Dinamización Lingüística

SAMAÍN

Miguel e Zoe, de 1º ESO , forman parte do grupo de teatro, e fixéronnos pasar uns recreos terroríficos dramatizando a lectura dalgúns contos do libro Cando petan na porta pola noite, de Xabier P. Docampo.

Foron, ademais, tan amables de participar nalgunhas actividades que a Biblioteca Municipal de O Barco organiza nestas datas. Desta volta coa súa lectura, animaron aos máis cativos…ou non, por que  algo de medo tamén  daban!

ESCOITANDO A DANIEL SEIJAS

Quixo a casualidade que durante o primeiro trimestre chegara ao noso centro para facer unha substitución o profesor de Xeografía e Historia  e Doutor Daniel Seijas. Daniel  é unha persoa con moitas facetas , entre elas a de presentador de Palco de Estrelas , o programa decano das orquestras de Galicia, que emite tódolos xoves (dende 2005) a partir das 20h ata as 4 ou 6 da mañá en Radio Valga 107.9 FM. Ademais de orquestras, hai chamadas en directo, concursos, entrevistas e espazos dedicados á historias, as chamadas "Superproduccións Palco de Estrelas". Daniel é tamén colaborador no programa da TVG + Pachanga:  coa finalidade de divertir os espectadores da canle pública galega nace “+ Pachanga”, un programa dedicado ao mundo das verbenas para as noites dominicais deste verán, cun formato que aposta pola música e as actuacións das orquestras máis destacadas e míticas do panorama galego” contan na publicidade web do programa. Os alumnos de 1º Bacharelato quixeron interesarse pola traxectoria profesional deste profesor e fixéronlle unha entrevista que a continuación reproducimos. Estivo ben animada! 

     Entrevista 1º Parte

     Entrevista 2ª Parte

25 DE NOVEMBRO: CONXELA O MALTRATO XA!

       Para concienciar ao noso alumnado da importancia do bo trato entre sexos, alumnos e alumnas, nomeadamente os integrantes do grupo de teatro,  fixéronnos unha posta en escena en diferentes espazos do centro, aulas, pavillón, sala de profesorado, cafetería… Con estética de mimo e adoptando unha posición concreta, sen apenas movemento, portaron carteis chamando á mobilización e á visibilidade deste  grave problema, incidindo en sensibilizar á xente  nova ante a lacra que padecen miles de mulleres que sofren maltrato. Entre todos e todas debemos conxelar o maltrato para sempre!

 

 

Grupo de Teatro do IES Martaguisela

 

  Outro curso máis as actividades  teatrais colaboran facendo visible e concienciando dos graves problemas que nos afectan. O grupo de teatro do IES Martaguisela interpretará  no Teatro Lauro Olmo, o mércores 28 de xuño ás 20:30 h. e para toda a cidadanía barquense, unha obra titulada “ Proles e contras”, unha versión ao galego da obra homónima de Tahiche Rodríguez, que trae a escena a traxedia dun home que perde o seu traballo. Abandonado pola sociedade e  invisible para os seus semellantes dirímese entre rematar coa súa penosa existencia ou  resistir   a unha vida sen dignidade e sen esperar axuda de ninguén.

  Por outra banda,   representaremos unha versión teatral ao galego dalgúns capítulos do libro “ Maldita crisis” de Vicente Fernández.A idea partiu da profesora de Economía Clara  Vizcaya   que viu neste proxecto unha boa ferramenta para explicar algunhas das claves da crise que nos azouta.

Esta representación terá lugar no salón de actos do centro a final de curso.

 


 

 

 

" As laranxas máis laranxas de todas as laranxas". Letras Galegas 2017

 

Os EDLG presentamos o proxecto conxunto con AEVA.

Mans á obra! Un recuncho do Malecón lucía coma nunca!

 

Gañadoras do concurso de laranxas, Carolina e Julia de 1º ESO B.

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet