Secretaría, Certificados alumnos, Matrícula

Reclamacións ás cualificacións para o alumnado de 2º de bacharelato

O alumnado de 2º de Bacharelato poderá reclamar, de xeito fundamentado, as cualificacións obtidas tanto na convocatoria ordinaria (maio) como extraordinaria (xuño). Para o caso da convocatoria extraordinaria, as datas oficiais de reclamación no centro non poden cumprirse polos festivos locais (26 e 27 de xuño). Inspección Educativa autorizou novas datas, os días 25 e 28 de xuño. O alumnado levará cos boletíns de notas unha circular explicativa, que tamén podedes consultar aquí.

Circular explicativa.

Normativa xeral.

Títulos de ESO e Bacharelato

O alumnado que rematou os estudos neste centro no curso académico 2016/2017 ou anteriores pode pasar pola SECRETARÍA do centro  a recoller os títulos da ESO ou BACHARELATO que lle correspondan.

Vacacións de Nadal 2018

Dende o MGB queremos desexar a toda a Comunidade Educativa un Bo Nadal. O centro permanecerá aberto, agás os días 24 e 31, dende as 10 ás12 horas.

Fondo Solidario de Libros e Vales de Material. Curso 2018/19.

Vales de Material: nesta ligazón pódese consultar a relación de Vales de Material concedidos. Recordamos que estes vales están vinculados á matricula, polo que todo o alumnado que teña materias pendentes para setembros non os poderá recoller ata ter formalizada a matricula.

Fondo Solidario de Libros: nesta ligazón pódese consultar a listaxe provisional de admitidos no Fondo Solidario de Libros de Texto para o curso 2018/2019.

Máis información no apartado Familias -> Libros de texto.

Fondo de libros e Axudas material escolar

A Consellería publicou a Orde pola que se regulan as solicitudes para o Fondo de Libros e as Axudas de Material Escolar para o alumnado da ESO no curso 2024-2025.

O prazo de solicitude será do 21 de maio ao 21 de xuño (ambos inclusive).

As solicitudes pódese presentar da seguinte forma:

  • Realizar o trámite intregramente a través da sede electrónica da xunta (www.sede.xunta.gal - Procedemento ED330B). Opción recomendable para non ter que desprazarse ao centro nin manipular documentación. Nesta opción é necesario identificarse con algún dos mecanismos admitidos pola sede electrónica (DNI electrónico, certificado dixital, Chave365)
  • Cubrir a solicitude a través da aplicación FondoLibros e presentala no rexistro do centro xunto coa documentación requirida .

  • Imprimir a solicitude nesta ligazón, cubrila e presentala no centro xunto co resto da documentación.

Para máis información máis destallada no documento de información ás familias.

Adxudicación de Axudas de Material e listaxe provisional de Fondo Solidario de Libros, está dispoñible no taboleiro interior do centro a partir do 10 de xullo. Publicaremos aviso na web.

A listaxe definitiva de asignación do Fondo Solidario de Libros publicarase o martes 16 de xullo.

A entrega de vales e libros realizarase en setembro. Coa listaxe definitiva publicaranse as indicacións.

LISTAXE LIBROS DE TEXTO - CURSO 2023/2024

IMPORTANTE: Aquelas familias que no sexan beneficiarias do Fondo Libro ou do préstamo da ANPA recomendamos que agarden aos primeiros días de clase, ata coñecer ao profesorado que impartará as materias - que lles indicarán que se empregarán o libro de texto -, para mercalos.

Distribuir contido