SAÍDA DO ALUMNADO DO CLUB DE LECTURA

 

"Outros bocadillos para os teu recreo", este é o nome do Club de lectura deste curso 2017/2018 que xa está a finalizar a súa andaina anual. Esta é a razón pola que visitamos unha librería especializada en cómics "Metrópolis cómics" en A Coruña. O dono da tenda, Manuel Rodríguez, preparou un obradoiro de creación de personaxes e outro de elaboración de guións para o alumnado visitante.

O resultado publicarase na revista "El Buk de Monchín", así como tamén a entrevista que @s nos@s ávid@s lectores de cómic fixeron a Manuel, a quen agrdecemos a súa amabilidade e a súa atención.

 

TEATRO "LEONARDO E OS FONTANEIROS"

 

O pasado 16 de maio o alumnado de 2º da ESO asistiu a unha representación teatral baseada na obra "Leonardo e os fontaneiros", de Mª Victoria Moreno, autora homenaxeada no Día das Letras Galegas.

A obra resultou entretida e ben adaptada ao contido da novela. Gustoulles moito.

CHARLA DE XURXO MARIÑO

 

O mércores 16 de maio do 2018 o alumnado de primeiro de bacharelato asistiu a unha conferencia do neurocientífico e divulgador  Xurxo Mariño . Unha charla na que explicou  como funciona a nosa mente, resultado da actividade de miles de millóns de neuronas que temos no encéfalo titulada“ Unha viaxe a máquina da mente”  onde o alumnado realizou  unha viaxe dende a máis remota galaxia ata a súa mente.

Xurxo Mariño é Doutor en Ciencias Biolóxicas e profesor de USC. Publicou varios libros: “ Os dados do reloxeiro. Ciencia amena para mentes inquietas”, “ Pó de estrelas” , “ Neurociencia para Julia” e “ Terra”. Desenvolve diferentes actividades de divulgación como os “ Discurshows”, “cafés-teatro científicos”...

 

CHARLA DE VOLUNTARIOS DA PRISIÓN DE TEIXEIRO

 

O pasado luns 7 de maio, o alumnado de 1º de BAC  tivo unha sesión na que compartiron as súas esperiencias Juan e Antonio, voluntarios no cárcere de Teixeiro, impartindo clases de informática a reclusos. Agardamos que o seu relato permita sensibilizar, responsabilizar e reforzar o sentido crítico da nosa rapazada frente a modelos de ocio e consumo que son destructivos para as súas vidas.

 

FESTIVAL DA FRANCOFONÍA (VILANOVA DE AROUSA)

 

                                  

 

                                  

 

PROGRAMACIÓN DO FESTIVAL

SAÍDA: Luns, 7 de maio de 2018

HORA: 15.30H  (Diante do instituto)

REGRESO: Martes, 8 de maio de 2018

HORA APROXIMADA:19.30h.

 

PRÓXIMAS ACTIVIDADES DA COOPERATIVA 3SONRISAS

 

O vindeiro 13 de maio realizarase a 2ª actividade da nosa cooperativa, un concurso de Tute na AA.VV As Campeiras ás 4.30h. Preme na imaxe para ver o cartel anunciador.

 

Como última actuación da cooperativa teremos un baile de primavera do que informaremos en xuño.

 

 

VIAXE A MADRID E A SERRA DE GREDOS

 

Organizan os Departamentos de Bioloxía e de Debuxo.

Profesorado acompañante: Juani Pardo e Alicia Puchades.

Alumnado de 1º de BAC (31 asistentes)

Duración : do 27 ao 30 de abril de 2018

Saída: 27 de abril ás 2 :00h da madrugada da Estación de Autobuses

 Regreso: 30 de abril ás 19:00 ou 20:00 h. (Aproximadamente)

Programación da viaxe.

CHARLA CON HÉCTOR CAJARAVILLE

 

O venres , 20 de abril, visitou o noso centro o escritor "Héctor Cajaraville" para falarnos da súa obra "A caixiña dos rancores" que estaba de lectura obrigatoria en 1º BAC.

Resultou unha charla moi amena e interesante, a obra é breve e lese moi rápido, o alumnado asistente quedou moi compracido.

QUINCENA DA FROITA

 

Dende o 16 ao 27 de abril teremos froita nos recreos.

 

SUPRIME O CONTROL: CHARLA DE VIOLENCIA DE XÉNERO

 AVISO IMPORTANTE PARA AS FAMILIAS DO ALUMNADO DE 3º E 4º ESO!!!!

CHARLA-ENCONTRO COAS FAMILIAS DO ALUMNADO DE 3º E 4º ESO

23-4-2018       18:30h.    SALÓN DE ACTOS DO INSTITUTO

 

Distribuir contido