Xefatura de estudios

Días non lectivos no MGB

Os días non lectivos autorizados polas autoridades educativas para o presente curso son o 4 de novembro e o 20 de marzo. Polo que estes días non haberá clases no noso instituto.

Reunión de inicio de curso coas familias o vindeiro martes 1 de outubro

O vindeiro martes 1 de outubro teremos a presentación familias, titores e equipo directivo na sala de Usos Múltiples do centro no horario que figura na circular que vos entregarán os vosos fillos e fillas entre hoxe e mañá, e que podedes consultar no enlace.

CIRCULAR

Normativa respecto do uso dos móbiles

O pasado 10 de setembro enviamos aos domicilios do alumnado a circular de inicio de curso na que se informa da nova normativa respecto do uso dos móbiles, acorde coa normativa estatal e autonómica, e recollida nas NOF (normas 11 e 16).

Consulta aquí a circular.

Consulta aquí as NOF.

Parabéns ao noso alumnado polos excelentes resultados nas probas ABAU

Un ano máis, felicitamos orgullosos ao noso alumnado polos excelentes resultados nas probas ABAU. Con 55 matriculados, obtivemos un 98,2% de APTOS, fronte ao 91,5% da media galega.

Parabéns a toda a comunidade e especialmente aos futuros universitarios.

Listaxes definitivas de alumnado seleccionado e suplente nas actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2019

No enlace pódese consultar as listaxes definitivas de alumnado seleccionado e suplente correspondentes ao disposto no artigo 17.6 da Orde do 4 de febreiro de 2019 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2019, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos.

Listados.

Contido da charla da ABAU 2019

Logo da charla organizada polo Departamento de Orientación e impartida polo profesor Augusto Otero (4 de abril) para o alumnado de 2º Bacharelato sobre a normativa vixente e aspectos prácticos da ABAU 2019, adxuntamos ficheiro do contido da mesma que pode ser consultado neste documento.

Charla ABAU 2019 impartida polo profesor Augusto Otero o vindeiro 4 de abril

XOVES 4 de ABRIL todo o alumnado de 2º Bacharelato deberán asistir a unha charla organizada polo Departamento de Orientación e impartida por Augusto Otero, ás 10:45 horas en Usos Múltiples (duración: 3ª y 4º horas), sobre “ABAU 2019: NORMATIVA E ASPECTOS PRÁCTICOS”.

Para máis información sobre os contidos a tratar, premer en ler máis.

Enquisas de convivencia (circular nº3)

Durantes estes días e ata o 17 de marzo como data límite, a comunidade educativa do MGB realizará unhas enquisas de convivencia da Consellería como parte da Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2015-2020 . As instruccións para a realización das enquisas ás familias serán distribuídas estes días mediante a circular nº3. Calquera dúbida, poñédevos en contacto co equipo directivo de centro.

CIRCULAR Nº3

O vindeiro 2 de novembro non haberá clases no MGB

Lembrade que o día 2 de novembro non haberá clases no noso instituto ao ser autorizado como non lectivo polas autoridades educativas.

Recepción ás familias do alumnado do MGB o martes 2 de outubro

O vindeiro martes 2 de outubro titores e equipo directivo reunirémonos coas familias do noso alumnado a partir das 18:15. Podedes consultar o horario na Circular Nº 2 xa enviada.

Circular.

 

Comezo do curso 2018-2019: listas de grupos e materias e presentacións

O venres 14, ás 10, faremos públicas no Centro as listas provisionais de grupos e materias. Atenderemos calquera erro ou omisión ata as 11:30.

O luns 17 arranca o curso 2018-2019. O alumnado deberá presentarse no Centro no seguinte horario:

  • 9:30, 2º de Bacharelato (recepción polos titores)
  • 10:00, 1º de Bacharelato (reunión en Usos Múltiples con Dirección e titores)
  • 11:00, 4º da ESO (recepción polos titores)
  • 11:30, 3º da ESO (recepción polos titores)
  • 12:00, 2º da ESO (recepción polos titores)
  • 12:30, 1º da ESO  (reunión en Usos Múltiples con Dirección e titores)

A prensa recolle os excelentes resultados do alumnado do MGB nas probas ABAU nos últimos anos.

A prensa de hoxe recolle os excelentes resultados do alumnado do García Barros nas probas ABAU, e mesmo detaca a singularidade do noso Centro, o terceiro de Galicia entre os que presentan entre 50 e 99 alumnos.

Noticia completa.

Resolución ás revisións das reclamacións presentadas aos Departamentos

As resolución ás reclamacións presentadas ante os Departamentos Didácticos serán entregadas o venres 29 ás 10:00h na Secretaría do Centro.

Resultados da ABAU-2018 na convocatoria ordinaria de xuño

O alumnado de 2º Bacharelato do IES Manuel García Barros acadou un 100 % de aprobados na Avaliación do Bacharelato para o Acceso a Universidade na convocatoria ordinaria de xuño.

Presentáronse ás probas 51 alumn@s.

En Galicia a media de aprobados foi do 90,7 %.

Noraboa ao noso alumnado!!!

Calendario de exames de setembro e entrega de notas

No seguinte enlace podedes descargar o calendario de exames de setembro para a ESO e para o Bacharelato, e as datas de entrega de notas, revisións de exames e reclamacións.

Calendario.

Distribuir contido