Secretaría, Certificados alumnos, Matrícula

Adxudicación provisional do Fondo Libros

A adxudicación provisional do Fondo Solidario de Libros está publicada no taboleiro de anuncios situado no interior do centro (tal e como se recolle no artigo 13 bis da Orde).

Recordamos que as persoas solicitantes poderán consultar por vía electrónica o seu expediente, a través da aplicación Fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital da Fábrica Nacional da Moeda e Timbre.

Prazo para a presentación de reclamacións contra a adxudicación provisional: 12 e 13 de xullo.

Só os pais/nais ou titores/as do alumnado beneficiario dos vales de material, que aprobou todo en xuño e xa está matriculado, poden recoller os vales entre os días 14 e 21 de xullo (ambos incluídos) en horario de 10h a 13h.

Matrícula de setembro para o curso 2021-2022

A matrícula extraordinaria para o curso 2021-2022 realizárase día 6 de setembro, con cita previa, por cursos segundo o seguinte horario:

Curso  hora de matricula Impreso de matricula

2º Bacharelato

9:00h a 10:30h

Impreso 2º Bac-Artes / Impreso 2º Bac-Ciencias ou Humanidades

1º Bacharelato

10:30h a 12:00h

Impreso 1º Bac-Artes / Impreso 1º Bac-Ciencias ou Humanidades

4º ESO 12:00h a 13:00h

Impreso 4º ESO

3º ESO 16:30h a 17:30h

Impreso 3º ESO

2º ESO

17:30h a 18:30h

Impreso 2º ESO

1º ESO

17:30h a 18:30h

Impreso 1º ESO

As solicitudes deben presentarse na secretaría do centro seguindo as normas de hixiene que a situación actual obriga. Para poder cumprir co distanciamento social e garantir a seguridade das familias e do persoal do centro, será preciso solicitar cita previa no teléfono 986590104.

O alumnado que veña doutro centro, agás os procedentes do CEIP "Pérez Viondi" ademais da documentación que figura relacionada abaixo deberán meter no sobre branco unha certificación académica oficial dos estudos realizados anteriormente.

O alumnado no momento da matricula presentará:

  • Dúas copias cubertas e asinadas do impreso de matrícula do curso correspondente que se presentarán na ventaniña de secretaría para o seu selado (ver táboa superior).
  • Un sobre branco DINA4, co nome completo do alumno/a e o curso no que se matricula na parte  dianteira e no seu interior estarán, debidamente cubertos e asinados, os seguintes impresos:

Os impresos deberán descargarse das ligazóns sinaladas en azul. O sobre blanco deberá mercarse.

As dúbidas sobre as materias ou itinerarios serán atendidas nos seguintes enderezos:

  • pilmeijome@iesgarciabarros.org (orientadora)
  • direccion@iesgarciabarros.org (directora)

Fondo Libros e Axudas Material Escolar curso 2021-2022

A Consellería publicou a Orde pola que se regulan as solicitudes para o Fondo de Libros e as Axudas de Material Escolar para o alumnado da ESO.

O prazo de solicitude será do 21 de maio ao 22 de xuño (ambos incluídos).

Para poder cumplir coas normas de distanciamento social e garantir a seguridade das familias e do persoal do centro, a atención será mediante solicitude de cita previa no teléfono 986590104:

As solicitudes pódese presentar da seguinte forma:

  • Realizar o trámite intregramente a través da sede electrónica da xunta (www.sede.xunta.gal - Procedemento ED330B). Opción recomendable para non ter que desprazarse ao centro ni manipular documentación. Nesta opción é necesario identificarse con algún dos mecanismos admitidos pola sede electrónica (DNI electrónico, certificado dixital, Chave365)

  • Cubrir a solicitude a través da aplicación FondoLibros e presentala na Secretaría do centro xunto coa documentación requirida.

  • Imprimir a solicitude nesta ligazón, cubrila e presentala na Secretaría do centro xunto co resto da documentación requirida.

(Aconsellamos traer todo cuberto e preparado para axilizar os trámites e que poidan permanecer no centro o menor tempo posible)

Para máis información:

AVISO para a recollida de Títulos de Bacharelato ou ESO

Todo o alumnado que rematou os estudos  de ESO ou Bacharelato no noso centro no ano 2019 ou anteriores debe pasar pola Secretaría do Instituto en horario de 9 a 13:30 h. a recoller os títulos que lle correspondan.

Rógase que difundan esta mensaxe entre todo o alumnado interesado para evitar a acumulación de títulos sen recoller no centro.

Admisión alumnado para o curso 2021-2022

Todo o alumnado que fixo a solicitude de admisión dentro do prazo establecido está admitido para o  vindeiro curso.

O alumnado que fixo a solicitude fóra de prazo deberá esperar á resolución da Inspección educativa para saber se está admitido ou non.

Admisión alumnado - Solicitude para o curso 2021-2022

Quen ten que presentar a solicitude de admisión?

Todo o alumnado procedente doutros centros educativos que desexe estudar o próximo curso no IES Manuel García Barros.

O alumnado do CEIP Pérez Viondi, ao estar o centro adscrito ao noso, ten asegurada a praza e só deberá realizar a matrícula nas datas indicadas no calendario que publicaremos no mes de xuño.

Cal é o prazo de presentación? 

Do o 1 ao 22 de marzo ambos incluídos.

* Como o luns 22 de marzo e día non lectivo no noso centro, en cumprimento da normativa actual, poderanse entregar  as solicitudes como último día o martes 23 de marzo.

Que deberán presentar na secretaría do centro?

  • Copia do DNI ou NIE do/a alumno/a. Se non ten, entregarase unha copia do libro de familia.

Calendario de publicación da listaxe de admitidos/as e prazos de reclamación:

  • Publicarase a listaxe provisional antes do 26 de abril.
  • O prazo de reclamacións será de 5 días hábiles posteriores á data de publicación da listaxe.
  • Publicarase a listaxe definitiva de admitidos antes do 18 de maio.

Prazo de formalización da matrícula ordinaria:

Do 25 de xuño ao 10 de xullo (o centro publicará en xuño o calendario detallado).

Distribución de máscaras entre o alumnado da ESO

A Consellería publicou a Orde pola que se regula o procedemento para a distribución de máscaras entre o alumnado da ESO no curso 2020-2021 (código de procedemento ED330E).

O prazo de solicitude será do 16 ao 27 de novembro de 2020 (ambos inclusive).

  • Non ten que presentar solicitude e terá dereito ao reparto de máscaras  todo o alumnado beneficiario do Vale de Axuda de Material Escolar no presente curso.
  • Poderá presentar a solicitude:
    • Alumnado de familias con renda per cápita igual ou inferior a 6000 €. e que non obtivo vale de material. (A renda que se ten en conta é a do ano 2018).
    • Alumnado matriculado en Educación Especial.
    • Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
    • Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

A solicitude deberá presentarse na secretaría do centro mediante os Anexos I e II  da convocatoria xunto coa copia do libro de familia onde figure o alumno e o resto de membros da familia. No caso de separación ou divorcio deberá achegar copia da sentencia.

Reparto de libros do Fondo Solidario para a ESO

O reparto de libros do Fondo Solidario de Libros da ESO realizarase nas seguintes datas e horarios:

Grupo XOVES 24 DE SETEMBRO
1º ESO A 9:45h - 10:15h
1º ESO B 10:15h - 10:45h
1º ESO C 10:45h - 11:15h
2º ESO A 11:30h - 12:00h
2º ESO B 12:00h - 12:30h
2º ESO C 12:30h - 13:00h
Grupo VENRES 25 DE SETEMBRO
3º ESO A 9:45h - 10:15h
3º ESO B 10:15h - 10:45h
3º ESO C 10:45h - 11:15h
4º ESO A 11:30h - 12:00h
4º ESO B 12:00h - 12:30h
4º ESO C 12:30h - 13:00h


O alumnado, dentro da franxa horaria asignada, deberá traer o documento coa adxudicación que se lle entregará durante as presentacións asinado polo seu pai, a súa nai ou titor legal, ir á conserxería onde lle farán unha copia do mesmos e lles indicarán a onde dirixirse.

Reparto de libros para Bacharelato da ANPA

O reparto de libros do fondo da ANPA para o alumnado de Bacharelato realizarase o próximo venres, 25 de setembro, no Laboratorio de Física (1º andar), despois da presentación do seu grupo.

Adxudicación definitiva - Fondo Solidario de Libros

A adxudicación definitiva do Fondo Solidario de Libros está publicada no taboleiro de anuncios situado no interior do centro (tal e como se recolle no artigo 13 bis da Orde).

Recordamos que as persoas solicitantes poderán consultar por vía electrónica o seu expediente, a través da aplicación Fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital da Fábrica Nacional da Moeda e Timbre.

O reparto de libros se realizará a finais da próxima semana. A información detallada de cómo se realizará será publicada nesta web o venres, 17 de setembro, xunto con toda a información relativa ao inicio do curso.

Devolución de libros do Fondo de Libros Solidario da ESO

Recordamos que o alumnado con materias suspensas para setembro deben devolver todos os libros antes do 7 de setembro.

Durante a próxima semana publicaremos na web información sobre a adxudicación definitiva e o reparto de libros.

Devolución dos libros de 2º de Bacharelato do Fondo da ANPA

O alumnado de 2º de Bacharelato deberá devolver os libros que ten en préstamos do Fondo da ANPA os días 21 e 22 de xullo, de 10 a 12h.

As alumnas e alumnos con materias suspensas para setembro ou que non superaron a ABAU poderán agardar a setembro para a devolución dos libros.

Adxudicación provisional do Fondo Libros

A adxudicación provisional do Fondo Solidario de Libros publicarase o vindeiro luns, 13 de xullo, única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do centro (tal e como se recolle no artigo 13 bis da Orde).

Recordamos que as persoas solicitantes poderán consultar por vía electrónica o seu expediente, a través da aplicación Fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital da Fábrica Nacional da Moeda e Timbre.

Matricula Extraordinaria de setembro para o curso 2020-2021

A matricula extraordinaria  para o curso 2020-2021 realizárase o venres día 4 de setembro segundo o seguinte calendario:

Curso  hora de matricula Impreso de matricula
2º Bacharelato de 9 a 10 h.

Impreso 2º Bac-Artes / Impreso 2º Bac-Ciencias ou Humanidades

1º Bacharelato de 10 a 11h.

Impreso 1º Bac-Artes / Impreso 1º Bac-Ciencias ou Humanidades

4º ESO de 11 a 12 h. Impreso 4º ESO
3º ESO 12 a 13 h. Impreso 3º ESO / Impreso 3º PMAR
2º ESO 13 a 14 h. Impreso 2º ESO
1º ESO 13 a 14 h. Impreso 1º ESO

As solicitudes deben presentarse na secretaría do centro seguindo as normas de hixiene que a situación actual obriga. Para poder cumplir co distanciamento social e garantir a seguridade das familias e do persoal do centro, será preciso solicitar cita previa no teléfono 986590104.

O alumnado que veña doutro centro, agás os procedentes do CEIP "Pérez Viondi" ademais da documentación que figura relacionada abaixo deberán meter no sobre branco unha certificación académica oficial dos estudos realizados anteriormente.

O alumnado no momento da matricula presentará:

  • Dúas copias cubertas e asinadas do impreso de matrícula do curso correspondente que se presentarán na ventaniña de secretaría para o seu selado (ver táboa superior).
  • Un sobre branco DINA4, co nome completo do alumno/a e o curso no que se matricula na parte exterior e no seu interior estarán, debidamente cubertos e asinados, os seguintes impresos:

Os impresos deberán descargarse das ligazóns sinaladas en azul. O sobre blanco deberá mercarse.

As dúbidas sobre a materias ou itinerarios serán atendidas nos seguintes enderezos:

  • pilmeijome@iesgarciabarros.org (orientadora)
  • direccion@iesgarciabarros.org (directora)

Devolución de libros do Fondo de Libros Solidario da ESO

A partir do lunes 29 de xuño, e ata o martes 7 de xullo, o alumnado deberá proceder á devolución dos libros de texto do Fondo Solidario de todas aquelas materias que superaron en xuño. Lembramos que o próximo martes, 23 de xuño, as familias recibirán as cualificación finais de curso a través de plataforma Abalar.

Para poder cumplir coas normas de distanciamento social e garantir a seguridade das familias e do persoal do centro, será preciso solicitar cita previa no teléfono 986590104.

A devolución dos libros das materias que non superaron, e das que se poderán examinar en setembro, se realizará os días 3 e 4 de setembro.

Recordamos que a non devolución dos exemplares do curso 2019-2020 conleva a exclusión do Fondo Solidario para o curso 2020-2021.

Distribuir contido