregunta expresamente "en latín", ou iso de acentuar ARGONAÚTICAS no u, pois só pode achacarse ás présas, aos nervios ou simplemente despiste (maneras de vivir...). Tamén é certo que o famoso EPINETRON acabou con todas as nosas esperanzas, xa que ningún grupo do centro foi capaz de atopalo.

Dentro do noso concurso particular, a ODISEA MGB, os tres primeiros postos foron para:

  • VENI, VIDI, VICI (Óscar Barreiro, Cristian Carbajales e Rita Ferreiro): 70 puntos
  • ALEA IACTA EST (Alba Vázquez, Marta Rodríguez e Cristina Salgado): 64 puntos
  • PUELLAE DORMIENTES (Lidia Fernández, Ainoa Porto e Isabel Pena: 64 puntos

Así que a pensar xa na ODISEA 2012!

Alumnos do MGB no concurso ODISEA 2011

Os alumnos Clásicos do MGB (e algún máis...) participarán dende esta semana no concurso de Cultura Clásica ODISEA 2011. Competirán cun total de 1.779 alumnos, distribuídos en 711 equipos, pertencentes a 125 Centros de 86 localidades diferentes, dentro das Comunidades Autónomas de Galicia, Valencia e Aragón (máis información sobre a participación e mapa de centros inscritos).

Este concurso en liña está organizado na nosa comunidade por SEECGalicia (sección galega da Sociedade Española de Estudos Clásicos).

Dende aquí toda a sorte posible para os nosos alumnos (Marta, Alba, Cristina, Cristian, Óscar, Rita, Sandra, Noa, Catuxa, Ignacio, Mónica, Lorena, Alberto, David, Manuel, Luis, Rebeca, Fátima, Rocío, Ainoa, Lidia e Isabel), que defenderán ao MGB dende as seguintes formacións:

  • ALEA IACTA EST
  • VENI, VIDI, VICI 
  • DIVINAE
  • ALTERUM MARE
  • VECHIA SIGNORA
  • MULTA ROGITAS
  • HIC HABITAT FELICITAS
  • PUELLAE DORMIENTES
odisea_2011_blogs.jpg

Concedido o premio Centauro de ouro á web "Viam Stratam" de alumnos do MGB

Outro premio para o MGB, esta vez polo traballo dos rapaces no blog de aula "Viam Stratam" elaborado polo alumnado de clásicas do noso Centro. Dito premio é outorgado polo portal web Chiron, que concede os seus Centauros de Ouro a aqueles blogs de temática clásica mantidos por alumnos, constituíndo un exemplo a seguir e un estímulo para fomentar o amor polo mundo grecorromano. NORABOA POLO PREMIO!!!!
Máis información en:

Vídeo da excursión a Roma MGB 2010

Por fin, aquí está o vídeo. Que o disfrutedes!

Distribuir contido