You are herecontent / IES de Melide no concurso de recitado de poesía "Rosalía sempre viva"

IES de Melide no concurso de recitado de poesía "Rosalía sempre viva"


O pasado día 18 de Marzo as alumnas de 2º de bacharelato, Alexia Castro Vázquez e Xiana Sangiao Noguerol participaron no concurso de recitado de poesía "Rosalía sempre viva", que dende hai uns anos celébrase na localidade de Outeiro de Rei, na casa museo de Manuel María.

Alexia concursaba co poema POR QUE?, texto de actualidade que trata sobre os desafiuzamentos.

Xiana recitou SILENCIO, un poema moito máis intimista.

Ámbalas dúas fixeron non só un recitado extraordinario se non tamén unha pequena dramatización dos textos, que enriquecía as verbas da nosa Rosalía.

Parabéns as dúas, pola súa entrega e pola súa extraordinaria presenza en escena.

VIVA A POESÍA!

Etiquetas

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido