You are herecontent / CONMEMORACIÓN DO DÍA DA CIENCIA

CONMEMORACIÓN DO DÍA DA CIENCIA


O día 28 de novembro no IES de Melide conmemoramos o día da Ciencia realizando diversas actividades científicas durante o recreo, coordinadas dende o Club de Ciencia. Así, o alumnado de 1º de ESO amosou ós seus compañeiros e docentes os seus traballos sobre o sistema solar e diversas especies de fauna que poden identificarse na charca do centro. Por outra banda, alumnado de 1º de BACH realizou un taller de transmisión de mensaxes empregando fibra óptica. Os alumnos das materias de TICs de 1º e 2º de BACH elaboraron diversas aplicacións para iPad nas que se poñían a proba coñecementos relacionados coa táboa periódica, xa que este ano o día da ciencia estaba adicado a Mendeleyev, que hai 150 anos  creou a táboa periódica que da orixe á actual. O recreo rematou cunha competición en liña de Kahoot na que participaron tanto o alumnado como o profesorado do centro. Tamén contamos cunha exposicíón nos corredores sobre a química nos voos espaciais, conmemorando o 50 aniversario da chegada do home á lúa.

Etiquetas

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido