Dinamización Lingüística

FEBREIRO: FLORES PARA ROSALÍA E VÍDEO DO RECITADO.

 

 

 Flores para Rosalía  no seu día e lectura dos seus poemas por toda a comunidade educativa.

—Animo, compañeiros,
Toda a terra é dos homes.
Aquel que non veu nunca mais que a propria
A iñorancia ó consome.
¡Animo! á quen se muda Dio-l-o axuda!
¡E anque ora vamos de Galicia lonxe,
Verés dês que tornemos 
O que medrano os robres!
Mañan é o dia grande ¡â mar amigos!
¡Mañan, Dios nos acoche!

 

                        Para Habana. Rosalía de Castro

 

Unha estrela leva xa o nome de Rosalía de Castro, ela, que sabía que as estrelas non poden brillar sen escuridade tamén acende o noso  camiño coa súa obra.

                             __ Ánimo,  compañeiros!

 

                                    Ánimo a todos!

 

O NOSO MURO CONTRA O MALTRATO, UN ANTIGO VIRUS QUE AÍNDA RESISTE.

 

Facendo conciencia do bo trato entre sexos, e tamén en galego, solidarizámonos coas vítimas e denunciamos o maltrato en anos anteriores...

e este curso 2020-21, por desgraza, debemos seguir aí, firmes, como o noso muro!

 

 

 

CANDO O ENTROIDO ERA. TALLER DE BOTEIROS.

   Alleos á pandemia que estaba a piques de cambiarnos a vida, xuntabamonos na biblioteca, o curso pasado, no noso taller de boteiros. Había  máis que xuntanza, tamén  movemento, algareo e ilusión previa propia desta transgresora época do ano que tanto desfrutabamos.

OS INSTRUMENTOS DO PÓRTICO DA GLORIA

 

 Réplicas e traballo de investigación, texto e audio, sobre os instrumentos do Pórtico da Gloria.

 Alumnado de 2º, 3º e 4º ESO

 

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020

Vídeo-homenaxe á figura de Ricardo Carvalho Calero.

Deste xeito, os Equipos de Dinamización da Lingua Galega, dos centros de Ensino de O Barco, quixeron estar presentes o Día das letras Galegas

 Vídeo

SAMAÍN. RELATOS DE TERROR, CABAZAS E TALLER DE MAQUILLAXE.

O Samaín deste curso trouxo algo de medo á entrada do centro, onde expuxemos as cabazas e os relatos de terror participantes no concurso deste ano. Pero non quedou a cousa aí, durante os recreos ofertouse un taller de maquillaxe terrorífica para alumnado e profesorado a cargo da profesora de francés Natalie. Merci Natalie!

Foto

Foto

Foto

Foto

Foto

24 DE FEBREIRO: ROSALÍA DE CASTRO

Papeliños con poemas de Rosalía ían nas mans do alumnado de 3º ESO para ficar pegados nas paredes, nas portas, nos cristais e nas aulas do centro. Despois, na biblioteca, leron algúns, ben sorrintes, para celebrar seu día. Rosalía sempre. Eterna.

Powered by Drupal - Design by artinet