Novas

Noticieiro do centro

Xornada de portas abertas para as familias interesadas en coñecer o centro

O mércores 15 de Marzo, a partir das 16:30, as familias que o desexen poderán achegarse ao noso instituto para coñecelo máis de preto. O equipo directivo informaralle das características do centro e da oferta educativa (ofrecemos catro modalidades de bacharelato); poderán ver as instalacións e plantexar todas aquelas dúbidas que poidan ter de cara a unha posible solicitude de praza (o prazo está aberto ata o 20 de marzo).

Formación do alumnado participante no programa CPInclúe

   O pasado martes 29 de novembro 22 alumnos e alumnas de 1º a 3º da ESO, escollidos polos seus propios compañeiros e compañeiras, participaron nunha intensa xornada formativa como axudantes á convivencia dentro do programa CPInclúe. É de agradecer á formadora Jenni o seu traballo e enerxía transmitidos nesa xornada. 

Parabéns ao noso alumnado polos excelentes resultados nas probas ABAU-Xuño 2022

Un ano máis, felicitamos orgullosos ao noso alumnado polos excelentes resultados nas probas ABAU:

  • con 61 matriculados (58 APTOS), obtivemos un 95% de APTOS, fronte ao 93% da media galega.

Parabéns a toda a comunidade e especialmente aos futuros universitarios.

Imaxes do acto de despedida de 2º de Bacharelato

Aquí están por fin as imaxes do acto de Despedida do MGB 2022!

Despedida 2022

Inauguración da mostra "Manuel García Barros. Vida, obra e pensamento" no MGB

Así recollía a Voz de Galicia a inauguración da mostra "Manuel García Barros. Vida, obra e pensamento":

-----

Con motivo do 50 aniversario do pasamento do escritor Manuel García Barros o mestre e investigador estradense Carlos Loureiro e o editor Xesús Domínguez comisarian unha mostra titulada "Manuel García Barros. Vida, obra e pensamento".

A exposición, que se estreou na Casa das Letras, ten carácter itinerante e, de aquí a marzo, visitará todos os centros de ensino da Estrada. Onte inaugurouse no IES García Barros, para sementar a curiosidade polo home que da nome ao centro.

Fotografía de Miguel Souto

------

Nova actividade de "Escola de Familias", mércores 11 de maio

Unha nova actividade de Escola de familias, "Cara unha educación consciente", terá lugar este mércores, 11 de maio ás 19:30 horas.

O relatorio será conducido pola psicopedagoga Ana Fontán.

Será por streaming no enlace www.lalin.gal/aquelar e toda a comunidade educativa está convidada a participar.

Tamén podes consultar o cartaz do evento.

Actividade "Educar no uso de Internet e as TIC", venres 6 maio 20:00 horas

O vindeiro venres 6 de maio, ás 20:00 horas, terá lugar a actividade de Escola de familias "Educar no uso de internet e as TIC".

Estará dirixida por Patricia Gómez, psicóloga especialista e integrante da Unidade de Psicoloxía do consumidor e do usario da USC.

Será por streaming dende a ligazón www.lalin.gal/aquelar e toda a comunidade educativa está convidada a participar. 

Escola de familias

Neste arquivo pódese atopar o programa da Escola de familias que se vai a desenvolver proximamente e no que está convidada a participar toda a comunidade educativa .

O programa consta dun ciclo de conferencias e obradoiros, combinando as modalidades en liña e presencial. 

Axudas destinadas a alumnos para actividades de formación en linguas extranxeiras

Convócanse axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2022, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos. (DOG do día 31 de xaneiro, da Orde do 11 de xaneiro de 2022)

O prazo de presentación de solicitudes abarca dende o día 1 ao 28 de febreiro. Consulta toda a información neste cartel.

Para máis información sobre este programa, así como a aplicación "en liña" que se menciona na convocatoria, visita esta páxina web.

Superamos os 2 millóns de visitas na nosa web!

Esta semana vimos de superar os 2 millóns de visitas na nosa web, que leva na rede dende o ano 2006. Pode ser un bo momento para recordar a historia do MGB e volver botar unha ollada á orla da súa primeira promoción, anos 1967-1974. 

Podes consultar todas as estatísticas das visitas nesta páxina.

