Saltar navegación.
Inicio

Novas

Carnés e habilitacións profesionais. Convocatoria 2021

Publicada a Orde do 11 de febreiro de 2021 pola que se convocan as probas para a obtención de determinados carnés e habilitacións profesionais no presente ano. 

Prazos de presentación de solicitudes: 

  • Primeira convocatoria: do 22 de febreiro ao 8 de marzo de 2021, ambos incluídos. 
  • Segunda convocatoria: do 22 de xuño ao 5 de xullo de 2021, ambos incluídos. 

Consulta a citada orde e toda a información na ligazón.

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior. Comezo do periodo de inscrición. Convocatoria 2021

Aberto o período de inscrición para as probas de acceso a ciclos formativos de grao superior, do 18 de febreiro a 3 de marzo de 2021, ambos incluídos.

Consulta toda a información sobre as probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2021 (códigos de procedemento ED312C e ED312D) nesta ligazón.

UNIfeira 2021. Feira Virtual de Universidades Españolas

Os días 22, 23 e 24 de febreiro, terá lugar a terceira edición de UNIferia, a Feira Virtual de Universidades Españolas promovida pola CRUE (Conferencia de Rectores de Universidades), que permite o encontro de futuros estudantes cos Graos que se van impartir no vindeiro curso 2021-2022.

Funciona como unha feira universitaria presencial, pero de maneira virtual. Así, 55 universidades contan con postos de información virtuais que se poden visitar e onde podedes informarvos sobre a oferta de estudos, notas de corte, precios, opcións de aloxamento e máis. 

A navegación por UNIferia é libre. No seu horario de atención, de 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 19:00 h, persoal das universidades solucionará calquera tipo de consulta ou aclaración que se precise.

Para asistir tedes que rexistrarvos e acceder nesta ligazón.

Probas para obtención do título da ESO para maiores de 18 anos. Convocatoria 2021

A Consellería de Educación publica hoxe a Resolución do 3 de febreiro de 2021, pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de 18 anos.

Prazos de matrícula:

  • Convocatoria de maio: 8 de marzo a 18 de marzo de 2021, ambos incluídos.
  • Convocatoria de setembro: 1 de xullo a 8 de xullo de 2021, ambos incluídos.

Para máis información acode ao departamento de orientación ou preme na ligazón.

Probas de acceso a ciclos de formación profesional. Convocatoria 2021

A Consellería de Educación ven de publicar a Orde do 21 de xaneiro de 2021 pola que se convocan as probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior de formación profesional para o ano 2021. Podes consultar toda a información nesta presentación:

Datas provisionais ABAU 2021

O pasado 25 de xaneiro a CIUG (Comisión Interuniversitaria de Galicia) publicaba as datas provisionais para a realización das probas da ABAU, que se desenvolverán previsiblemente como se indica a continuación: 

  • Convocatoria ordinaria: 8, 9 e 10 de xuño de 2021
  • Convocatoria extraordinaria: 13, 14 e 15 de xullo de 2021

TI© EMPRENDES ofrece formación online

O proxecto TI© EMPRENDES, do que informamos no blogue o pasado mes de outubro, ven de anunciar unha novidade importante: ofrece formación gratuíta en aula virtual, en resposta á adaptación ao contexto Covid-19.

As accións formativas teñen unha duración de 125 horas en AULA VIRTUAL (5 semanas de duración) e darán comezo en febreiro. Coa modalidade online poderás inscribirte no curso desexado, entre os seguintes que se ofertan:

  • Aplicacións móbiles
  • Tendas online
  • Marketing dixital
  • Contidos dixitais, imaxe, vídeo e videoxogos
  • Organización e xestión de almacéns
  • Venda de produtos e servizos turísticos

Recordamos os REQUISITOS que deben cumprir ás persoas interesadas en participar: 

  • mozos e mozas desempregados/as que teñan entre 16 e 30 anos
  • que non estean integrados agora mesmo en ningún sistema de educación ou formación
  • inscritos/as no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil
  • empadroados nalgúns dos seguintes concellos rurais: Vila de Cruces, Silleda, Agolada, Dozón, Rodeiro, Forcarei, A Illa de Arousa, Meaño, Meis, Portas, Pontecesures, Catoira, Cuntis, Valga, Barro, Moraña, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, Ponte Caldelas, A Lama, Fornelos de Montes, Pazos de Borbén, Mondariz, Mondariz-Balneario, Covelo, As Neves, Arbo, A Cañiza, Crecente, Oia e O Rosal.

Para realizar a preinscrición ou obter máis información, consulta o cartel adxunto, no que atoparás tódolos datos e teléfonos de contacto.  

Admisión en centros públicos para o curso 2021-2022

Iniciado o procedemento de admisión de alumnado en centros de adscrición sostidos con fondos públicos para o curso 2021-2022 nas etapas da Educación Infantil, ESO e Bacharelato.

Prazo para a presentación de solicitudes: dende o 11 de xaneiro ata o 8 de febreiro de 2021, ambos incluídos. 

Listaxes de admitidos/as: serán publicadas antes do 28 de febreiro, podendo consultarse nos centros ou na aplicación admisionalumnado.

UVIGO: #ConectacoSIE

A Universidade de Vigo organiza este curso distintas actividades dirixidas a alumnado e profesorado, como charlas de divulgación científica, charlas sobre determinadas titulacións ou ámbitos de coñecemento, puntos de encontro para persoal orientador....Os centros teñen a posibilidade de elixir as actividades que consideren necesarias, as cales poden ser consultadas na súa web.

Unha das actividades que organiza a UVigo é o #ConectacoSIEO SIE é o Servizo de Información a Estudantado, e grazas á iniciativa desta universidade estará accesible para todo o profesorado e alumnado que o desexe, de forma que os interesados/as poderán acceder de forma virtual a unha aula en directo, onde poden realizar as consultas que consideren relacionadas coa ABAU, acceso, preinscripción, matrícula....Quen queira poderá acceder os martes de 12:00 a 13:30 horas para facer as consultas desexadas. Na ligazón tedes toda a información da actividade.

Proxecto TI© EMPRENDES para a mellora da empregabildade

Anunciamos o proxecto TI© EMPRENDES, cofinanciado polo Programa Operativo de Emprego Xuvenil do Fondo Social Europeo e a Deputación de Pontevedra, que pretende mellorar as condicións de empregabilidade, tanto por conta propia como allea, dos destinatarios/as.

O programa vai dirixido ás persoas que cumpran estes requisitos:

  • mozos e mozas desempregados/as que teñan entre 16 e 30 anos
  • que non estean integrados agora mesmo en ningún sistema de educación ou formación
  • inscritos/as no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil
  • empadroados nalgúns dos concellos rurais que podedes consultar no cartel axunto en pdf, entre eles Vila de Cruces, Silleda, Agolada, Dozón, Rodeiro ou Forcarei.
Distribuir contido