You are herecontent / VISITA AO LABORATORIO DE MEDICINA XENÓMICA

VISITA AO LABORATORIO DE MEDICINA XENÓMICA


O pasado sábado 16 de marzo, o alumnado que está a cursar a materia de Bioloxía de 2º de bacharelato visitou os laboratorios de Medicina Xenómica do Hospital Clínico de Santiago. Tiveron a honra de coñecer as instalacións da man do seu director, o Doutor Ángel Carracedo, catedrático de Medicina Legal e experto internacional en Xenética. O Dr. Carracedo ensinou ao noso alumnado moitas das técnicas e os aparellos que se empregan na actualidade para detección de enfermidades xenéticas: máquinas que permiten a secuenciación do xenoma humano, aparellos que permiten amplificar o ADN (PCR) para a súa posterior secuenciación, técnicas que permiten construír cariotipos humanos para a detección de mutacións cromosómicas, etc.

Sentímonos enormemente agradecidos por poder gozar desta enriquecedora xornada, a cal, sen dúbida, quedará por sempre no recordo de todos nós e estamos convencidas de que influirá na toma de decisións sobre o futuro profesional do noso alumnado.

Laboratorio Mxenomica

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido