EXPOSICIÓN "CARTAS DE AMOR"
Cartas de Amor é unha mostra do cómic galego sobre violencia de xénero, con 15 debuxos de artistas de fama.
A exposición quere sensibilizar á poboación máis nova sobre a existencia de violencia na forma que temos de relacionarnos entre parellas, axudar a detectala e polo tanto a eliminala. Pretende establecer un paralelismo entre o mundo romántico das primeiras relacións de parella e a crueldade que, ás veces, se ve asociada a ela.
PLAN DIRECTOR 2022-2023
Un ano máis, o corpo da Garda civil está a impartir as charlas do Plan director de convivencia. Este ano as conferencias tratan temas de actualidade como o acoso escolar, a violencia de xénero, as drogas e o alcol. Ditas conferencias, levaranse a cabo durante o mes de novembro e decembro e están dirixidas a toda a comunidade educativa.
CONTACONTOS EN FRANCÉS
Samuel, contacontos de orixe camerunés presenta unha actividade dirixida ao alumnado de francés de 1º e 2º de ESO.
Trátase de tres relatos curtos nos que o contacontos fai intervir a varios alumnos e amósalles dun xeito sinxelo unha aprendizaxe ou consello en cada conto. A actividade desenvólvese cun certo aspecto lúdico que fai que resulte moi divertida para o alumno.
Entendemos que se trata dunha actividade moi positiva para os estudantes da primeira etapa de ensino secundario xa que fomenta a participación en público do alumnado e pretende despertar o interese pola lingua francesa dende unha perspectiva lúdica e de inmersión na práctica da comprensión e expresión oral.
ENQUISAS SEGURIDADE INFORMÁTICA 23-24
O alumnado de TIC II está a facer unha enquisa ao alumnado do centro sobre o tema da Seguridade Informática. Pincha nos seguintes enlaces según corresponda:
Gracias pola vosa colaboración.
A continuación tedes unha guia de "LO QUE NECESITAS SABER EN INTERNET"
CONCURSO DE MICRO-RELATOS DE SAMAÍN
Con motivo da celebración do Samaín, o venres 28 de outubro, o club de lectura “As verbas da ciencia” propón a seguinte actividade: “Concurso de contos de terror”.
Durante a xornada sinalada, os alumnos e alumnas que xeralmente visitan a biblioteca tiveron a oportunidade de escribir un relato de terror en dúas frases. Para isto, contaron con un repertorio de textos que puideron usar como modelo. A actividade prolongouse toda a semana seguinte, coa intención de permitir aos alumnos e alumnas entregar novos textos para concursar. Entre os participantes, escollerase un gañador ou gañadora, que recibirá como premio un libro de terror acorde coa súa idade.
O obxectivo desta actividade é permitir ao alumnado un contacto directo coa literatura de terror, a través da propia escritura deste tipo de textos e fomentar a concisión grazas á elaboración de textos completos nun para de liñas.
EDUCACIÓN EMOCIONAL: RESOLUCIÓN DE CONFLITOS
O programa de educación emocional que se desenvolve na ESO é unha ferramenta que nos axuda a potenciar a competencia social do noso alumnado. Este curso centrámonos na resolución pacífica dos conflitos. A convivencia é un dos factores que garante unha educación de calidade e implica formación para comprender o punto de vista do outro e necesitamos aprender as estratexias interpersoais que permitan expresar e aceptar sentimentos, actitudes, desexos, opinións e dereitos dun xeito democrático. Para conseguilo, precisamos aprender a resolver os nosos conflitos interpersoais.
CONCERTO DIDÁCTICO
O pasado mércores 26 de outubro o alumnado de 4º ESO de Música tivo o honor de asistir ao concerto didáctico sobre o baixo eléctrico realizado polo baixista e profesor de francés deste centro Alfonso Fraga Pérez.Durante o concerto o alumnado puido coñecer as características de construción deste instrumento, os distintos modelos existentes, así como as técnicas de interpretación que o-a instrumentista ten á súa disposición, en función do estilo, do efecto que queira lograr e do seu gusto persoal.Foi unha gran oportunidade poder escoitar en directo a un músico da categoría de Alfonso Fraga, a quen agradecemos a oportunidade que nos brindou.
VISITA Á FINCA GALEA
O alumnado de 3º de ESO realizou unha visita a Alfoz para descubrir e valorar un entorno natural relacionado coa utilidade da auga. Tamén visitou a Torre medieval do Mariscal Pardo de Cela.
A natureza é fonte de vida e de esparcimento. O alumnado atopou un parque cheo de descubrimentos arredor da auga: estanques, fontes, bancos, un bosque de troncos hocos con cadansúa historia e os inventos hidráulicos á carón do río Ouro que atravesa a propiedade: un batán, un muíño,etc. Seguidamente achegáronse á torre do nobre Pardo de Cela cuxa oposición aos Reis Católicos lle custou a vida.
SAMAÍN 2022
Un ano máis dámoslle a benvida á celebración do Samaín. Este ano levamos a cabo a recreación dun cemiterio para asustar ás malas enerxías e para que teñamos un bo ano escolar.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- …
- seguinte ›
- última »