MASTERCLASS DE FÍSICA DE PARTÍCULAS

 

Dúas alumnas de 1º Bach acudiron a unha masterclass sobre física de partículas , onde asistiron a coloquios e conferencias así como participaron en experiencias prácticas con simuladores xunto a outras estudantes de distintos centros de Galicia. 

A actividade achega as alumnas á labor científica de mulleres que están a traballar na investigación da física de partículas, traballando as competencias CMCCT,CD,CSC CEIEE.

 

DÍA INTERNACIONAL DA PAZ E NON VIOLENCIA

 

 Desde a nosa biblioteca escolar coa exposición "Mans Solidarias" lembramos a toda a comunidade educativa  a importancia de promover un mundo en paz e a necesidade de colaborar na construción dunha orde social máis xusta e humana. Dita exposición foi elaborada polo noso alumnado do primeiro ciclo da Educación Secundaria Obrigatoria e permanecerá aberta durante os períodos de lecer do vindeiro mes de febreiro de 2022. Non deixedes de visitarnos !!!.

PREME AQUÍ PARA ACCEDER Á INFORMACIÓN

SAÍDA AO CASTRO DE VILADONGA E LUGO

  

O día 31 de xaneiro o alumnado de 1º de ESO realizou unha saída ao Castro de Viladonga e á cidade de Lugo. Empezamos visitando o Castro e o seu museo para realizar a continuación unha ruta de sendeirismo de 6 km. Pola tarde achegámonos a Lugo para visitar a muralla e a súa contorna.

 

SAÍDA AO PARQUE EÓLICO DE SOTAVENTO

 

O día 31 de xaneiro o alumnado de 1º e 2º Bac da materia de  Tecnoloxía Industrial fixo unha visita o parque eólico experimental de Sotavento.  Fixéronnos unha introdución sobre o uso das enerxías renovables en España, despois explicarónnos como se fixa o precio diario do kW·h de enerxía eléctrica. A continuación vimos as partes dun aeroxenarador  real e o seu funcionamento. Despois dun descanso, practicamos montando uns circuítos con placas solares. Por último visitamos a vivenda bioclimática e vimos como hai que adaptar as vivendas ao entorno onde se fan para aproveitar de forma eficiente as condicións climáticas da zona así como as distintas instalcións da mesma.

PROBA DE ACCESO A CICLOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL 2024

Requisitos:

  • Ter 19 anos ou cumplilos no ano no que se celebra a proba. (GRAO SUPERIOR)
  • Prazo de inscripción telemática do 29 de xaneiro ao 9 de febreiro. (GRAO SUPERIOR)
  • Ter 17 anos ou cumplilos no ano no que se celebra a proba. (GRAO MEDIO)
  • Prazo de inscripción telemática do 26 de febreiro ao 8 de marzo. (GRAO MEDIO)

Preme no seguinte logo para ter toda a información.   Se estás interesada/o diríxete ao Departamento de Orientación.

 

OBRADOIRO DE EDUCACIÓN EMOCIONAL

O programa de educación emocional baseado na autorregulación das emocións busca desenvolver a competencia social  do noso alumnado. A competencia social  axúdanos a coñecernos e a aceptarnos dentro do contexto social no que nos desenvolvemos. Unha boa competencia social garante a libre expresión das emocións, o pensamento crítico e a aceptación no grupo, aspectos que favorecen o noso desenvolvemento integral como persoas libres e socialmente comprometidas. O alumnado precisa de habilidades sociais que lle permitan relacionarse de xeito pacífico cos iguais e co profesorado. Pretendemos que acaden as competencias que garanten un clima social afectivo e baseado na aceptación mutua.

 

CHARLA SOBRE FÍSICA DE PARTÍCULAS

O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (igfae) é un centro de investigación da USC e da Xunta que coordina e fomenta a investigación científica e técnica na física de alta enerxía, na de partículas e nuclear, na astrofísica, na física médica, ... mantén relación con grandes instalacións experimentais, como a organización europea de investigación nuclear (CERN), nomeadamente no seu acelerador de partículas, o maior e máis potente do mundo.

O IES Moncho Valcarce ven tirando proveito da meritada institución dende vai anos participando co alumnado de física nos eventos que organiza, nomeadamente no masterclass de física de partículas, xunto con outros centros de Europa.

ENTROIDO CIENTÍFICO

PREME NA IMAXE PARA COÑECER AS BASES DO CONCURSO

 

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!

 

SEGURIDADE INFORMÁTICA

 

O día 14 e 17 de xaneiro o alumnado de 2º Bac da materia de  TICs fixo unha charla sobre “SEGURIDADE INFORMÁTICA” dirixida ao alumnado de 1º, 2º, e 3º de ESO.

A charla constaba de 2 partes, na primeira un grupo expoñía ao alumnado os resultados das enquisas que pasaron o alumnado de cada nivel e na segunda parte outros grupos fixeron unha presentación basada principalmente nos perigros que presentan as redes sociais e nos consellos que poden seguir para facer un uso seguro delas.

Ademáis outros grupos elaboraron dripticos cos perigos e consellos para navegar seguros, que se entregaron a cada alumn@ participante o final das charlas.

 

BO NADAL 2021

 

A Comunidade Educativa do IES Moncho Valcarce desexa unhas Boas Festas e un Feliz 2022 

 

Distribuir contido