Novas

Noticieiro do centro

Información sobre os libros de texto para o curso 2015/2016

No curso 2015/2016, só se poderá solicitar a axuda económica para a adquisición dos libros de texto (cheque-libros ou vale-libros) para o alumnado que se matricule en 1º ou 3º da ESO (Pulse aquí para obter información sobre esta convocatoria).

A novidade este ano é que, para o alumnado que se matricule en 2º e 4º da ESO, os libros deberán solicitarse antes do 30 de xuño dun fondo solidario de libros que xestionarán os centros.Nesta circular detállanse as instrucións sobre esta cuestión. Pregamos que a lean con moita atención.

 

Campionato xadrez 2015

Nos vindeiros días terán lugar as partidas definitivas do campionato. Por un posto na final xogarán os alumnos: Martín Mato Búa e Marcos Lago Piso, ambos os dous de 2º bacharelato, e Adrián Ferreiro García e Anxo Ferreiro Lemos, ambos os dous de 1º de bacharelato. As partidas terán lugar nos recreos na sala de usos múltiples.

Visita do alumnado do CEIP Pérez Viondi.

O vindeiro xoves, 4 de xuño, visitaranos o alumnado de 6º de educación primaria do CEIP Pérez Viondi, para unha primeira toma de contacto coa realidade do noso centro. Os novos alumnos/as serán recibidos, na sala de usos múltiples, polo equipo directivo e a orientadora. Ao longo da mañá percorrerán distintas aulas e instalacións do centro.

Que sexan benvidos os nosos futuros alumnos/as de 1º da ESO!

Premios literarios

A alumna de 3º ESO, Ainhoa Vivel, recibiu o premio Serán das Letras ao mellor relato na categoría de 15 a 18 anos. Así mesmo, na categoría de adultos, a profesora deste centro, Marisa Otero, obtivo o primeiro e segundo premios no mesmo certame literario. Parabén a ambas as dúas!

marisa 2.JPG

A FESTA DAS PALABRAS

O xoves pasado presentouse no Concello perante os medios o libro A festa das palabras, que recolle os traballos galardoados no II Concurso de Microrrelatos e Micropoemas dos centros de ensino da Estrada, organizado polos seus equipos de normalización. Podedes acceder á noticia desde esta ligazón: FarodeVigo
A entrega de premios realizarase nun acto no Teatro Principal, o martes día 28, ás 20.30, ao que estades todos/as convidados/as. Participarán Fina Casalderrey e o cantautor Samuel Acuña.
Os/as alumnos/as premiados/as foron Nicolás Luna Puente, Uxía Prado Cerqueiro, Lucía Tilve García, María Rozados Balboa, Patricia Riveira Magán e Alba Mato Búa.

A festa das palabras.2.jpg

Finalistas do III Certame de Relato Curto

O vindeiro xoves, 27 de maio, terá lugar en Pontevedra o fallo do xurado do III Certame de Relato CurtoNontedurmas”, convocado pola FANPA. Entre os finalistas están as seguintes alumnas do noso centro: Efi Prieto Campos (1º ESO), María González Blanco (2º ESO), Patricia Riveira Magán (2º ESO) e Alba Mato Búa (3º ESO). Parabéns as nosas xoves escritoras polo seu éxito!

IESMGB 2015.jpg

Saída cultural de 1º bacharelato

Alumnado de 1º de bacharelato, das materias de economía e historia do mundo contemporáneo, visitarán o vindeiro xoves, 21 de maio, as minas de Fontao no concello de Vila de Cruces e o mosteiro de Carboeiro no concello de Silleda. A actividade está organizada polo departamento de economía. Os alumnos/as asistentes estarán acompañados polas profesoras, Juana Lasheras Ana Fernández.

carboeiro.jpeg

Exposición do herbario de 1º ESO

Na sala de usos múltiples do centro está exposto un herbario realizado polos alumnos/as de 1º ESO coordinado pola profesora Loli Castro dentro da materia de Ciencias Naturais. Na exposición podedes atopar follas de árbores de Galicia, follas de especies invasoras, de árbores froiteiras e de árbores e arbustos ornamentais.
A exposición estará aberta, a toda a comunidade educativa, durante os recreos do mércores 13  e xoves 14 deste mes de maio.

DELF

Hoxe xoves vai ter lugar no Centro a parte oral do exame "Diplôme Elementaire de Langue Française".

Boa sorte aos que se presentan.

Correlingua 2015

O próximo venres, o alumnado de 1º da ESO e do grupo de PDC de 3º da ESO participará no Correlingua 2015 ("O galego, a nosa creación común"). A actividade consistirá nun pequeno percorrido reivindicativo en defensa do galego polas rúas do vila xunto co alumnado doutros centros da comarca e nun concerto na Praza da Feira, que será presentado por Isabel Risco. A participación do noso centro está organizada polo Equipo de Normalización Lingüística, coa colaboración do Departamento de Lingua Galega e Literatura.

A nosa creación común.jpg

VI Copa Galicia Internacional de Trampolín

O xoves 23 de abril decenas de alumnos da Estrada puideron gozar das camas elásticas e demais esctructuras traídas para a celebración da VI Copa Galicia Internacional de Trampolín, que tivo lugar a fin de semana pasada. El faro de Vigo dou conta da noticia.

Xoves 30 de abril, día non lectivo

Segundo o punto 2 do artigo 7 da Orde do 13 de xuño de 2014, os centros teñen dereito a solicitar un ou dous días non lectivos cando as festas laborais de carácter local non coinciden con días de clase. Un deles é o próximo xoves 30 de abril de 2015, e polo tanto non haberá clase.

Excursión a París

Premendo aquí poden acceder as fotos da excursión que realizaron a París os alumnos deste Centro.

Visita de estudos do alumnado de 3º de ESO ao centro de educación ambiental das Corcerizas (Ourense)

O vindeiro mércores 29 de abril, o alumnado de Tecnoloxía de 3º de ESO realizará unha visita de estudos ao centro de educación ambiental das Corcerizas, situado no corazón da Serra de San Mamede (Vilar de Barrio - Ourense), o cal é pioneiro en Galicia e referente a nivel estatal no uso das enerxías renovables, o tratamento alternativo dos residuos e a bioconstrución.

corcerizas.jpg

Haikus no clube de lectura este mércores

Lembrade que mañá mércores temos xuntanza do clube de lectura ás 16:30 para xogar, ler, crear.... HAIKUS coma este...

Un vello estanque
Unha ra que se ensume
Ruído da auga

Furu-ike ya
Kawazu tobikomu
Mizu no oto 

Matsuo Kinsaku «Bashō»
(Ueno 1644—Osaka, 12 de outubro de 1694 ou 28 de novembro de 1694) 

Máis HAIKUS neste doc

haikus.jpg
Distribuir contido