Novas
Saída cultural á cidade de Porto
Enviado por Vicedirec. o 18 Novembro, 2014 - 19:25Organizada polos departamentos de Música e Filosofía terá lugar, os días 28 e 29 de novembro (venres e sábado), unha visita de alumnos/as de 1º e 2º de bacharelato do noso Centro á cidade lusa de Porto. Durante a mesma realizaranse as seguintes actividades: visita ao Musseu Serralves e ao Centro Histórico da cidade, e realización do curso “Músico por un día: instrumentos tradicionais portugueses”. O alumnado estará acompañado polos profesores: María Varela e Arturo Vizcarra.
Nova web do equipo de normalización e dinamización lingüística
Enviado por admin o 17 Novembro, 2014 - 00:17O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do MGB acaba de publicar un novo web, onde se dá información das súas actividades, así como de asuntos relacionados coa situación da lingua galega no noso país. Podedes acceder a el a través da ligazón no bloque dereito da páxina do centro.
VIDEOCONFERENCIA CO EQUIPO D' A ESMORGA
Enviado por Vicedirec. o 14 Novembro, 2014 - 10:31O próximo mércores, 19 de novembro, organizada polo Equipo de Normalización Lingüística, coa colaboración do Departamento de LGL e de Sindo Monteagudo, terá lugar na sala de usos múltiples do centro unha videoconferencia co director e os actores da película A esmorga. Acudirá todo o alumnado de 2º de Bacharelato. Participarán activamente na videoconferencia Paula Belén Aboy Campos, Xiao Aller Cristobo, Sara Carrasquel Iglesias, Martín Mato Búa e Lucía Tilve García.
A actividade desenvolverase en horario de 12:00 ata as 14:00.
Premios Ouff escola en Ourense
Enviado por Vicedirec. o 14 Novembro, 2014 - 10:21O vindeiro mércores, 19 de novembro, terá lugar a gala de entrega de premios Ouff Escola a que acudirá o noso instituto que acadou un dos galardóns. Asistirán os alumnos/as de 1º bacharelato de cultura audiovisual acompañados polos profesores, Xoán Xosé Pérez e Miguel Carbajal. Parabéns polo traballo levado a cabo o pasado curso que mereceu este recoñecemento.
Saída Cultural á Cidade de A Coruña
Enviado por Vicedirec. o 12 Novembro, 2014 - 12:45Alumnos/as do IES Manuel García Barros visitarán o vindeiro martes, 18 de novembro, a cidade da costa noroeste galega, visitando o Castelo de San Antón e a Torre de Hércules. A actividade, organizada polos departamentos de Xeografía e Historia e Latín, vai dirixida a alumnos/as de 3º e 4º ESO e 1º e 2º de bacharelato (das materias de latín e cultura clásica).
Festa do Magosto no MGB
Enviado por Vicedirec. o 11 Novembro, 2014 - 18:23O vindeiro venres, 14 de novembro, terá lugar a celebración, un ano máis, do “Magosto”. Contaremos con música tradicional, xogos populares e degustación de castañas asadas. A actividade terá lugar entre as 12:25 e as 14:10 horas. Agardamos que nos acompañe o tempo atmosférico para un mellor desenvolvemento da festa.
O cartaz do magosto foi elaborado polo alumno de 2º de Bacharelato, Willian Cabaleiro Taboada.
Concurso "O lector de mes"
Enviado por admin o 10 Novembro, 2014 - 17:00Empeza o concurso o “Lector do mes”.
Na primeira semana de cada mes escollerase o alumno/a que:
- leve máis documentos en préstamo da MeGaBiblioteca;
- deixe o maior número de comentarios na Biblioteca. Recordade que para iso deberedes entrar en “A nosa biblioteca na rede” e buscar onde valorar os libros. Se tedes dúbidas, preguntade e explicarémosvolo persoalmente.
O alumno/a que demostre ser o máis lector do instituto será premiado cun diploma e un agasallo.
Seguro que aínda dubidas se participar?
Gañadores no xogo matemático 2014
Enviado por admin o 10 Novembro, 2014 - 13:32No xogo matemático 2014 celebrado o pasado 24 de outubro na MeGaBiblioteca resultaron gañadores na categoría de "pequenos" grupo formado polos alumnos José Rey, Brais da Costa, Alex Romero e Anxo Rey, e na de "maiores" o grupo Ruffles Jamón, composto por Marcos Pequeño, Víctor Mato, Nico Luna e Pablo Miranda.
Imaxe: Os gañadores recollendo os seus premios (1 cómic e 1 vale para 1 cea). Autor Miguel Bugallo.
Mural no Foxo
Enviado por Secret. o 10 Novembro, 2014 - 13:08O pasado mércores 5 de novembro o alumnado de 2º Bacharelato de Artes: Cristóbal, William, Tania, Andrea, Cristopher, Jon, Carlos, Paula, Vanessa, Martín, Aitana, Paulo e Brais, foron, acompañados polos seus profesores Mariano Casas e Xoan Xosé Pérez, ao CEIP do Foxo para a inauguración do mural que realizaron estes alumnos nese centro educativo. A directora recolleu o agasallo dos Pereiriños 2014 que lle fixeron ao noso Centro.
Obradoiros de competencias sociais e individuais no MGB
Enviado por Vicedirec. o 10 Novembro, 2014 - 11:50O vindeiro luns, 17 de novembro, terán lugar no noso centro uns obradoiros sobre “linguaxes expresivas e estratexias metodolóxicas para o desenvolvemento de competencias sociais e individuais”. A actividade, organizada polo departamento de Orientación, vai destinada ao alumnado de 1º ESO e impartirase na aula de usos múltiples en horario de 10:45 a 13:35 horas (3ª, 4ª e 5ª sesións).
Presentación do libro do I Concurso de microrrelatos e micropoemas
Enviado por Vicedirec. o 6 Novembro, 2014 - 10:46Esta semana foi presentado na casa do Concello o libro que reúne os traballos galardoados no I Concurso de microrrelatos e micropoemas, organizado polos equipos de normalización da comarca da Estrada.o curso pasado e dirixido ao alumnado de todos os centros de ensino do concello.
Os gañadores do noso centro foron Ana Carbón Castro e Lucía Tilve García (na sección de micropoemas) e Patricia Riveira Magán e Isaac Rivadulla Matalobos (na sección de microrrelatos)
Videoconferencia do día da Ciencia e a Tecnoloxía en galego
Enviado por admin o 5 Novembro, 2014 - 11:53O mércores 5 de novembro celébrase o Día da Ciencia e a Tecnoloxía en galego, actividade organizada pola Coordinadora Galega de ENDL. Como actividade principal vaise realizar unha videoconferencia simultánea a 75 centros de Galicia por parte de Manuel Caeiro Rodríguez, Doutor en Enxeñaría de Telecomunicación e profesor na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación na Universidade de Vigo, que falará sobre o pasado, presente e futuro da programación informática. Polo noso centro participará na citada videoconferencia, que se realizará en horario de 12:00 a 13:00, o alumnado de Tecnoloxía de Tecnoloxía de 4º de ESO e de Tecnoloxía Industrial de 1º e 2º de BAC.
Xoves 30 de outubro, día non lectivo
Enviado por Secret. o 23 Outubro, 2014 - 09:34A Xefatura Territorial de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra confirmou a petición do centro de considerar o xoves 30 de outubro de 2014 día non lectivo, de acordo co artigo 7.2 da Orde do 13 de xuño de 2014.
Circular nº 3
Enviado por Secret. o 15 Outubro, 2014 - 10:40Premendo nesta ligazón accédese ao contido da terceira circular do presente curso 2014/2015.
Saída aos Picos de Europa
Enviado por Vicedirec. o 7 Outubro, 2014 - 10:51Alumnos/as do IES Manuel García Barros correspondentes aos cursos de 3º ESO e 2º de BAC realizarán unha excursión aos Picos de Europa onde realizarán, entre outras, as seguintes actividades: ruta polo río Cares, Fonte De con subida ao teleférico e visita as covas de Tito Bustillo. A actividade, organizada polos departamentos de Bioloxía e Xeoloxía e Xeografía e Historia, terá lugar entre o xoves 9 e o domingo 12 de outubro. Os alumnos/as estarán acompañados polas profesoras: Esther Sánchez, Magaly Barreiro e Beatriz Mera.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »