NADAL NO NOSO CENTRO

 

Un ano máis o centro engalánase  para celebrar as festas de Nadal.

Felices festas a todos e próspero ano novo.!!!

 

PARABÉNS A DIANA ARADAS BLANCO

 

A Comunidade Educativa do IES Moncho Valcarce felicita á nosa compañeira Diana Aradas Blanco polo premio da Universidade de Sevilla "Rafael de Cózar" acadado pola súa novela "Una madre". 

Grazas por agasallarnos coa túa arte a través desta gran historia e por facer medrar o marabilloso mundo da Literatura. Estamos desexando ler a túa novela!

PARABÉNS!!!

 

EXPOSICIÓN DE CARTACES: "MULLERES NA MÚSICA"

Con motivo da conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional para a Erradicación da Violencia contra a Muller, o alumnado de 2º ESO, 3º ESO e 4º ESO presenta a exposición de cartaces “Mulleres da Música” que podedes visitas na Aula de Música do noso centro dende o día 28 de novembro ata o 22 de decembro.

O alumnado, individualmente ou en parellas, elixe unha muller relacionada coa música e realiza un cartel no que se expoñen brevemente algúns datos biográficos e da súa traxectoria profesional, así como a súa contribución na loita contra os prexuízos de xénero, a violencia contra a muller, etc.

Deste xeito celebramos a conmemoración do 25 de novembro. Día Internacional para a Erradicación da Violencia contra a Muller.

SENSIBILIZACIÓN EN MATERIA DE VIOLENCIA MACHISTA

No marco do 25 de Novembro proponse a realización de talleres de sensibilización: O alumnado afronta e identifica as diferentes formas de violencia machista que é máis susceptible de padecer e reproducir sen ser consciente da súa gravidade. Na sociedade persisten ideas cargadas de sexismo que xustifican a violencia.É necesario que o noso alumnado aprenda a identificar as violencias machistas encubertas, máis aló das que están visibles. Recoñecer actos de violencia machista individual e grupal evita que se desenvolvan na nosa contorna e axuda a manter unha sociedade libre de estereotipos e centrada na igualdade de todas as persoas.

 

CHARLA DE SEGURIDADE INFORMÁTICA

O día 14 e 17 de xaneiro o alumnado de 2º Bac da materia de  TICs fixo unha charla sobre “SEGURIDADE INFORMÁTICA” dirixida ao alumnado de 1º, 2º, e 3º de ESO.

A charla constaba de 2 partes, na primeira un grupo expoñía ao alumnado os resultados das enquisas que pasaron o alumnado de cada nivel e na segunda parte outros grupos fixeron unha presentación basada principalmente nos perigros que presentan as redes sociais e nos consellos que poden seguir para facer un uso seguro delas.

Ademáis outros grupos elaboraron dipticos cos perigos e consellos para navegar seguros, que se entregaron a cada alumn@ participante o final das charlas.

O obxectivo da devandita charla é concienciar o alumnado sobre os perigros das  redes sociais e darlles ferramentas para evitar problemas e si xurde algún  que sepan o que deben facer.

 

PROGRAMA MOTÍVA-T

O alumnado de 4º de ESO e de 1º de CS de laboratorio de análisis e control de calidade  realizaron unha visita ao polígono industrial de Penapurreira e ao  viveiro de empresas de SEARA. Tamén se desprazaron ata Somozas para coñecer o funcionamento da empresa HUSO Renovables. Esta visita foi organizada polo concello de As Pontes dentro do seu programa MOTÍVA-T co que pretenden dar a coñecer aos rapaces e rapazas as saídas profesionais que ofrece a contorna. 

 

PREMIADOS NO CONCURSO DE CARTACES DO 25N

O 1 de decembro achegáronse ao centro a concelleira de igualdade, educación e xuventude e a directora do CIM do concello para facer entrega dos agasallos aos finalistas do concurso de cartaces do 25 N: Estrella del Carmen Pardo Baamonde e David Otero Souto de 2º de ESO. Tamén se entregaron libros e xogos para a biblioteca do centro.

CONCERTO DIDÁCTICO: N+1 e GRUPO ALICERCE

 

 

O pasado xoves 24 de novembro o alumnado de 2º ESO asistiu ao concerto ofrecido polo cuarteto de corda Alicerce coa actuación conxunta do clown galego N+1.

Conducido pola acción que desenvolve o humorista por medio da mímica, o alumnado puido realizar un percorrido a través dos cuartetos de corda de W. A. Mozart, 45 minutos de música de primeira calidade sen interrupción. Tan só música, expresión corporal e iluminación para un espectáculo no que o humor aporta frescura e expresividade.

Sen lugar a dúbidas unha magnífica oportunidade para achegar a música clásica aos oídos de tod@s @s asistentes.

Os nosos agradecementos á Concellería de Cultura do Concello das Pontes pola organización do evento.

 

ACTOS CONMEMORATIVOS 25N

 

Un ano mais o IES Moncho Valcarce solidarízase coas vítimas da violencia de xénero. Ao longo do día realizáronse diversas actividades para mostrar a repulsa de toda a comunidade educativa contra dita lacra social. Seguiremos aportando o noso grao de area para combater calquera tipo de violencia. 

25N. BIBLIOTECA 2022-23

 

 

Desde a biblioteca escolar do IES Moncho Valcarce queremos conmemorar a celebración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller invitándovos a visionar a exposición “Trazando a Igualdade” que recolle os traballos ilustrativos diseñados polo noso alumnado de educación secundaria. Os debuxos e viñetas pretenden sensibilizar a toda a comunidade educativa sobre a violencia machista e apelar ó rechazo de calquer tipo de violencia contra as mulleres.

 

Distribuir contido