Novas

Noticieiro do centro

Exposición "Científicos Galegos 2008-2018"

Ata o vindeiro luns 6 de maio estarán expostos no hall do primeiro andar do centros os carteis da exposición "Científicos Galegos 2008-2018", cedidos ata esa data pola Real Academia Galega de Ciencias. Nela poderemos aprender sobre a vida e obra de sobranceiros científicos galegos que dende o ano 2008 ata o 2018 foron homenaxeados con motivo do Día da Ciencia en Galicia. Informarvos tamén que o Científico Galego 2019 corresponde á figura do químico Tomás Batuecas.

IMG_20190430_143053_024.jpg

Éxito do alumnado do IES MGB na V competición de robots da UVigo: 1º e 3º postos!

O pasado venres 26 de abril varios equipos formados por alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato que cursan Tecnoloxía Industrial I conseguiron un éxito sen precedentes na V competición de robots da Universidade de Vigo: dos 6 equipos que polo noso centro se inscribiron á competición, 5 deles chegaron á final acadando dous deles o 1º e o 3º posto! Cómpre engadir que a esta competición acudiron máis de 150 equipos de institutos de toda Galicia, polo que os seus profesores e resto da comunidade educativa non podemos estar máis orgullosos dos nosos alumnos, independentemente de que acadaran ou non o podio, dado que todos eles amosaron unha gran capacidade de traballo en equipo e de entrega por acadar este gran éxito para o centro.

Parabéns e bravo por eles!!

Notas de prensa:

ganhadores_v_competicion_robots_uvigo2.jpg

21 de marzo: día Mundial do Síndrome de Down

Con motivo do Día Mundial das Persoas con Síndrome de Down, a Federación Down Galicia  lanzou a campaña de visibilización e sensibilización Tan diferentes como iguais. 

Con esta proposta, o movemento Down, en Galicia, pretende poñer en valor o concepto da diferenza e tamén dar visibilidade á idea de que ningunha persoa é igual a outra e que, precisamente, esa diferenza é a que nos enriquece como sociedade.

A ex alumna Xoana Barcala Gosende fala do seu libro "Descubriendo la luz"

No seguinte enlace podedes ver á nosa ex-alumna presentado en televisión o libro Descubriendo la luz do que é coautora. Parabéns.

http://www.rtve.es/m/alacarta/videos/la-tarde-en-24-horas/tarde-24-horas-barra-ciencia-22-01-19/4948544/?media=tve

Visita de estudos do alumnado de Tecnoloxía e Tecnoloxía Industrial Ás Pontes

O pasado martes 23 de xaneiro, o alumnado que curso Tecnoloxía de 4º de ESO  e Tecnoloxía Industrial I e II de Bacharelato participou dunha visita de estudos ao Concello das Pontes. Neste importante concello industrial puideron ver de primeira man o funcionamento da central térmica de carbón e a de ciclo combinado, así como importantes empresas de mecanizado de madeira (Areda) e metal (Prometal). Dende aquí dar as grazas ao departamento de turismo do Concello das Pontes polas xestións que nos facilitaron estas visitas.

foto_grupo.jpg

A nosa maqueta

O pasado luns 4 de decembro inauguramos a maqueta do noso concello realizada polo alumnado de Volume de 1º de Bacharelato co profesor Mariano Casas.

Máis información sobre as súas características e proceso de elaboración nesta ligazón.

Parabéns aos autores!

IMG-20171212-WA0004.jpg

Éxito do alumnado do IES Manuel García Barros na III competición de robots da Universidade de Vigo

Podemos estar ben orgullosos do alumnado de 1º de BAC que cursa as materias de Tecnoloxía Industrial I e TIC I e que participou na III competición de robots da Universidade de Vigo o pasado venres 28 de abril.

P70428-141231_0.jpg

Viaxe de 4º de ESO a Milán

Trinta e nove alumn@s de 4º de ESO viaxaron o domingo pasado a Milán. Están acompañad@s pol@s profesor@s Chelo Vázquez, Mariano Casas e X. Xosé Pérez. Estarán de volta o vindeiro venres 21 de abril. Agardamos que o pasen moi ben e aprendan moitas cousas!

Milán.jpg

Visita do alumnado de Tecnoloxía Industrial II a TELEVÉS

O pasado venres 17 de marzo o alumnado de 2º de Bacharelato que cursa Tecnoloxía Industrial II realizou unha visita guiada ás instalacións da empresa de telecomunicacións TELEVÉS, situada en Santiago.

WhatsApp Image 2017-03-20 at 10.35.00.jpeg

Alerta meteorolóxica

A Consellería acaba de informar dunha alerta meteorolóxica que afecta, entre outros, ao concello da Estrada. Por conseguinte, e tras recibir instrucións de Xefatura Territorial:

1. Non se suspenden as clases.
2. Suspéndese o transporte escolar entre mañá ás 12:00 horas e o xoves á mesma hora.
3. Suspéndense as actividades no exterior.

Máis información nesta ligazón.

El Mehdi Nabaoui título nacional nos 3.000 metros

De novo o noso alumno de 1º de ESO El Mehdi Nabaoui acaba de conseguir o título de campión nacional cadete nos 3.000 metros lisos. Foi no Campionato de España de Pista Cuberta disputado o pasado fin de semana en Antequera.

Parabéns a El Mehdi e ao CD San Paio!

Máis información nesta ligazón.

Mabaoui.jpg

Proxecto IRIS

O Proxecto Iris, integrado en Erasmus+, consiste na promoción da prevención contra o racismo, a violencia e a intolerancia no deporte (escolar e infantil en xeral). O noso profesor Mariano Casas participou a través da USC elaborando un cómic que se pode descargar nesta ligazón.

lris_logo.png

Xornada sobre Olimpio Arca e o teatro escolar

Alumnado de 1º e 3º de ESO do noso instituto a cargo do departamento de Lingua e Literatura Galega participaron onte na xornada sobre Olimpio Arca e o teatro escolar. O Faro de Vigo faise eco da noticia.

Olimpio.jpg

A profesora Magaly Barreiro no CEIP do Foxo

O pasado luns 21 de novembro a profesora Magaly Barreiro visitou o CEIP do Foxo para presentar a súa experiencia en Islandia ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria.

Máis información nesta ligazón.

thumb.jpeg

Novo triunfo de Mehdi Nabaoui

O pasado domingo o noso alumno Mehdi Nabaoui, atleta do Club Deportivo San Paio, acadou de novo o triunfo no Cross de Atapuerca, proba de gran prestixio internacional e considerada a mellor de España deste tipo.

Parabéns de toda a comunidade educativa!

mehdi-nabaoui.jpg
Distribuir contido