Xefatura de estudios

Información sobre o final de curso para 2º de bacharelato (notas e revisión das cualificacións).

No enlace tedes toda a información sobre o final de curso para 2º de bacharelato: publicación de notas e prazos de revisión e posibles reclamacións.

Folla informativa.

IMPORTANTE: comunicacións relativas á COVID-19

Todas as comunicacións relativas á COVID-19 deben realizarse a través do seguinte enderezo electrónico:

coordinacion-covid@iesgarciabarros.org

Comezo do novo curso 2020-2021: presentacións e instrucións iniciais

As presentacións levaranse a cabo os días 23, 24 e 25 de setembro co seguinte horario:

Mércores 23 de setembro:

09:00: 1º ESO A                11:15: 2º ESO A

09:45: 1º ESO B                12:00: 2º ESO B

10:30: 1º ESO C                12:45: 2º ESO C

Xoves 24 de setembro:

09:00: 3º ESO A e PMAR      11:15: 4º ESO A

09:45: 3º ESO B                  12:00: 4º ESO B

10:30: 3º ESO C                  12:45: 4º ESO C

Venres 25 de setembro:

09:00: 1º BAC A                  11:00: 2º BAC A

09:30: 1º BAC B                  11:30: 2º BAC B

10:00: 1º BAC C                  12:00: 2º BAC C

10:30: 1º BAC D                  12:30: 2º BAC D

INSTRUCIÓNS INICIAIS PARA O CURSO 2020-2021

MODELO DE DECLARACIÓN RESPONSABLE

VOLTA SEGURA ÁS AULAS

Volta ao centro en setembro

A partir de mañá, 1 de setembro, volve a actividade ao noso centro. Á espera das indicacións da consellería para o inicio das clases o 16 de setembro, lembrade:

1. Se tes síntomas compatibles coa COVID 19, non acudas ao centro e busca asistencia sanitaria.

2. Catro indicacións básicas para os primeiros días de exames e notas:

  • O uso de mascarilla é obrigatorio en todo momento.
  • Mantén a distancia de seguridade e non compartas material.
  • Hixieniza as mans ao entrar e ao saír.
  • Segue en todo momento as indicacións do profesorado.

Calendario de setembro

No calendario adxunto podedes consultar as datas dos exames de setembro, e todo o relativo a recollida de notas, revisións e reclamacións.

Calendario.

Fin de curso: entrega de notas, revisións e consello orientador

No enlace podedes consultar toda a información referida ao fin de curso para a ESO e 1º de bacharelato.

Enlace ao calendario detallado.

Datas clave:

  • Día 23 ás 17 horas. Publicación das notas na plataforma Abalar Móbil.
  • Día 25 entre 10 e 14 horas. Revisións co profesorado da materia.
  • Días 25 e 29 entre 10 e 14 horas. Solicitudes de revisión ante os departamentos.
  • Día 30. Envío dos consellos orientadores.

Fin dunha etapa para o noso alumnado de 2º de Bacharelato

Realizada a avaliación final de 2º de Bacharelato, titularon 82 dos 87 alumnos/as matriculados este curso.

E acadaron Matricula de Honra, cos catro mellores expedientes: Nuria Sanmartín Figueira, María Mato Requeijo, Mencía Vidal Obelleiro e Ana Quintela Mato.

A todas e todos queremos trasmitirlle a nosa noraboa e os nosos mellores desexos na nova etapa que comezan.

En recordo dos tempo que pasaron no centro, a profesora Marisa Otero elaborou o seguinte video:

Nova en La Voz de Galicia.

Calendario fin de curso para o alumnado de 2º de bacharelato: entrega e prazos de revisión das cualificacións

O vindeiro luns 8, ás 18 horas, publicaremos as notas finais de 2º de bacharelato na plataforma Abalar Móbil. No enlace podedes consultar a información referida a revisión das cualificacións co profesorado da materia e cos departamentos.

Para o alumnado que así o desexe, poderá recoller o boletín no centro o martes 9, entre 9 e 11 horas da mañá, concertando antes a entrega no teléfono do centro, o 986 590104.

Calendario.

ABAU 2020: Normativa e organización. Aspectos prácticos.

Na seguinte ligazón pódese acceder a toda a información que o alumnado debe coñecer sobre a normativa-organización que regula a ABAU e os seus aspectos máis prácticos:

PRESENTACION CHARLA ABAU 2020

Respectando todas as medidas de prevención establecidas, programaranse varias datas para a celebración presencial da charla impartida polo profesor Augusto Otero, en varias quendas e con aforo limitado. Informoremos nos próximo días.

Clases presenciais para o alumnado de 2º de bacharelato a partir do 25 de maio

A partir do luns 25 de maio retomamos as clases presenciais para 2º de bacharelato segundo o calendario do enlace. Lembra que seguimos en estado de alarma:

1. Non esquezas a túa mascarilla.

2. Mantén a distancia de seguridade (2 metros).

3. Desinfecta as túas mans ao entrar no centro e sigue estrictamente as indicacións que atoparás na entrada.

Enlace ao horario!

Enlace ás instrucións!

Instalación por parte dos responsables do alumnado da aplicación Abalar Móbil

Lembramos que, tal e como se informa todos os anos ao inicio do curso, está a disposición dos pais, nais e responsables legais do alumnado do IES Manuel García Barros a aplicación para smartphones “Abalar Móbil”. A partir da mesma poderase acceder, entre outros, aos seguintes servizos básicos relacionados co alumno/a:

  • Cualificacións académicas.
  • Mensaxes informativas por parte do profesorado, titor e equipo directivo, DE ESPECIAL IMPORTANCIA NO ACTUAL PERIODO DE SUSPENSIÓN DE CLASES.

Pódese obter máis información sobre o Abalar Móbil nas seguintes ligazóns:

Para instalar a aplicación Abalar Móbil pode empregar as ligazóns seguintes:

Smartphone Android Smartphone Iphone

http://play.google.com/store/apps/details?id=es.xunta.edu.abalarmobil

http://itunes.apple.com/es/app/abalarmobil/id660608502

Campaña de vacinación contra o meningococo ACWY

O vindeiro martes 18 de febreiro o Sergas virá ao centro para vacinar ao alumnado autorizado no marco da campaña de vacinación contra o meningococo ACWY. Trátase de alumnado nacido nos anos 2001, 2002 e 2003 (3ºA/B, 4º A/B/C e todo Bacharelato). Será en horario de 10:00 a 13:00 horas aproximadamente.

Campaña de vacinación fronte ao meningococo para os nados en 2001, 2002 e 2003

O Sergas vén de pedir a colaboración do centro na súa campaña fronte ao meningococo para o alumnado nado nos anos 2001, 2002 e 2003. Non vindeiros días, os seus fillos e fillas levarán a casa unha circular informativa e un modelo de autorización. Temos ata o 6 de febreiro para recoller as autorizacións, e xa ao longo do mes de febreiro, especialistas do Sergas acudirán ao noso centro para proceder á vacinación do alumnado autorizado.

Información da vacina.

Autorización.

Inicio do programa Refórza-T

O noso centro foi seleccionado para o programa da Consellería Refórza-T, para alumnado de 1º e 2º da ESO. Estamos á espera de que sexa nomeado o profesor ou profesora encargado, e so entón faremos unha reunión coas familias antes de iniciar as clases.

Distribuir contido