Desenvolvemento do Programa Meteoescolas durante o curso 2020-21

O profesorado que coordina o programa Meteoescolas no noso centro quere facer balance do desenvolvemento de dito proxecto este curso facendo constar os seguintes agradecementos:

  • Ao alumnado de 3º de ESO e 1º BAC A pola profesional e sistemática recollida de datos meteorolóxicos ao longo de todo o curso (actividade que realizou cada día unha parella durante a 1ª hora de clase).
  • Aos alumnos Adrián Blanco e Daniel Ruibal de 1º de BAC A pola montaxe electrónica da estación de calidade do aire sacrificando os seus recreos do mes de maio.
  • Ao profesor Arturo Vizcarra por ceder altruistamente unha tablet que facilitou a recollida de datos por parte do alumnado na estación meteorolóxica manual.
  • Á profesora Patricia Pérez por colaborar co seu grupo dos mércores a 1ª hora na recollida de datos da estación meteorolóxica manual.

Respecto do desenvolvemento global do proxecto, inda que non se puido levar adiante nun curso tan complicado organizativamente o tratamento estatístico dos datos meteorolóxicos históricos que actualmente xa están dixitalizados (quedará pendente como obxectivo prioritario para o vindeiro curso), si que estamos moi satisfeitos por ter acadados dous dos obxectivos prioritarios deste curso:

  • Establecer unha rutina sistemática de rexistro de datos meteorolóxicos da estación manual do centro por parte do alumnado que permita seguir incorporando datos á web de Meteoescolas.
  • Incorporar un sistema automático de medición que permita rexistrar datos meteorolóxicos básicos (temperatura e humidade), con vistas a ser ampliado en vindeiros cursos (pluviometría e dirección e velocidade do vento).

En relación co anterior aproveitamos para informar que este curso o noso centro incorporouse á rede estatal de centros Educacont, da cal somos o primeiro centro de Galicia en participar. O obxectivo principal de dita rede é o estudo da contaminación na contorna dos centros escolares para o cal instalouse un sistema de control baseado en Arduino alimentado por enerxía solar, xunto cos seus correspondentes sensores e cuxos datos pódense consultar en tempo real nesta páxina.

meteoescolas_20-21.jpg

Instalación por parte dos responsables do alumnado da aplicación Abalar Móbil

Lembramos que, tal e como se informa todos os anos ao inicio do curso, está a disposición dos pais, nais e responsables legais do alumnado do IES Manuel García Barros a aplicación para smartphones “Abalar Móbil”. A partir da mesma poderase acceder, entre outros, aos seguintes servizos básicos relacionados co alumno/a:

  • Cualificacións académicas.
  • Mensaxes informativas por parte do profesorado, titor e equipo directivo, DE ESPECIAL IMPORTANCIA NO ACTUAL PERIODO DE SUSPENSIÓN DE CLASES.

Pódese obter máis información sobre o Abalar Móbil nas seguintes ligazóns:

Para instalar a aplicación Abalar Móbil pode empregar as ligazóns seguintes:

Smartphone Android Smartphone Iphone

http://play.google.com/store/apps/details?id=es.xunta.edu.abalarmobil

http://itunes.apple.com/es/app/abalarmobil/id660608502

Obradoiro de Cyberseguridade do INCIBE

O pasado xoves 5 de marzo, de 16:00 a 20:00 horas, tivo lugar no noso centro a xornada técnica "Espacios de ciberseguridad para estudiantes” que o INCIBE (Instituto Nacional de Ciberseguridad) está a realizar nalgúns centros de Galicia. Nesta xornada técnica estivo dirixida ao alumnado de bacharelato que cursa as materias de TIC I e TIC II e nela realizaron de xeito práctico e con exercicios reais como funcionan determinados aspectos da ciberseguridade. Estas xornadas son gratuitas, tanto para o centro como para os alumnos, e outorgaráselle un diploma de asistencia ao alumnado participante.

Dende o Departamento de Tecnoloxía, solicitante e coordinador desta xornada no noso centro, agradecer a Cristian, poñente enviado polo INCIBE, a boa dispoñibilidade e o amena, interesante e útil que resultou para o noso alumnado.

Coma sempre, na correspondente galería do Flickr do centro tedes imaxes do envento.

incibe.png

Mantrailing. Mis perros, mis maestros. Método Carbajal.

O profesor Miguel Carbajal presentou o seu libro "Mantrailing. Mis perros, mis maestros. Método Carbajal", con revisión lingüística da profesora Sonia Iglesias.

Nova na prensa:

Mockup_mantrailing_01.png

Exposición "Medindo o Universo. A historia das medidas"

Os alumnos e alumnas de Tecnoloxía de 4º de ESO organizaron e montaron os paneis que ata o vindeiro 18 de outubro poderedes observar no andar a carón da Biblioteca coa exposición "Medindo o universo: a historia das medidas". As láminas desta exposición foron impresas á súa vez da exposición homónima do LOMG (Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia). Agardamos que sexa do voso interese e aprendades moito con ela.

Se queredes consultar online a exposición facede clic aquí.

exposicion_medindo_o_universo.png
Distribuir contido