Saltar navegación.
Inicio

Novas

Premios extraordinarios de Bacharelato.Curso 2021-2022

A Consellería ven de publicar esta semana a Orde do 31 de marzo de 2022, pola que se convocan os premios extraordinarios do Bacharelato, correspondentes ao curso 2021/2022. A finalidade dos mesmos é recoñecer e valorar os méritos excepcionais baseados no esforzo e no traballo do alumnado que cursou a etapa cun excelente resultado académico en Galicia. 

Recursos para coñecer o CSHG

ABAU 2022. Toda a información

(Última actualización: 06 de maio de 2022)

Encontros virtuais da USC

Estudantes nunha facultade da USCA USC leva a cabo unha serie de encontros virtuais entre o 7 e 13 de abril. Poderás coñecer a universidade (estudos, instalacións, residencias, programación cultural, ABAU....) e preguntar directamente as dúbidas que desexes. 

Podes consultar as datas e horarios das distintas ponencias e acceder aos encontros aos encontros na ligazón. 

 

 

 

 

 

Escola de familias

Achegamos información sobre o programa de Escola de familias que están a organizar dende o CFR de Pontevedra e o Concello de Lalín, ao que están convidadas as familias e profesorado que o desexen. O programa consta dun ciclo de conferencias e talleres combinando as modalidades online e presencial: 

1 abril: "Preparación para a adolescencia" - Online 

9 abril: "III Encontro de familias" - Presencial: mesa redonda e talleres

22 abril: "Nutrición na infancia" - Online 

6 maio: "Educar no uso de internet e as TICs: claves para comprender e previr" - Presencial 

25 maio: "Educación emocional e sexual na familia" - Online 

3 xuño: "Primeiros auxilios no fogar" - Presencial 

Pódese consultar o cartel completo así como o mail para a inscrición no documento que se xunta. 

 

 

Sesión online: "Falemos de presión, defraudar e de expectativas"

O próximo martes 29 ás 19:30, a psicóloga Alba Nogareda levará a cabo un encontro online e de balde, dirixido a alumnado maior de 16 anos, para falar sobre a presión polo futuro, as expectativas e o medo a defraudar. 

Sen dúbida, unha gran iniciativa e de gran axuda para todo aquel alumnado que se atopa en etapas decisivas e de importante toma de decisións vocacionais, o que as veces xera gran preocupación e mesmo fai aparecer a ansiedade. 
 
As persoas interesadas en participar debedes inscribirvos previamente. Podedes atopar máis información nesta ligazón
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Becas xerais para estudos postobrigatorios non universitarios. Curso 2022-2023

O próximo 30 de marzo abre o prazo para presentar a solicitude de beca para cursar estudos postobligatorios non universitarios no curso 2022-2023. Así, se o próximo curso vas realizar por exemplo estudos de Bacharelato ou Formación Profesional (Ciclos básicos, medios ou superiores), debes solicitar a beca xa mesmo, no prazo establecido, que abranguerá dende o 30 de marzo ao 12 de maio de 2022. Consulta a presentación coa información facilitada polo Ministerio de Educación para revisar os requisitos e outra información.

Becas xerais para estudos universitarios. Curso 2022-2023

Este ano adiántase a convocatoria de becas para continuación de estudos postobrigatorios, polo que, se para o próximo curso tes pensado realizar estudos universitarios, bota unha ollada á presentación e permanece atento/a, pois o prazo para solicitar a beca entre o 30 de marzo de 12 de maio de 2022.

Becas MECD. Adianto da convocatoria

Adiántase a convocatoria de becas do MECD para o próximo curso 2022-2023. Polo momento, foi anunciada no BOE a convocatoria para becas de carácter xeral para alumnado que curse estudos postobligatorios

Prazo de solicitude de becas para o curso 2022-2023: do 30 de marzo ao 12 de maio de 2022.

Máis información na ligazón

UDC: Xornada de portas abertas virtual

A Universidade da Coruña (UDC), está a preparar unha xornada virtual de portas abertas para futuros estudantes, que terá lugar os próximos 30 e 31 de marzo, en horario de 16:00 a 20:00 horas.  Teredes a oportunidade de seguir charlas en directo sobre titulacións de grao, nas que poderedes facer consultas aos relatores, ver vídeos sobre os centros e vida universitaria, contar coa testemuña de alumnado universitario e participar en retos e obradoiros nos que se poderán conseguir premios. Tamén teredes información sobre a Abau e preinscripción universitaria. Nesta ligazón podedes consultar a última edición das xornadas virtuais. 

Tamén na web da UDC podedes visitar virtualmente os distintos centros e facultade e localizar información sobre os distintos estudos neste enlace. 

Distribuir contido