Skip to Content

CURSO 2021/2022

EXPOSICIÓN DOS RELATOS DO CONCURSO DE MICRORRELATOS "SENTIMIENTOS QUE MUEVEN EL MUNDO" ORGANIZADO POLO EQUIPO DA BIBLIOTECA DO IES MONTE DAS MOAS.

EXPOSICIÓN, NO ESPAZO EXPOSITIVO DO CENTRO, DOS RELATOS DO CONCURSO DE MICRORRELATOS "SENTIMIENTOS QUE MUEVEN EL MUNDO" ORGANIZADO POLO EQUIPO DA BIBLIOTECA  DO IES MONTE DAS MOAS DURANTE OS MESES DE ABRIL E MAIO DE 2022.

 

Os relatos gañadores nas diferentes categorías foron os seguintes:

BACHARELATO: "Mona Lisa" polo relato titulado "Margaritas" de Aldara Pérez Cifuentes de 1º de Bacharelato A.

2º CICLO DE ESO: "Venus" polo relato titulado "Lavanda y Tulipanes" de Sara Martínez Vieites de 4º de ESO A.

1º CICLO DE ESO: "Tarta de fresa" polo relato titulado "El accidente" de Mencía Pérez Cifuentes de 2º de ESO D.

 

PARABÉNS ÁS AUTORAS DESTES MAGNÍFICOS RELATOS!!!! MOITO ÁNIMO A ELAS E A TODOS OS/AS PARTICIPANTES, E A SEGUIR ESCRIBINDO (MICRO OU MACRORRELATOS) !!!!!!

ESTES SON OS TRES RELATOS GAÑADORES DO CONCURSO:

"Mona Lisa" polo relato titulado "Margaritas" de Aldara Pérez Cifuentes de 1º de Bacharelato A.

 

"Venus" polo relato titulado "Lavanda y Tulipanes" de Sara Martínez Vieites de 4º de ESO A.

 

"Tarta de fresa" polo relato titulado "El accidente" de Mencía Pérez Cifuentes de 2º de ESO D.

Charla da bióloga e investigadora Tamara Hermida do INBIC- CICA (A Coruña) sobre enxeñería celular e xenética para o alumnado de Cultura Científica de 1º de Bacharelato.

Charla da bióloga e investigadora Tamara Hermida do INBIC- CICA (A Coruña) sobre enxeñería celular e xenética para o alumnado de Cultura Científica de 1º de Bacharelato.

O pasado martes 26 de abril, a bióloga e investigadora científica do CICA e do INIBIC da Coruña Tamara Hermida, impartiu no Salón de Actos do IES Monte das Moas unha charla ao alumnado de Cultura Científica de 1º Bacharelato, organizada polo Departamento de Física e Química.

O tema que tratou foi a clonación e as células nai, así como a importancia da investigación nas mesmas para o tratamento de enfermidades. 

Nestes momentos, os/ as alumnos/ as desta materia están a traballar en clase contidos sobre Revolución Xenética e Biotecnoloxía cos seus profesores Eva Fernández Quintás e José Carlos Areán Buján, polo que esta charla ademais de ser útil resultou moi motivadora para eles/ as. 

 

Tamara, mediante esta divulgación científica realizada no instituto, tamén incidiu na importancia da investigación científica en Galicia e en España, en concreto no campo da investigación biomédica; e resaltou que son moitas as científicas que se dedican a esta gran labor en beneficio da sociedade.

 

ACTIVIDADE “Construíndo Moléculas e Compostos Químicos, o Laboratorio na aula de Química”

ACTIVIDADE “Construíndo Moléculas e

Compostos Químicos, o Laboratorio na aula

de Química”.

 

A actividade "Construíndo Moléculas e Compostos" consiste na formación de moléculas e compostos mediante o agrupamento de átomos de diferentes elementos químicos. Estes átomos represéntanse de forma esférica mediante a plastilina, e os escarvadentes, que unen devanditos átomos, representan as ligazóns químicas entre os átomos dos elementos. Os/ as alumnos/ as aprenderon que non se poden formar enlaces/ unións entre átomos de calquera forma, e que cada elemento químico posúe unha capacidade de combinación diferente con outros átomos doutros elementos químicos.

 

Con esta actividade introducimos o concepto abstracto de molécula en Química, xa que a materia viva (en concreto o ser humano) está formada de moléculas como a auga ou de macromoléculas como o ADN que se atopa no núcleo das nosas células eucariotas. Tamén o osíxeno que respiramos (diosíxeno) constitúe unha substancia molecular simple.

 

Esta práctica de laboratorio foi realizada nas aulas do IES Monte das Moas, cumprindo as normas sanitarias do protocolo covid-19, por todo o alumnado de 3º E.S.O. (grupos A, B, C e D) na materia de Física e Química, acompañados/as polo seu profesor José Carlos Areán Buján.

 

EXPOSICIÓN NA ENTRADA DO INSTITUTO DE TRABALLOS DO ALUMNADO DE VOLUME DE 1º DE ESO.

EXPOSICIÓN NA ENTRADA DO INSTITUTO DE TRABALLOS DO

ALUMNADO DE VOLUME DE 1º DE ESO.


Os alumnos e alumnas da materia de Volume de 1º de ESO, coordinados polo profesor Santiago Collazo Trigo, expuseron ao longo da terceira avaliación, no teito da entrada principal do IES Monte das Moas, uns fermosos traballos en forma de dinámicas anduriñas. 

 

EXPOSICIÓN, NO ESPAZO EXPOSITIVO DO CENTRO, DE TRABALLOS DIVERSOS DA SEGUNDA AVALIACIÓN DE ALUMNADO DE 1º/2º/3º DE ESO DE LINGUA E LITERATURA GALEGA E INGLÉS.

EXPOSICIÓN, NO ESPAZO EXPOSITIVO DO CENTRO, DE TRABALLOS DIVERSOS (LECTURAS E OUTROS) DA SEGUNDA AVALIACIÓN DE ALUMNADO DE 1º/2º/3º DE ESO DE LINGUA E LITERATURA GALEGA E INGLÉS.

 

Coordinada a mostra pola pofesora do Departamento de Lingua e Literatura Galega, Xulia Martínez Pedreira, amosáronse, no Espazo Expositivo do IES Monte das Moas, diferentes traballos realizados no segundo trimestre do curso (baseados nas lecturas da avaliación e noutras actividades) de alumnado de grupos dos tres primeiros cursos de Secundaria das materias de Lingua e Literatura Galega e Inglés.

 

Exposición de traballos do terceiro trimestre, de alumnado de 2º ESO, sobre "Mecanismos e poleas" no Taller de Tecnoloxía.

Exposición de traballos do terceiro trimestre, de alumnado de 2º ESO, sobre "Mecanismos e poleas" no Taller de Tecnoloxía.

 

Coordinados polo profesor da materia, José Carlos Areán Buján, estiveron expostos na Aula Taller da materia de Tecnoloxía os traballos sobre mecanismos e poleas realizados, na terceira avaliación, polo alumnado dos grupos de 2º ESO C e D.

 

Exposición de traballos do segundo trimestre, de alumnado de 2º ESO, sobre "Estruturas triangulares" no Taller de Tecnoloxía.

Exposición de traballos do segundo trimestre, de alumnado de 2º ESO, sobre "Estruturas triangulares" no Taller de Tecnoloxía.

 

Coordinados polo profesor da materia, José Carlos Areán Buján, estiveron expostos na Aula Taller da materia de Tecnoloxía os traballos sobre estruturas triangulares realizados, na segunda avaliación, polo alumnado dos grupos de 2º ESO C e D.

 

CHARLAS DE NEUROCIENCIATE PARA ALUMNADO DE 1º E 2º DE BACHARELATO E 4º DE ESO.

CHARLAS DE NEUROCIENCIATE, ORGANIZADAS POLO DEPARTAMENTO DE FILOSOFÍA, PARA  ALUMNADO DE 1º DE BACHARELATO DE FILOSOFÍA, DE 2º DE BACHARELATO DE PSICOLOXÍA E DE 4º DE ESO DE FILOSOFÍA.

 

Os días 27 e 28 de abril tiveron lugar, coordinadas polos profesores do Departamento de Filosofía, José Luis Rodríguez Alcalá e Fidel Blanco Rodríguez, diversas charlas para alumnado de 1º de Bacharelato de Filosofía, de 2º de Bacharelato de Psicoloxía e de Filosofía de 4º de ESO, do Proxecto Divulgativo NeurocienciaTE, que busca dar visibilidade ás saídas profesionais relacionadas coa investigación en Galicia.

A través de das redes sociais, e de charlas en centros educativos, NeurocienciaTE busca conectar de forma cercana co alumnado de Secundaria e Bacharelato para despertar o interese na investigación en neurociencias e visibilizar as saídas pofesionais neste campo; para interactuar de forma máis directa coas dúbidas e inquedanzas do alumnado; para difundir eventos relacionados coa neurociencia; e para contribuír á redución da fenda de xénero nas carreiras científicas e tecnolóxicas, visibilizando o papel da muller na investigación.

VISITA Á CASA MUSEO DE ROSALÍA DE CASTRO E Á CASA MUSEO DE MANUEL ANTONIO DO ALUMNADO DE 1º DE BACHARELATO E DE 2º DE BACHARELATO DA ASIGNATURA DE LITERATURA GALEGA DO SÉCULO XX.

VISITA Á CASA MUSEO DE ROSALÍA DE

CASTRO, EN PADRÓN, E Á CASA MUSEO DE

MANUEL ANTONIO, EN RIANXO, DO

ALUMNADO DE 1º DE BACHARELATO E DE 2º

DE BACHARELATO DA ASIGNATURA DE

"LITERATURA GALEGA DO SÉCULO XX".

 

Organizada polo Departamento de Lingua e Literatura Galega do IES Monte das Moas, e coordinada pola profesora Ana Isabel Martínez Fernández, desenvolveuse o martes 19 de abril de 2022 a visita do alumnado de 1º de Bacharelato e de 2º de Bacharelato da asignatura de "Literatura Galega do Século XX" ás Casas Museo de Rosalía de Castro e de Manuel Antonio, e ás localidades de Padrón e Rianxo.

 

 

 

SESIÓNS DE PROXECCIÓN E COLOQUIO DA PRODUCIÓN AUDIOVISUAL "AMNESIA" PARA ALUMNADO DE 1º DE BACHARELATO E 4º DE ESO.

SESIÓNS DE PROXECCIÓN E COLOQUIO DA PRODUCIÓN

AUDIOVISUAL "AMNESIA" PARA ALUMNADO DE 1º DE

BACHARELATO E 4º DE ESO COA SÚA CREADORA IRENE PIN.

 

O Departamento de Lingua e Literatura Galega, coordinado pola profesora Mar Hermida Pico,  promoveu a realización  para o alumnado de 4º de ESO e de 1º de Bacharelato, o luns 28 de marzo, no Salón de Actos do centro, de sendas sesións de proxección e coloquio da produción audiovisual “Amnesia” con Irene Pin, a creadora desta produción audiovisual e interactiva.

Distribuir contido


by Dr. Radut