Skip to Content

FIN DE CURSO E DE ETAPA DO ALUMNADO DE 2º DE BACHARELATO

Queremos felicitar doblemente o alumnado de 2º de Bacharelato. Despois dun curso cun alto nivel de esixencia, que moitos compaxinaron con outras actividades deportivas, académicas e/ou artísticas, rematou a súa traxectoria no centro. O fin de etapa culminou co acto de graduación que tivo lugar o 19 de maio. Aquí están nunha fotografía de grupo tomada ese día.

 

Despois chegou a convocatoria ordinaria da ABAU onde, stricto sensu , obtiveron un resultado inmellorable: 100% de aprobados, cunha magnífica nota media xeral que nos sitúa nos primeiros postos do entorno.

E para finalizar este curso tan exitoso desde o punto de vista académico, 5 alumnos do centro foron seleccionados para os recoñecemento  que a USC concede aos Mellores Expedientes, que implica obter unha nota media igual o superior a 9 na cualificación da ABAU.

 Parabéns a todo o alumnado e ás súas familias, parte imprescindible dos seus logros!

ADMISIÓN E MATRÍCULA NA FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA

Pode acceder ao calendario de admisión, aos requisitos e á documentación necesaria para a formalización da matrícula en FPB nos seguintes enlaces:

 

COCIÑAMOS CO SOL-CLUB CIENCIAS

Rematamos o Club de Ciencias neste curso 2022-2023 cunha comida solar. Coas cociñas que elaboramos no taller durante o curso fixemos e compartimos unha rica comida. Tivemos fideos con verduras, champiñóns, biscoitos... todo cociñado co sol.

Juan Bello, todo un experto en cociñas solares, acompañounos e asesorounos en todo o proceso. Gracias Juan!

Volveremos no curso que ven a facer moitas máis cousas interesantes. Podedes ver os nosos proxectos no blog do club.

Feliz verán.

 

 

 

 

 

 

VISITA AO CASTRO DE ELVIÑA

O derradeiro día de curso, 1ºESO A visitou o castro de Elviña, o único de Galicia con sumidoiros de augas pluviais.

Na foto feita na croa (parte alta do castro), pode enxergarse ao lonxe a torre de Hércules, edificio coetáneo do castro.

VIAXE 4º ESO - LONDRES 2023

RESULTADOS DELF

Os diplomas poderanse recoller no centro nun prazo aproximado de 3 meses. Na secretaría poderán consultar as cualificacións.

 

CALENDARIO FIN DE CURSO ESO E FPB

No documento deste ENLACE poden sonsultar o calendario de fin de curso para o alumnado da ESO e FPB.

As datas para formalizar a matrícula, en horario de 9:00 a 14:00 horas, do curso 2023-2024 son as seguintes:

  • Luns 3 de xullo. Alumnado 2º de Bacharelato.
  • Martes 4 de xullo. Alumnado de 1º de Bacharelato.
  • Mércores 5 de xullo. Alumnado de 4º da ESO.
  • Xoves 6 de xullo. Alumnado de 3º da ESO.
  • Venres 7 de xullo. Alumnado de 2º da ESO.
  • Luns 10 de xullo. Alumnado de 1º da ESO.

Ao alumnado de 2º, 3º, 4º da ESO e BAC facilitaráselle o sobre de matrícula xunto co boletín de cualificacións. O alumnado de 1º de ESO dos centros adscritos ten o sobre de matrícula nos seus respectivos centros. Se algunha razón de forza maior impedise acudir ao centro na data estipulada, póñanse en contacto coa Secretaría para pactar outra data.

SPRING WEEK

Dende o 28 de maio ata o 3 de xuño, 26 alumnos e alumnas de primeiro de ESO fixeron unha semana de inmersión lingüística nos Peares (Lugo), onde tiveron a oportunidade de convivir con alumnado doutros centros e practicar o inglés coa axuda de profesores e monitores nativos.

O programa, que combina clases de inglés polas mañás e actividades lúdicas pola tarde, priorizando a comunicación oral no lugar da gramática, conseguiu que ao final da semana a maior parte do alumnado fose quen de e facer uso da lingua inglesa.

Volveu a rapazada con moitas ganas de repetir a experiencia, polo que o centro espera poder repetila no próximo curso.

CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA. CALENDARIO DE EXAMES

Para consultar as datas dos exames correspondentes á convocatoria extraordinaria de Bacharelato e Formación Profesional Básica, prema AQUÍ.

CALENDARIO FIN DE CURSO 1º BACHARELATO E 1º FPBásica

Neste ENLACE pódese consultar o calendario final de curso para os niveis de 1º de Bacharelato e 1º de Formación Profesional Básica.

Distribuir contido


by Dr. Radut