Latín e Grego

Departamentos de Latín e Grego

REUNIÓN DE PAIS VIAXE SAGUNTO

O vindeiro mércores 2 de abril ás 19:00 horas haberá unha reunión na Aula de Usos Múltiples para informar os pais sobre a viaxe a Sagunto. Descarga o programa en *.pdf.

theatrum_NON_delendum.jpg

VISITA A LUGO

  Dentro das actividades previstas no proxecto "2000 anos por correo", o vindeiro mércores 5 de marzo alumnos de 4º ESO, 1º e 2º de Bacharelato, irán a Lugo. Pola mañán asistirán á obra de teatro "Ifigenia en Áulide", dentro do festival de teatro grecolatino organizado por SEECGalicia, e pola tarde visita guiada a Domus Oceani e ao Museo Arqueolóxico Provincial. Sairán ás 8:45 horas do centro.

mosaig[1].jpg

VIAXE A SAGUNTO

Os alumnos do proxecto "Dous mil anos por correo" viaxarán a Sagunto para asistir aos talleres de Cultura Clásica organizados pola asociación Ludere et discere de Sagúnt, durante os días 12 a 17 de abril do 2008. Tamén asistirán a unha representación teatral no teatro romano e visitarán a Cidade das Ciencias e as Artes en Valencia.

VIAXE A LUGO

O vindeiro 5 de marzo do 2008, os alumnos do proxecto "Dous mil anos por correo" farán unha viaxe a Lugo para asistir a unha representación de teatro grecolatino. Tamén visitarán o museo de Lugo e o castro de Viladonga. Sairán ás 8:45 horas e regresarán ás 20:30 horas aproximadamente.

"Dos mil años por correo"

O Ministerio de Educación e Ciencia vén de comunicar a concesión ao noso centro dunha axuda económica de 7.000 euros para o desenvolvemento do proxecto de Agrupación de centros "Dos mil años por correo".

logo_dos_mil_por_correo.jpg
Distribuir contido