You are herecontent / IES de Melide na IV Olimpiada Filosófica de Galicia.

IES de Melide na IV Olimpiada Filosófica de Galicia.


O pasado día  17 de marzo os alumnos de Filosofía de 4º ESO participaron na IV edición da Olimpiada Filosófica de Galicia na modalidade de curtas de vídeo e fotografía. As curtas e fotos pódense visualizar na páxina da olimpiada que nesta edición propoñía como tema dos traballos a Intelixencia Artificial.

Pero ademais de participar deste xeito, os mesmos alumnos fixeron unha intervención teatral, que xa fora representada no IES de Melide o 17 de Novembro, co galo do Día da Filosofía, titulada A Academia de Platón.

Dita intervención foi acollida polo público da Facultade de Filosofía, tanto por parte do seu alumnado como por parte do profesorado, dun xeito extraordinario e os nosos alumnos recibiron ó final do acto unha mención especial e unha unánime e entusiasta ovación.

Felicitamos aos nosos alumnos pola súa dedicación e traballo nun acto que pretende difundir a filosofía como saber crítico e necesario, por un lado, e por outro, achegar os ámbitos do ensino medio e o universitario.

Parabéns a tod@s eles e VIVA A FILOSOFIA

Etiquetas

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido