Saltar navegación.
Inicio

Novas

TIC Emprendes: Aplicacións Móbiles

O programa TIC Emprendes oferta o curso Aplicacións Móbiles, para mozos/as desempregados/as entre 16 e 30 anos e inscritos/as en garantía xuvenil.

Para participar, ademais dos requisitos anteriores, é necesario estar empadroado/a nalgún dos seguintes concellos: O Rosal, Oia, As Neves, Arbo, Crecente, A Cañiza, Covelo, Mondariz, Mondariz Balneario, Fornelos de Montes, A Lama, Pazos de Borbén, Ponte Caldelas, Cerdedo- Cotobade, Campo Lameiro, Moraña, Barro, Meaño, Meis, Portas, Illa de Arousa, Catoira, Valga, Cuntis, Pontecesures, Forcarei, Silleda, Vila de Cruces, Rodeiro, Agolada e Dozón.

A formación é online. Para máis información ou contacto, consultar o cartel adxunto.

Convocatoria de prazas nas residencias da USC

A Universidade de Santiago de Compostela convoca un total de 1061 prazas de aloxamento nas súas residencias. Prazo de presentación de solicitudes ata o 28 de xuño de 2021 ás 14:00 horas.

Información completa e contactos na ligazón.

Novos graos universitarios e mestrados para o curso 2021/2022

 O Sistema Universitario de Galicia (SUG) incorporará  o vindeiro curso dous novos graos da rama de Humanidades e catro novos mestrados universitarios.  

As novas titulacións de grao que se ofertan son: 

  • Grao en Xestión Cultural (USC – Campus Lugo - Facultade de Humanidades)
  • Grao en Filoloxía Aplicada Galega e Española (UVigo – Campus de Vigo – Facultade de Filoloxía e Tradución)

En canto aos mestrados, haberá catro novos másteres:

  • Máster Universitario en Desafíos das Cidades Atlánticas, conxunto entre a UDC, USC, UVIgo e as universidades portuguesas de Minho, Porto, Trás os Montes e Alto Douro.
  • Máster Universitario en Dereito Transnacional, conxunto entre a USC e a Universidade do Minho.
  • Máster Universitario conxunto Erasmus Mundus en Sostenibilidade e Industrial 4.0 da UDC.
  • Máster Interuniversitario en Tecnoloxías, Márketing e Comunicación Política da USC. 

Acceso e admisión a ensinzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño para o curso 21-22

Publicada a Resolución do 28 de abril de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o acceso e admisión do alumnado nas ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño para o próximo curso 2021-2022

Prazos de inscrición: 

  • para ciclos de artes plásticas e deseño de grao medio: ata o 1 de setembro de 2021.
  • para ciclos de artes plásticas e deseño de grao superior: ata o 23 de xuño de 2021.

Para máis información consultar a resolución adxunta. 

Probas de acceso a ensinanzas artísticas superiores para o curso 21-22

A Consellería ven de publicar as distintas resolucións nas que se regulan as condicións de acceso e admisión a distintas ensinanzas artísticas superiores.

Prazo de presentación de solicitudes aberto ata o 17 de xuño de 2021.

Preme nas ensinanzas do teu interese para consultar as características das probas e lugares de realización, entre outras cuestións.

Probas de acceso a ensinanzas deportivas para o curso 21-22

Publicada a Resolución do 4 de maio de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se convocan as probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2021-2022

Prazo de inscrición aberto ata o próximo día 2 de xullo. Consulta as datas de realización das probas, lugar, horarios e máis información na ligazón

Campaña de verán: O verán que mereces

A Consellería de Política Social ven de presentar a campaña de verán  “O verán que mereces” para a mocidade galega. A oferta de actividades inclúe campamentos para nenas e nenos de 9 a 17 anos, intercambios con outras comunidades autónomas, campos de voluntariado para maiores de 18 anos e minicampamentos “Coñece Galicia” en establecementos turísticos.

Contarase con prazas reservadas para persoas con discapacidade e menores tutelados.

Prazo de presentación de solicitudes: sete días hábiles dende o próximo xoves 20 de maio, logo da publicación no Diario Oficial de Galicia.

Máis información na ligazón

Premios extraordinarios de Bacharelato curso 2020/2021

Convocados os premios extraordinarios de Bacharelato para o curso actual. 

Destinatarios: alumnado que remate o bacharelato en convocatoria ordinaria no curso 2020/2021 con nota media igual ou superior a  8,75.

Premios: concederanse un máximo de 20 premios, con cuantía de 1000 € cada un deles. 

Prazo de presentación de solicitudes: 27 abril ao 26 maio de 2021.

Procedemento para a solicitude: 

  • As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), ou directamente dende a propia aplicación PremiosEdu. 
  • Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común

Realización da proba para a obtención do premio: o alumnado deberá realizar unha proba presencial con carácter único en toda Galicia, que se celebrará o próximo 23 de xuño de 2021.

Para consultar a estrutura da proba ou máis información, premer na ligazón

Acreditación do coñecemento de inglés para o Grao en Xestión Industrial da Moda para o curso 2021/2022

A Universidade da Coruña ven de publicar a resolución pola que se establece a convocatoria para a presentación da acreditación do coñecemento do idioma inglés para a admisión aos estudos de Grado en Xestión Industrial da Moda, para o curso 2021/2022. 

As persoas interesadas en cursar estudos do grao indicado, deberán acreditar para ser admitidas, alomenos un dos seguintes requisitos de coñecemento do inglés mediante o correspondente xustificante: 

  • Certificación oficial de nivel B1 de inglés. 
  • Cualificación de inglés cunha nota media dos dous cursos de Bacharelato igual ou superior a 7.
  • Ter cursado, en sistemas educativos de fala inglesa 4º curso da ESO ou un curso de Bacharelato. 
  • Diploma de asistencia e aproveitamento do nivel B1.2 ou superior de inglés, ou diploma de dominio de nivel B1 ou superior do Centro de Linguas da Universdidade da Coruña, ou certificados similares expedidos por outros centros de linguas de universidades españolas.

O prazo de presentación dos xustificantes abrangue dende o 20 de abril ao 16 de xuño de 2021, ambos incluídos. A presentación farase de forma telemática a través da páxina web indicada no anuncio adxunto, no que se pode consultar a información completa. 

Web da Xornada Virtual de Portas Abertas da UDC

A Universidade da Coruña mantén activa a web da Xornada Virtual celebrada hai uns días no seguinte enderezo: https://www.udc.es/es/futuros_estudantes/portas_abertas/

Nel poderedes atopar: 

  • Videoconferencias de todos os Graos
  • Vídeos curtos dos Centros nos que se imparten
  • Vídeos con experiencias de alumnado matriculado e egresado
  • Vídeos da vida Universitaria: Residencias, Deporte, Cultura, Centro de Linguas, Voluntariado, Emprego, UDC Saudable, Oficina de Medioambiente...

De seguro pode ser información moi útil para tomar unha decisión de cara ao futuro!

Distribuir contido