Saltar navegación.
Inicio

Novas

Probas para a obtención do título de Bacharel para maiores de 20 anos. Convocatoria 2022

Publicada a Resolución do 17 de febreiro de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para a súa realización. 

O periodo de inscrición na proba estará comprendido entre o 7 e o 16 de marzo de 2022.

Xúntase a resolución e o formulario de inscrición na proba. 

ABAU 2022

Publicada a Resolución do 11 de febreiro de 2022 pola que se ditan instrucións para realizar, dentro do curso 2021/2022, a avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU) no curso 2022/2023. Pódese consultar dita resolución no documento adxunto.

Novos graos no Sistema Universitario Galego no curso 2022-2023

As tres universidades de Galicia teñen proxectado implantar novos títulos universitarios para o próximo curso 2022-2023. Estes son os novos graos para o próximo curso: 

Universidade de Vigo: 

  • Grao en Deseño: terá dúas mencións, unha en Deseño de moda e outra en Deseño Gráfico e Dixital. 
  • Grao Dual en Enxeñaría da Automoción, con alternancia no centro de estudos e na empresa. 

Enlace ao anuncio na web

Universidade de Santiago de Compostela: 

  • Grao en Innovación Gastronómica e Xestión Hoteleira (Centro Superior de Hostalaría de Galicia). Será un grao dual, alternando formación no centro de estudos e a empresa. Este título supón a extinción do título propio da USC Diploma Superior en Xestión Hoteleira. 

Enlace ao anuncio web 

Novos graos conxuntos entre varias universidades:

  • Grao en Relacións Internacionais (grao interuniversitario entre a UVigo e UDC). Terá dúas mencións, unha en Cooperación para o desenvolvemento e outra en Xestión de proxectos e negocios internacionais. 
  • Grao en Intelixencia Artificial (grao interuniversitario entre a UVigo, UDC e USC).

Enlace ao anuncio web

Suspendidas as probas de aptitudes para o acceso ao Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte para o curso 22-23

As universidades de Vigo e A Coruña publican unha resolución rectoral na que informan da suspensión das probas de aptitudes para o acceso ao Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, a efectos de admisión no curso 2022-2023, a causa da situación excepcional que estamos a vivir pola COVID

Así, o acceso ao grao basarase unicamente na nota de admisión dos solicitantes, e segundo as normas xerais de acceso á universidade informadas pola CIUG.

Esta medida é excepcional e só sera vixente para o acceso ao grado durante o próximo curso 2022-2023. 

Probas para a obtención do título de ESO para maiores de 18 anos. Convocatoria 2022

Publicada a Resolución do 4 de febreiro de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en ESO para maiores de 18 anos e se ditan instrucións para a súa realización. 

Prazos de matrícula: 

  • Convocatoria de maio: do 7 de marzo ao 17 de marzo de 2022, ambos incluídos.
  • Convocatoria de setembro: do 1 de xullo ao 8 de xullo de 2022, ambos incluídos.

Xúntase resolución e formulario de inscrición.

Carnés e habilitacións profesionais. Convocatoria 2022

Publicada a Orde do 7 de febreiro de 2022 pola que se convocan probas para a obtención de determinados carnés e habilitacións profesionais no presente ano. 

Prazo de presentación de solicitudes: 

  • Primeira convocatoria: do 21 de febreiro ao 8 de marzo de 2022, ambos incluídos. 
  • Segunda convocatoria: do 20 de xuño ao 4 de xullo de 2022, ambos os dous incluídos.

Xúntase orde da convocatoria. 

Acceso a toda a información, listaxes e calendario das probas na nesta ligazón.

Docencia de Formación Profesional para o emprego

Proximamente dará comezo en Lalín o itinerario formativo “Docencia da formación profesional para o emprego”, dentro da programación do proxecto LABORA 2020 cofinanciado polo FSE e a Deputación de Pontevedra.

Data de inicio: 9 de marzo de 2022

Horario: 09:00 – 14:00 horas

Destinatarios: persoas desempregadas da provincia de Pontevedra, con titulación de bacharelato e que se atopen incluídas nalgún dos seguintes colectivos:

  • Persoas desempregadas de longa duración (PLD)
  • Mozas e mozos menores de 30 anos non atendidos no Programa Operativo de Emprego Xuvenil (POEX)
  • Persoas maiores de 55 anos
  • Persoas con discapacidade
  • Inmigrantes
  • Minorías étnicas e comunidades marxinadas
  • Outros colectivos desfavorecidos
  • Outras persoas en situación de vulnerabilidade acreditada por un informe dos servizos sociais

 Para participar no proceso de selección é necesario facer a preinscrición na sede electrónica da Deputación de Pontevedra.

 Máis información no teléfono 986804100 ou  no e-mail labora2020@depo.es

Probas de acceso a ciclos de formación profesional. Convocatoria 2022

Publicada a Orde do 17 de decembro de 2021 pola que se convocan as probas de acceso a ciclos formativos de grado  medio e superior de formación profesional no ano 2022. Máis información na presentación:

Procedemento de admisión para o curso 2022-2023

Iniciado o procedemento de admisión para o próximo curso 2022-2023. Prazos salientables do procedemento, referidos ao ano natural: 

  • Reserva de praza no centro de orixe: do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro.
  • Sorteo público para efectos de desempate: última semana de febreiro, en todo caso, antes do 1 de marzo. 
  • Publicación de postos escolares vacantes: antes do 1 de marzo. 
  • Presentación da solicitude de admisión: do 1 ao 20 de marzo. 
  • Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: 10 días hábiles contados a partir dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.
  • Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: antes do 25 de abril.  
  • Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: antes do 15 de maio. 
  • Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: 20-30 xuño. 
  • Formalización da matrícula en ESO e bacharelato: 25 de xuño a 10 de xullo.
  • Prazo extraordinario de formalización de matrícula en ESO e bacharelato: 1-10 setembro.

Máis información na ligazón. 

Unitour Vigo - Orientación universitaria para alumnado e familias

UNITOUR convida a estudantes de Bacharelato e familias a visitar o Salón de Orientación Universitaria en Vigo, para coñecer a oferta de Graos dispoñible (www.unitour.es)

O evento terá lugar o mércores 15 de decembro de 2021 no Palacio de Congresos Mar de Vigo (Avda. da beiramar, 59), en horario de 16:00 a 17:30 horas con entrada gratuita.  

Os interesados/as poderán anotarse na web https://www.unitour.es/inscripcion-online/vigo

Distribuir contido