ENTREGA DE PREMIOS DO ENTROIDO CIENTÍFICO

 

O venres, 11 de marzo,  tivo lugar a entrega de premios aos participantes no "Entroido científico". Parabéns a todas/os os participantes e gañadores!!!

EXPOSICIÓN REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS SOBRE VIOLENCIA DE XÉNERO

 

Por iniciativa do Concello de As Pontes, a Biblioteca Municipal “Enrique Rivera Rouco e o centro de Información á Muller do noso concello poñemos a vosa disposición unha exposición que recolle referencias bibliográficas de promoción, sensibilización e fomento da igualdade de xénero. A meirande parte dos libros referenciados pódense consultar nas dependencias da nosa biblioteca escolar.

Consulta o seguinte enlace: Biblioteca

 

CONMEMORACIÓN DO 8M

 

Un ano mais, o IES Moncho Valcarce conmemora o 8 de marzo, Día Internacional da muller. Fomentar a igualdade, o respecto e rexeitar calquera tipo de discriminación son as bases sobre as que se asenta o sistema educativo e o futuro das novas xeracións.

 

REPRESENTACIÓN TEATRAL NO ALOVI

 

O alumando de 2º da ESO asistiu o venres 4 de marzo, no cine Alovi,  á representación da obra “As que limpan” representada polo grupo A Panadaría. Nesta obra ponse de manifesto a delicada situación laboral na que se atopan as mulleres que traballan neste sector.

 

VIOLENCIA DE XÉNERO NO MUNDO DIXITAL

 

 

Esta  charla foi impartida pola asociación “pantallas amigas” a través da Secretaría Xeral de Igualdade. Presentouse ao alumnado de 2º de ESO unha descripción das novas formas de violencia que xorden no contexto dixital: ciberviolencia de xénero, grooming, sextorsión. As rapazas e rapaces debatiron sobre o uso que fan das redes sociais e os seus perigos.

Os adolescentes empregan as redes sociais pero non son conscientes dos perigos que implican. É necesario que desde o centro educativo se lles axude a valorar os aspectos negativos do uso indiscriminado das novas tecnoloxías.

ENTROIDO CIENTÍFICO

 

"Alumnado de 1º e 2º da ESO, interesad@s na partipación da actividade do Entroido científico do IES Moncho Valcarce e organizada polo Club de ciencias , estiveron a semana previa ao entroido preparando os seus disfraces e facendo sesións de fotos para que toda a comunidade poida coñecer ou recordar algunhas das científicas e científicos relevantes" 

A actividade resultou enriquecedora dende un punto de vista didáctico xa que se traballaron todas as competencias básicas co alumnado participante . Tamén contén moitos elementos transversais como a igualdade , a valoración da cultura e a ciencia, emprendimento persoal etc...

 

DÍA DE ROSALÍA

 

Hoxe, 23 de febreiro, Rosalía de Castro está de aniversario. O alumnado de 1º e 2º de ESO fixo unha interpretación ilustrada dos poemas máis representativos da autora. 

 

OBRADOIRO "22 SEGUNDOS"

 

A autora Eva Mejuto achegouse ao noso centro para falar e debater sobre 22 segundos, a novela que leron as alumnas e alumnos de 2º de ESO este trimestre e que aborda o tema da transexualidade a través dos ollos do seu protagonista, Álex.

O alumnado de 2ºESO descubriu da man da autora as cuestións máis relevantes desta novela xuvenil e os seus sentimentos á hora de escribila. Tamén precisan descubrir novas realidades  que lles permitan relacionarse de xeito pacífico cos iguais. Pretendemos que acaden as competencias que garantan un clima social afectivo e baseado na aceptación mutua e no respecto polas diferenzas.

 

CHARLA: VIOLENCIA DE XÉNERO NA PUBLICIDADE

 

A charla foi impartida por Gela G. Sánchez-Albornoz, consultora de xénero e políticas de igualdade e amosa a visión estereotipada que a publicidade e os medios de comunicación nos transmite sobre os roles dos homes e das mulleres: a cosificación de ambos xéneros, as cualidades que se esperan de ambos, os estereotipos na música adolescente e a victimización excesiva da muller nas noticias.

Na contorna persisten ideas cargadas de sexismo e que xustifican a violencia. Uns dos medios polo que se transmite é a publicidade. Porén é necesario intervir coa poboación máis nova para previr a violencia de xénero e a escola é o medio ideal para acceder a esa poboación xuvenil e poder introducir valores igualitarios e libres de estereotipos sexistas, así como para facilitarlles pautas para a detección precoz desas situación de violencia de xénero.

 

CHARLA: VIOLENCIA DE XÉNERO NAS RELACIÓNS DE PARELLA

 

A Terapeuta Ocupacional do Centro de Recuperación Integral para mulleres que sofren violencia de xénero (CRI),  impartiu  a charla: "Violencia de xénero nas relacións de parella na mocidade" dirixida ao alumnado de 4º de ESO. A través das reflexións das rapazas e rapaces afondaron en conceptos como: que non é amor? O amor platónico, as relacións tóxicas e outros conceptos que permitiron ao alumnado descubrir como se constrúen as relacións sans e positivas entre as persoas.

O alumnado precisa coñecer a realidade social na que vive e traballar  a autoestima, a autonomía, o coñecemento da construción social das súas identidades sexuais e a asignación de roles, o que lle permitirá recoñecer e eliminar  os estereotipos sexistas e as  falsas crenzas que envolven ás relacións de parella.

Distribuir contido