Skip to Content

CURSO 2021/2022

GRADUACIÓN DA PROMOCIÓN 2016-2022 DE 2º DE BACHARELATO.

ACTO DE CELEBRACIÓN DA GRADUACIÓN

DA PROMOCIÓN 2016-2022 DE 2º DE

BACHARELATO DO IES MONTE DAS MOAS.

 

 

O acto de celebración da Graduación da Promoción 2016-2022 do IES Monte das Moas tivo lugar o venres 20 de maio, ás 17:00 no Salón de Actos do noso Instituto, coa presenza do alumnado de 2º de Bacharelato da devandita promoción 2016-2022, as familias deste alumnado, o profesorado do alumnado de 2º de Bacharelato e outros profesores do noso centro.

O programa do acto foi o seguinte:

 

·        

PEZA MUSICAL INICIAL (“GAUDEAMUS IGITUR”*) CORRESPONDENTE COA ENTRADA DO ALUMNADO (por parellas).

·        

DISCURSO DO DIRECTOR (Mariano Rodríguez Berja).

·        

PEZA MUSICAL (“CITY OF STARS”*).

·        

DISCURSO DA REPRESENTANTE DO  PROFESORADO (Noemí Puga Vidal).

·        

DISCURSO ESPONTÁNEO DE DOUS PROFESORES ANÓNIMOS***  CON “MÁXICA”* PEZA MUSICAL DE ACOMPAÑAMENTO.

·        

DISCURSO DA REPRESENTANTE DE 2ºA (Sara Sanz Fonta).

·        

PEZA MUSICAL (“MI GRAN NOCHE”*).

·        

DISCURSO DAS REPRESENTANTES DE 2°B (Icía Díaz Kirk e Sara García Álvarez).

·        

PEZA MUSICAL “UNA NUBE” COMPOSTA E INTERPRETADA PARA A CERIMONIA POR Icía Díaz Kirk.

·        

VIDEO CONMEMORATIVO DO ALUMNADO DA PROMOCIÓN 2016-2022.

·        

ENTREGA DE ORLAS E IMPOSICIÓN DE BANDAS AO ALUMNADO POR PARTE DA TITORA DE 2ºA (Vega Arcos Martínez) E O TITOR DE 2ºB (Mariano Rodríguez Berja).

·        

PEZA MUSICAL (“MAMMA MIA”*).

·        

ACTUACIÓN DO GRUPO INVITADO: IRENE CERQUEIRO e OLALLA FERGA (“LOVE YOURSELF” de Justin Bieber e “GRENADE” de Bruno Mars).

·        

ÁGAPE NO PATIO DO INSTITUTO.

*PEZAS MUSICAIS INTERPRETADAS POLA BANDA DO INSTITUTO “DIJO CUATRO” COORDINADA E DIRIXIDA POR Juan Dios Cañada.

**PRESENTADORAS DO ACTO DE GRADUACIÓN: Eva Peña Porto (2º A) e Uxía Mosconi Lew (2ºB).

*** OS DOUS PROFESORES ANÓNIMOS FORON: Rafael Alonso Pica e Alberto Fachado Estévez.

 

O enlace para acceder ao video coas fotografías da orla e outras da Promoción 2016-2022 é o seguinte:

https://drive.google.com/file/d/1N6bU_cpFzp1cPkTs0RjGsoKJD4ixJcYG/view?usp=sharing

A continuación tedes unha escolma de fotografías do acto:

 

 

 

 

 

 

 

RUTA DE SENDEIRISMO PARA O ALUMNADO DE 3º DE ESO: BETANZOS-CANEIROS-CHELO (IDA E VOLTA).

RUTA DE SENDEIRISMO PARA O ALUMNADO DE

3º DE ESO: BETANZOS-CANEIROS-CHELO (IDA E

VOLTA).

O mércores 11 de maio de 2022 realizouse por parte do alumnado de 3º de ESO, a ruta de sendeirismo Betanzos-Caneiros-Chelo (ida e volta).

A saída foi organizada polo Departamento de Educación Física coa coordinación dos profesores Luis Martínez Lago e Marta Bellón Santiago.

 

RUTA DE SENDEIRISMO PARA O ALUMNADO DE 1º DE BACHARELATO: PILA DA LEÑA-MIRADOR DA CARBOEIRA-MOSTEIRO DE MONFERO.

RUTA DE SENDEIRISMO PARA O ALUMNADO DE 1º DE BACHARELATO: PILA DA LEÑA-MIRADOR DA CARBOEIRA-MOSTEIRO DE MONFERO.

 

 

O venres 6 de maio de 2022 realizouse por parte do alumnado de 1º de Bacharelato, a ruta de sendeirismo Pila da Leña-Mirador da Carboeira, na zona de Monfero, onde tamén visitaron o propio Mosteiro de Monfero

A saída foi organizada polo Departamento de Educación Física coa coordinación dos profesores Luis Martínez Lago e Marta Bellón Santiago.

 

EXPOSICIÓN DE TRABALLOS SOBRE A MÚSICA ACTUAL EN GALEGO DE ALUMNADO DE 2º ESO B e D.

EXPOSICIÓN DE TRABALLOS SOBRE A MÚSICA  ACTUAL EN GALEGO DE ALUMNADO DE 2º ESO B e D.

Ao longo do mes de maio, vencellada á celebración das Letras galegas, tivo lugar no Espazo Expositivo do centro unha exposición de traballos do alumnado de 2º de ESO B e D, coordinada pola profesora de Lingua Galega e Literatura, Mar Hermida Pico.

 

 

EXPOSICIÓN SOBRE FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN NA CONMEMORACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 17 DE MAIO DE 2022.

EXPOSICIÓN SOBRE FLORENCIO DELGADO

GURRIARÁN NA CONMEMORACIÓN DO DÍA

DAS LETRAS GALEGAS, 17 DE MAIO DE

2022.

 

No Espazo Expositivo do Instituto tivo lugar, ao longo do mes de maio de 2022, a Exposición sobre a figura, homenaxeada nas Letras Galegas do ano 2022, de Florencio Delgado Gurriarán, cunha serie de paneis informativos sobre este escritor, representante do exilio galego en América. A exposición foi organizada polo Equipo da Biblioteca, polo EDLG e polo Departamento de Lingua e Literatura Galega.

CHARLA-CONFERENCIA DE AMNISTÍA INTERNACIONAL PARA ALUMNADO DE 4º DE ESO.

CHARLA-CONFERENCIA DE AMNISTÍA INTERNACIONAL PARA

ALUMNADO DE 4º DE ESO.

 

Organizada polo Departamento de Filosofía do IES Monte das Moas, e coordinada polo profesor José Luis Rodríguez Alcalá, tivo lugar no Salón de Actos do noso Instituto, o día 11 de maio, para o alumnado de 4º de ESO, unha Charla-Conferencia titulada "Contexto sobre a situación dos Dereitos Humanos en Guatemala e Centroamérica, incidindo na situación das mulleres", na que os conferenciantes foron os activistas de dereitos humanos, Lucía Ixchíu e Carlos Ernesto Cano.

 

VISITA A SANTIAGO DE COMPOSTELA DO ALUMNADO DE RELIXIÓN CATÓLICA DE 4º DE ESO.

VISITA A SANTIAGO DE COMPOSTELA DO ALUMNADO DE RELIXIÓN CATÓLICA DE 4º DE ESO.

Organizada polo Departamento de Relixión Católica, e coordinada pola profesora María José Pérez Álvarez, tivo lugar o 5 de maio de 2022 unha saída á cidade de Compostela, visitando a catedral, incluídas as cubertas da sé compostelá, o museo catedralicio e o casco vello de Santiago, do alumnado de Relixión Católica de 4º de ESO. 

 

 

 

 

 

ASISTENCIA DE TELÓN DE AQUILES AO CAMPUS DOS PREMIOS BUERO VALLEJO.

ASISTENCIA DE TELÓN DE AQUILES AO CAMPUS DOS PREMIOS BUERO VALLEJO.

 

 

Un ano máis, Telón de Aquiles, gupo de teatro do IES Monte das Moas, asistiu ao Campus dos PREMIOS BUERO VALLEJO, o pasado sábado 12 de marzo. Grazas a estes talleres organizados pola Fundación Coca Cola, os membros do noso grupo puideron aprender directamente de profesionais do teatro (técnicos, pofesores de arte dramática, directores, actores e actrices). Ademais, puideron contactar con outros rapaces e rapazas de diversos grupos de teatro escolar e afeccionado da provincia. Unha xornada intensa e, como sempre, inesquecible!

RECITAL POÉTICO DE SARA SANZ FONTA, ALUMNA DE 2º DE BACHARELATO A.

RECITAL POÉTICO DE SARA SANZ FONTA, ALUMNA DE 2º DE BACHARELATO A.

 

 

O martes 3 de maio de 2022 tivo lugar no Salón de actos do IES Monte das Moas un recital poético levado a cabo pola alumna de 2º de Bacharelato A, Sara Sanz Fonta. Os encargados de organizar este recital foron o equipo da Biblioteca, o EDLG, e o Departamento de Lingua e Literatura Galega, coordinados pola profesora Ana Isabel Martínez Fernández. 

Sara Sanz é unha nova poeta que forma parte da antoloxía de poetas novos que editou a Aira das Letras baixo o título de "21 poetas do século XXI".

Ao recital asistiu o alumnado de 1º de Bacharelato B e C, e de 2º de Bacharelato A.

Previamente ao recital o alumnado da materia optativa de 2º de Bacharelato, "Literatura Galega do século XX" presentou e entrevistou para o público a Sara, quen despois pasou a recitar algúns dos seus poemas. No acto tamén se visionou un videopoema da autoría de Sara, realizado como tarefa para a materia de Lingua e Literatura Galega.

 

RUTA DE SENDEIRISMO PARA 4º DE ESO POLA SENDA DOS ENCOMENDEIROS.

RUTA DE SENDEIRISMO PARA O ALUMNADO DE 4º DE ESO: SENDA DOS ENCOMENDEIROS (PEIZÁS-CAAVEIRO-CENTRO DE INTERPRETACIÓN DAS FRAGAS DO EUME).  

O martes 3 de maio de 2022 realizouse por parte do alumnado de 4º de ESO, a ruta de sendeirismo pola Senda dos Encomendeiros, Peizás-Caaveiro-Centro de interpretación das Fragas do Eume. 

A saída foi organizada polo Departamento de Educación Física coa coordinación dos profesores Luis Martínez Lago e Marta Bellón Santiago.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut