Saltar navegación.
Inicio

Novas

Seminario online "Resolución de conflitos" para familias

Cruz Vermella está a desenvolver o proxecto “Apoio á parentalidade positiva” destinado a familias con nenos e nenas, que ten como obxectivo fortalecer ás familias e capacitalas na súa labor educativa.

No marco deste proxecto, convida ás familias a participar o sábado 20 de novembro de 10:00 a 11:30 horas no seminario online sobre “Resolución de conflitos”, impartido por un psicólogo especialista en trauma e disociación da personalidade. A formación pretende dotar ás familias de ferramentas axeitadas para manexar e resolver os conflitos no contexto familiar adecuadamente.

A actividade é gratuíta e para participar é necesario inscribirse antes do venres 19 de novembro nesta ligazón.

Ti© EMPRENDES - 2ª Edición

O proxecto Ti© EMPRENDES informa dunha segunda edición de accións formativas, dirixidas a mozos e mozas entre 16 e 30 anos, que non estean a traballar nin estudar, inscritas en garantía xuvenil e que vivan nun concello rural.

Todos os cursos teñen unha duración de 125 horas de duración, dentro das cales se inclúen 25 horas de formación específica de emprendemento e titorías individuais e grupais de orientación na busca de emprego por conta propia ou allea. Podes consultar as distintas accións formativas no adxunto.

Máis información sobre este proxecto, cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a Deputación de Pontevedra, nos teléfonos 886 217 320 e 986 804 100

Becas Fundación Amancio Ortega para o curso 2022-2023

A Fundación Amancio Ortega convoca unha nova edición de becas para estudar 1º de Bacharelato en Canadá ou Estados Unidos durante o próximo curso 2022/2023.

Convócanse un total de 400 becas dirixidas a alumnado de 4º da ESO, 70 das cales están destinadas a estudantes galegos/as.

Durante o ano académico, os/as estudantes convivirán con unha familia no país de destino e cursarán Grado 11 (equivalente a 1º de Bacharelato).

A beca cubre o 100% dos servizos necesarios para realizar un curso escolar no estranxeiro: viaxe, taxas de escolarización e matrícula nun instituto público, aloxamento e manutención nunha familia anfitriona, seguro médico e de accidentes, convalidación do ano académico e apoio continuado durante a estancia.  

REQUISITOS:

  • Estar inscrito como estudiante de 4º da ESO nun centro de ensino español no momento de presentar a solicitude de participación, excepto centros docentes privados estranxeiros en España.
  • Ter obtido unha nota media mínima de 7 puntos en 3º ESO (incluida a materia de Relixión ou a súa alternativa).
  • Ter obtido unha nota mínima de 7 puntos na materia de Inglés (ou a súa alternativa como primeira lingua estranxeira) nas notas finais de 3º da ESO.
  • Ter DNI e/ou pasaporte español.
  • Información tributaria da unidade familiar. O proceso de valoración de solicitudes prioriza as rendas máis baixas.

PRAZO DE INSCRIPCIÓN: ata o 27 de outubro de 2021 ás 13:00 horas.

Os/as interesados/as poden obter máis información e tramitar a solicitude no enlace á web.

Becas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. Curso 2021-2022

Xúntase presentación que contén a información publicada polo Ministerio de Educación sobre a convocatoria de axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para o próximo curso 2021-2022, con prazo de solicitude ata o 30 de setembro de 2021.

Xornada de portas abertas no Campus de Lugo da USC

A USC organiza unha xornada de Portas Abertas o próximo venres 25 de xuño no Campus de Lugo, onde se concentran novas ofertas de grao como o Xestión Cultural ou recentes como os graos en Bioquímica, Empresa e Tecnoloxía, Robótica e Paisaxe.

As xornadas están especialmente dirixidas para aquel alumnado que acaba de rematar as ABAU e as súas nais e pais. As persoas interesadas en asistir deben inscribirse na Xornada a través dun formulario, no que poderán consultar tamén as quendas e percorridos ofertados. Acceso ao formulario de inscrición nesta ligazón

Convocadas prazas nos CRD de Coruña, Ourense e Vigo para o curso 2021-2022

Publicada a Orde do 31 de maio de 2021 pola que se convocan prazas de residencia en centros residenciais docentes (CRD) da Coruña, Ourense e Vigo, ao alumnado que o próximo curso 2021-2022 inicie ou continúe estudos postobrigatorios non universitarios en centros docentes situados nos termos municipais da Coruña, Culleredo, Ourense e Vigo.

Presentación de solicitudes:

Preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (Anexo I), dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede. xunta.gal). Opcionalmente, tamén se poderán presentar presencialmente no CRD e en calquera dos lugares e rexistros establecidos na norma reguladora do procedemento administrativo común.

Prazo de presentación de solicitudes:

Alumnado matriculado en Bacharelato: do 17 de xuño ao 9 de xullo de 2021

Alumando matriculado en ciclos formativos: do 17 de xuño ao 2 de agosto de 2021

Requisitos das persoas solicitantes:

  • Estar matriculada en estudos postobrigatorios non universitarios en centros públicos ou privados concertados de Coruña, Culleredo, Ourense ou Vigo, no curso 21-22.
  • Non repetir curso, e, no caso de cambio de estudos, non ter abandonado dúas veces estudos iniciados para matricularse noutros estudos distintos.
  • Non ter sido expulsada no curso anterior dun CRD nin estar sometida a un procedemento disciplinario en trámite, por condutas gravemente prexudiciais para a convivencia.
  • Estar matriculada nunha modalidade ou nunha familia profesional que non se imparta en ningún centro público da localidade galega de residencia habitual, e tampouco se imparta nunha localidade próxima ou que permita o desprazamento diario con facilidade.

Para consultar a orde da convocatoria ou máis información, preme no enlace. 

Acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral e/ou vías de formación non formal

A Consellería de Educación ven de publicar a Orde do 4 de xuño de 2021, pola que se regula en Galicia o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral para unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.  

O procedemento permanecerá aberto de forma permanente. As persoas interesadas en participar, sempre que cumpran os requisitos, deben presentar a súa solicitude obrigatoriamente por vía electrónica, cubrindo previamente os datos no sistema de información Acreditación (https://www.edu.xunta.gal/acreditacion), dende onde deberá xerarse o formulario normalizado que se presentará necesariamente na sede electrónica da Xunta de Galicia (https:// sede.xunta.gal). 

Na orde adxunta pódense consultar os requisitos de participación, documentación xustificativa necesaria e a organización do procedemento, que tamén poderán ser consultados, xunto coa oferta e centros, na web do procedemento nesta ligazón

TI© Emprendes: novas accións formativas

Se tes entre 16 e 30 anos, non está a traballar nin estudar, estás inscrito/a en garantía xuvenil e vives nun concello rural, podes participar en TIC Emprendes!

O proxecto reaparece con novas accións formativas, todas elas de 125 horas de formación, dentro das cales se inclúen 25 horas en formación específica para o emprendemento e titorías individuais e grupais de orientación na procura de traballo por conta propia ou allea. 

Cursos en modalidade de aula virtual e sesións presenciais: 

  • GUÍA DE ITINERARIOS AO AIRE LIBRE (Grupo 2), con data de inicio o 29/06/2021 ao 06/08/2021, contará con sesións prácticas en espazos naturais, con posibilidade de beca para facilitar o medio de transporte.
  • OPERARIO/A DE XESTIÓN LOXÍSTICA E DIXITAL DUN ALMACÉN (con módulo de carretilleiro/a)

 Cursos en modalidade aula virtual: 

  • COMPETENCIAS DIXITAIS EN OFIMÁTICA
  • COMUNNITY MANAGER
  • MARTEKING DIXITAL
  • APLICACIÓN MÓBILES (APPS)
  • CONTIDOS DIXITAIS: IMAXE, VIDEO E VIDEOXOGOS
  • TENDAS ON LINE

 Estás a tempo de inscribirte. Máis información na web: https://www.depo.gal/tic-emprendes

Prazos admisión a ciclos de Formación Profesional. Curso 21-22

Publicado o calendario coas datas de admisión e matrícula a ciclos de Formación Profesional para o curso 2021-2022, que pode ser consultado no adxunto. 

Máis información sobre a admisión e acceso ao asistente informático para efectuar a mesma nas seguintes ligazóns: 

Distribuir contido