REPRESENTACIÓN MUSICAL: "GREASE"

O alumando de 3º da ESO levou a cabo a representación dunha escena musical da película “Grease” deixando de manifesto as súas grandes  dotes artísticas.

 

SAÍDA ÁS FRAGAS DO EUME E PRAIA DE CABANAS

 

O alumnado de 1º da ESO realizou unha ruta de sendeirismo de cinco quilómetros polas Fragas do Eume e posteriormente trasladáronse á praia de Cabanas onde pasaron a tarde practicando xogos e desfrutando dun baño.

 

XORNADA INFORMATIVA DO IES LOIS PEÑA NOVO

 

 O martes, 7 de xuño,  o instituto Lois Peña Novo de Vilalba deu a coñecer a súa oferta de ciclos formativos de FP ao noso alumnado.  Recordoulles tamén que con estudos de bacharelato semi-presencial e CUALE (B1 INGLÉS). Informou de que realizarán unha xornada de portas abertas o 16 de xuño para todas as persoas que queiran coñecer o centro. Podedes inscribirvos no enderezo http://iespenanovo.com/ antes do 14 de xuño.

 

VISITA DO FUTURO ALUMNADO 1º BAC

 

O pasado luns, 6 de xuño, visitounos o alumnado de 4º ESO do IES Castro da Uz para coñecer o noso centro e a oferta formativa do próximo curso. Moitos destes rapaces e rapazas cursarán o bacharelato no IES Moncho Valcarce.

Toda a Comunidade Educativa dávos a BENVIDA!!!

 

SAÍDA A ASTURIAS

 

O alumnado de 4º da ESO participou durante os días 19 e 20 de maio nunha saída ao Principado de Asturias. Puideron visitar o Parque Nacional dos Picos de Europa e participar no descenso do rio Sella en piragua.

 

GRADUACIÓN DA PROMOCIÓN 2021-2022

 

A ANPA BRIXEO organizou o acto de graduación da promoción 2021-2022 do IES Moncho Valcarce. O devandito acto tivo lugar na Casa Dopeso o pasado, venres, 13 de maio. 

Parabéns ás graduadas e graduados !!!

 

SOLICITUDE DE ADMISIÓN EN GRAOS DO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA PARA O CURSO 2023/24

CALENDARIO DE SOLICITUDE DE ADMISIÓN EN GRAOS DO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA PARA O CURSO 2023/24

Parabéns a todas e todos!!!Ata que remate  a ABAU non poderedes realizar a preinscripción nas univrsidades. 

Para realizar a preinscripción noutras comunidades autónomas debedes realizar unha nova preinscripción, realizade a búsqueda "acceso a la universidad de...". O proceso e similar ao da SUG.

AS/OS APROBADAS/OS NA CONVOCATORIA ORDINARIA REALIZAREDES A PREINSCRIPCIÓN DO 22 AO 30 DE XUÑO ( ata as 14:00h). 

Obteredes a información neste enlace.

Neste  titorial  tedes toda información para realizar as inscripcións e a matrícula.

Moita sorte!

 

DIA DAS LETRAS GALEGAS

 

Para conmemorar o Día das Letras Galegas, celebráronse no centro diversas actividades para dar a coñecer a vida e obra do autor homenaxeado, Florencio Delgado Gurriarán. Nelas participou toda a comunidade educativa.

ACOLLIDA NOVO ALUMNADO 1ºESO

 

Os centros educativos de A Capela, Somozas, Xermade e os centros de As Pontes, Sta. María e A Magdalena visitaron as instalación do IES Moncho Valcarce para coñecer o que será o seu centro o vindeiro curso. Foron recibidos polo equipo directivo e os membros do departamento de orientación. Alumnos voluntarios de 1º de ESO acompañáronos na visita e puideron disfrutar de actividades de Música e do club de ciencias que lles organizaron os alumnos e alumnas. Finalmente, tiveron a oportunidade de compartir o recreo co alumnado de 1º de ESO. O tránsito entre etapas coordinado e organizado entre os centros de primaria e de secundaria facilita a adaptación e a integración do alumnado no centro e na aula.

 

MOTÍVA-T

 

O alumnado de 4º de ESO realizou unha visita ao polígono industrial de Penapurreira. Esta visita foi organizada polo concello de As Pontes dentro do seu programa MOTÍVA-T co que pretende dar a coñecer aos rapaces e rapazas novas posibilidades de emprego. Contaron tamén coa participación de Ana Mª Pena, concelleira de industria e de Mónica Carballeira directora de Huso Renovables.  A formación académica do alumnado debe ir unida á formación profesional. É necesario que o alumnado descubra a utilidade da súa formación para acadar un emprego.

 

Distribuir contido