Saltar navegación.
Inicio

Novas

Formas de contacto co profesorado do Departamento de orientación

Dende o Departamento de Orientación poñemos a disposición de alumando e familias, así como calquera outro membro da comunidade educativa que precise contactar con nós, os correos electrónicos seguintes: 

María Rodríguez (profesora de PT): mariamestrapt.edu20@gmail.com

Ruth Sabucedo (profesora de PT): rsmorillo@edu.xunta.gal

Paula Martínez (profesora de FOL): paula.martinez@edu.xunta.gal

Ana Belén Fernández (orientadora): orientacion@iesmarcodocamballon.com

Suspensión dos procesos de admisión

Interrómpense o prazo para a presentación de solicitudes de admisión. O cómputo dos prazos reiniciarase no momento en que perda vixencia o acordo do Cecop ou, se é o caso, as prórrogas destetal como se establece na disposición adicional terceira do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crisis sanitaria ocasionada polo COVID-19 e no apartado sétimo do Acordo do Centro de Coordinación Operativa (Cecop), mediante o que se adoptan medidas preventivas en lugares de traballo do sector público autonómico como consecuencia da evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19. 

ABAU, notas de corte e táboas de ponderación

Á espera de que se concreten novas datas para a realización da ABAU, ante o posible aprazamento das probas por mor da suspensión temporal das clases pola situación de pandemia que estamos a vivir, xúntase información relativa ás probas no caderno adxunto na parte inferior. Tamén podedes consultar as notas de corte e táboas de ponderación. Asemade, inclúese un documento coas instrucións que o alumnado debe ter en conta para a realización das probas, pero, se o preferides, podedes visualizar esas instrucións no vídeo publicado pola CIUG.

Guía de saídas profesionais dos Graos Universitarios

 

Compartimos a Guía de saídas profesionais da Universidade de Granada, con información moi interesante sobre as distintas carreiras universitarias e a súa inserción laboral. 

Podedes consultala de cara a completar o proceso de busca de información para a toma de decisións vocacionais. A guía inclúe para os distintos Graos, a informacón seguinte: 

- Descrición da carreira

- Perfil competencial

- Mercado de traballo e perspectivas

- Ámbitos profesionais e ocupacións desempeñadas

- Enlaces e outras información de interese

Podedes acceder á guía no seguinte ENLACE

 

 

Axudas para actividades de formación en linguas estranxeiras para alumnado de ESO e BACH no ano 2020

A Consellería de Educación publicou a Orde do 10 de febreiro de 2020 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2020, destinadas ó alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos.

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior

 

Indícase información contida na Orde do 20 de xaneiro do 2020, pola que se convocan probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior de formación profesional para o ano 2020. A orde completa así como o calendario das probas, poden ser consultados nos documentos adxuntos na parte inferior.

Distribuir contido