Skip to Content

CURSO 2021/2022

CONMEMORACIÓN DO DÍA DA PAZ, 30 DE XANEIRO

CONMEMORACIÓN DO 30 DE

XANEIRO. "DÍA DA PAZ".

ORGANIZADA POLO EQUIPO DA BIBLIOTECA DO IES MONTE DAS MOAS E COA PARTICIPACIÓN DE DIFERENTES GRUPOS DO ALUMNADO DO INSTITUTO DESENVOLVEUSE, A FINAIS DE XANEIRO E PRINCIPIOS DE FEBREIRO, UNHA EXPOSICIÓN, NO ESPAZO EXPOSITIVO DO CENTRO, CON TRABALLOS NOS QUE O ALUMNADO PARTICIPANTE REFLEXIONABA E AMOSABA OS SEUS SENTIMENTOS E PENSAMENTOS SOBRE A PAZ NAS ALAS DUNHAS POMBAS, SÍMBOLO UNIVERSAL DA PAZ.

 

SAÍDA DIDÁCTICA AO MUNCYT PARA O ALUMNADO DE 2º DE ESO

SAÍDA DIDÁCTICA AO MUNCYT(MUSEO NACIONAL DE CIENCIA E TECNOLOXÍA) PARA O ALUMNADO DE 2º DE ESO ORGANIZADA POLO DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA.

 

O alumnado de 2º de ESO visitou as instalacións do MUNCYT (Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía) os días 13 e 14 de xaneiro nunha actividade organizada polos profesores do Departamento de Tecnoloxía do IES Monte das Moas, Teresa Díaz, Antonio Galán e José Carlos Areán.

 

O alumnado puido disfrutar das explicacións do persoal, das instalacións, xogos e actividades interactivas do museo, e mesmo participar nun concurso durante a súa visita.

 

JAM SESSION CON CLÁSICOS DO NADAL INTERPRETADOS POLO GRUPO DE MÚSICA DO INSTITUTO.

JAM SESSION CON CLÁSICOS DO

NADAL INTERPRETADOS POLO

GRUPO DE MÚSICA DO

INSTITUTO.

O día 21 de decembro tivo lugar ao longo da mañá a actuación do grupo de música do noso centro, coordinado e dirixido polo profesor do Departamento de Música, Juan José Dios Cañada, interprtando temas musicais e panxoliñas propias do tempo de Nadal como antesala das vacacións. Os diferentes grupos do alumnado do Instituto foron asistindo, e participando, en distintas quendas, no Hall do noso cento a dita actuación. Nos interludios desenvolveuse a actuación do grupo coral composto por alumnado de 1º de Bacharelato e dirixido pola profesora do Departamento de Lingua Galega e Literatura, Mar Hermida Pico, que interpretaron cantos de Reis e Nadal, típicos da tradición galega.

 

 

CANTOS DE REIS E NADAL.

CANTOS DE REIS E NADAL.

Os días 20 e 21 de decembro tivo lugar esta actividade coral coordinada pola profesora do Departamento de Lingua Galega e Literatura, Mar Hermida Pico, coa participación de varios alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato. Na actividade recupéraronse e se deron a coñecer diferentes Cantos de Reis e Nadal tradicionais de Galicia en distintos espazos e aulas do noso centro.

 

 

 

EXPOSICIÓN DOS TRABALLOS DO ALUMNADO DE 1º e 2º de ESO SOBRE AS LECTURAS REALIZADAS NA ASIGNATURA DE LINGUA E LITERATURA GALEGA NO 1º TRIMESTRE DO CURSO.

EXPOSICIÓN DOS TRABALLOS DO ALUMNADO DE 1º e 2º de ESO SOBRE AS LECTURAS REALIZADAS NA ASIGNATURA DE LINGUA E LITERATURA GALEGA NO 1º TRIMESTRE DO CURSO.

A exposición con traballos en forma de xogos sobre as lecturas desenvolvidas, que destacaban polo seu coidado deseño e elaboración, realizouse na derradeira semana do Trimestre no Espazo expositivo do centro, e foi coordinada pola profesora do Departamento de Lingua e Literatura Galega Mar Hermida Pico coa colaboración do Equipo da Biblioteca e do propio Departamento de Lingua e Literatura Galega.

 

 

SAÍDA DIDÁCTICA AO MUNCYT PARA O ALUMNADO DE 4º DE ESO A e B.

SAÍDA DIDÁCTICA AO MUNCYT (MUSEO NACIONAL DE CIENCIA E TECNOLOXÍA) PARA O ALUMNADO DE 4º DE ESO A e B ORGANIZADA POLO DEPARTAMENTO DE FÍSICA E QUÍMICA.

 

O alumnado de 4º de ESO A e B visitou as instalacións do MUNCYT (Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía) o día 17 de decembro nunha actividade organizada polas profesores do Departamento de Física e Química do IES Monte das Moas, Hervilia Seco e Eva Fernández.

O alumnado puido disfrutar das explicacións do persoal, das instalacións, xogos e actividades interactivas do museo, e mesmo participar nun concurso durante a súa visita.

 

 

"DON GAIFEROS". TEATRO EN GALEGO NO FORUM PARA O ALUMNADO DE 1º DE ESO.

"DON GAIFEROS". TEATRO EN GALEGO NO FORUM PARA O ALUMNADO DE 1º DE ESO.

O alumnado de 1º de ESO do IES Monte das Moas asistiu o día 17 de decembro, no Forum Metropolitano, á representación teatral "Don Gaiferos" da Compañía Monicreques de Kukas.

 

A actividade ofertada polo Concello da Coruña no seu programa "Coruña educa" foi organizada polo Departamento de Lingua Galega e Literatura, e coordinada pola profesora do mesmo Departamento Matilde Mosquera Lendoiro. Asistiu á representación teatral o alumnado dos cinco gupos de 1º de ESO acompañado polas profesoras Matilde Mosquera Lendoiro, Mar Hermida Pico, Remedios Martínez Vázquez, Xulia Martínez Pedreira e Vanesa Solís Cortizas.

 

SAÍDA DIDÁCTICA AO PAQUE EÓLICO EXPERIMENTAL SOTAVENTO.

SAÍDA DIDÁCTICA AO PAQUE EÓLICO EXPERIMENTAL SOTAVENTO, ORGANIZADA POLO DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA.

O alumnado de 3º de ESO visitou as instalacións do parque eólico experimental Sotavento  en Xermade os días 23 de novembro (3ºA e B) e 30 de novembro (3ºC e D) nunha actividade organizada polos profesores do Departamento de Tecnoloxía do IES Monte das Moas, Teresa Díaz e Antonio Galán.

CONMEMORACIÓN DO 25-N "DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO"

CONMEMORACIÓN DO 25-N. "DÍA

CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO".

ORGANIZADA POLO EQUIPO DA BIBLIOTECA DO IES MONTE DAS MOAS E COA PARTICIPACIÓN DE DIFERENTES GRUPOS DO ALUMNADO DO INSTITUTO DESENVOLVEUSE A FINAIS DE NOVEMBRO E PRINCIPIOS DE DECEMBRO UNHA EXPOSICIÓN NO ESPAZO EXPOSITIVO DO CENTRO CON TRABALLOS NOS QUE O ALUMNADO PARTICIPANTE REFLEXIONABA E AMOSABA OS SEUS SENTIMENTOS, SOBRE OS PÉTALOS DUNHAS FERMOSAS MARGARIDAS, ARREDOR DA TERRIBLE PROBLEMÁTICA DA VIOLENCIA DE XÉNERO.

 

PARA VER EN DETALLE AS IMAXES DAS MARGARIDAS DOS DIFERENTES GRUPOS PREMER NA LIGAZÓN DOS FICHEIROS ADXUNTOS QUE APARECEN A CONTINUACIÓN.

 

SAÍDA AO MUSEO DE BELAS ARTES DE 3º DE ESO Á EXPOSICIÓN "MIRAR, VER, PERCIBIR".

SAÍDA AO MUSEO DE BELAS ARTES DE 3º DE ESO Á EXPOSICIÓN "MIRAR, VER, PERCIBIR".

O alumnado dos diferentes grupos de 3º de ESO do IES Monte das Moas acudíu , entre os días 16 e 19 de novembro de 2021, ao Museo de Belas Artes para asistir á exposición "Mirar, ver, percibir", nunha actividade organizada polo Departamento de Debuxo e Artes Plásticas e coordinada polo profesor de dito departamento, Santiago Collazo Trigo.

Aquí se poden observar algunhas instantáneas que reflicten o interese amosado polo alumnado nesta actividade.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut