Novas

Noticieiro do centro

El Mehdi El Nabaoui gañador da Carreira Pedestre de Santiago

O pasado domingo 30 de outubro o noso alumno El Mehdi El Nabaoui de 1º ESO A resultou gañador na categoría escolar da Carreira Pedestre en Santiago cun tempo de 25:02 nos sete kilómetros. Moitísimas felicidades!

Máis información neste enlace.

Carreira Pedestre.jpg

Obradoiros

O pasado venres 21 de outubro foron presentados algúns dos obradoiros que serán desenvolvidos en centros educativos da Estrada. No MGB teremos un de "Resolución de conflictos e asertividade" en 1º de ESO e outro de "Prevención de condutas violentas" para 3º de ESO. Terán lugar nas horas de titoría e foron organizados polo departamento de Orientación en colaboración coa asociación Acrofam e o concello.

Máis información en La Voz de Galicia ou no Faro de Vigo.

Tartufo

Hoxe martes 11 de outubro o alumnado de 3º PMAR, 1º de Bacharelato e de Literatura Galega do século XX e da Actualidade de 2º de Bacharelato viaxan a Santiago para asistir á representación do Tartufo de Molière do Centro Dramático Galego.

É unha actividade organizada polos departamentos de Lingua Galega e Castelá.

tartufo.jpg

"Produto do país". Galego nas aulas

No IES MGB buscamos potenciar o uso da lingua galega en todos os aspectos, e desde a titoría de 1 ESO C do curso pasado recórdannolo con este vídeo.

Alumnas do MGB xogan ao Flag Football

Varias alumnas do noso centro formarán parte este ano da nova sección feminina creada polo clube de fútbol americano estradense "A Estrada Bestas". Competirán na modalidade Flag Football. Moita sorte!

Máis información nesta ligazón.

bestas-amplian.jpg

"Maquinando" no MGB

Onte xoves 29 de setembro visitou o noso centro a compañía de teatro The Momento Impro para levar a cabo unha actividade de improvisación teatral co alumnado de 1º de bacharelato. Tedes máis información neste enlace. Moitas grazas polo bo momento que pasamos!

DS30C8F1.jpg

Fotos do obradoiro de música electrónica con obxectos cotiáns

O pasado martes 24 de maio o alumnado que cursa Tecnoloxía Industrial I e II participou na actividade "Obradoiro de música electrónica con obxectos cotiáns", organizada polo Departamento de Tecnoloxía e financiada pola ANPA do centro. Dito Obradoiro foi impartido polo enxeñeiro electrónico e músico Mateo Mena Calavia.
O obxectivo da actividade foi a construción de diversos dispositivos sonoros a través de cadanseu proxecto concreto. Para isto empregáronse materiais cotiáns xa que o obxectivo primordial foi o de estimular a creatividade, a concienciación ambiental e a aprendizaxe cooperativa, poñendo en xogo coñecementos concretos de tecnoloxía (electrónica, electricidade) e xerais de física, química e música.

Velaquí unha reportaxe gráfica de dito obradoiro:

Obradoiro de música electrónica con obxectos cotiáns

Correlingua 2016

Mañá martes 31 de maio o alumnado de 1° de ESO participará no Correlingua. A actividade consistirá nun pequeno percorrido reivindicativo en defensa do galego polas rúas da vila, xunto con alumnado doutros centros educativos da comarca. 

Finalistas no Certame Nontedurmas

As nosas alumnas de 4º de ESO Ainhoa Vivel, Alba Mato e Sandra Ferreiro resultaron finalistas do IV Certame de Relato Curto da FANPA. O día 31 de maio saberemos se algunha delas é a gañadora. Moita sorte!

Máis información nesta ligazón.

Alba Martínez e Luis Manuel García, finalistas do concurso televisivo "Yo bailo"

A nosa alumna de 2º de Bacharelato Alba Martínez e o seu curmán e antigo alumno Luis Manuel García resultaron finalistas a pasada semana do concurso "Yo bailo" no programa "¡Qué tiempo tan feliz!" de Telecinco.

Máis información nesta ligazón. Tamén no vídeo de presentación e no vídeo da súa actuación que nos ofrece o Club de baile Deportivo SondoDance ao que eles pertencen.

Noraboa!

Alba Martínez e L. Manuel García.jpg

Charla da escritora Elena Martínez

O vindeiro mércores 6 de abril ás 10:45 horas a escritora Elena Martínez virá ao noso centro a falar da súa obra aos rapaces de 3º de ESO. Trátase dunha actividade organizada polo departamento de Orientación.

portada.jpg

Alumnado admitido no Centro

Unha vez rematado o 29 de marzo de 2016 o prazo de presentación de solicitudes de reserva de praza para o vindeiro curso 2016-2017, informamos a todos os solicitantes que teñen asegurada a dita praza neste Centro.

Saída didáctica ao parque eólico de Sotavento e ao MUNCYT

O vindeiro martes 29 de marzo o Departamento de Tecnoloxía organiza unha saída didáctica co alumnado de 2º de ESO. Pola mañá visitarase o Parque eólico didáctico-experimental de Sotavento (Xermade - Lugo) e pola tarde realizarán unha xincana guiada polo MUNCYT (Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía - A Coruña).

O proxecto "A tres bandas" de Mariano no programa Metrópoles Delirantes

No enlace podedes escoitar a entrevista que no programa de radio sobre cómics Metrópoles Delirantes lle fixeron a Mariano, e onde fala do seu proxecto "A tres bandas".

Metrópoles Delirantes

Campionato Galego de Salvamento e Socorrismo

No Campionato Galego de Salvamento e Socorrismo que tivo lugar a fin de semana pasada en Carballo, houbo alumnos do noso Centro que acadaron algún dos premios. Máis información en El Faro de Vigo.

Distribuir contido